"A oposición está en modo electoral". Era a chocante acusación que facía este xoves o presidente da Xunta, Alberto Nüñez Feijóo, para recriminarlle aos grupos políticos que mesturen a súa actividade política coa electoral no Parlamento. Unha curiosa afirmación cando é o propio xefe do Executivo galego o que aproveita as roldas de prensa posteriores ao Consello da Xunta para facer electoralismo.
Desde a constitución do novo executivo de PSOE e Unidas Podemos en Madrid, non hai un día no que o presidente galego non aproveite para criticar e atacar. Un día é a súa "amistade" con Torra, outra o mal que tratan a Galicia polo AVE ou o IVE e a última é que tamén é responsabilidade do goberno da capital do Estado a mala situación da sanidade galega.
E por que, segundo Feijóo?. "Porque deles depende que se aumenten o número de prazas das ofertas públicas de emprego", e, evitar así, as "altas taxas de temporalidade" na sanidade pública galega, ou tamén, que "permitan o aumento do salario dos funcionarios públicos" e, tamén, "que se impulse a formación de máis pediatras nas universidades".
Unhas reclamacións que o presidente galego fai agora con moita insistencia, xusto cando en Galicia está xa aberta a precampaña electoral. E iso, a pesar de que el mesmo recoñece que "hai 5 anos que non se pode sacar unha vacante para frear a contratación temporal no Sergas".
E AS RESPONSABILIDADES DE RAJOY?
Fai cinco anos, e ata fai dous, gobernaba en Madrid o Partido Popular, con Rajoy de presidente, pero, entón, ese problema non era unha prioridade para Feijóo. Algo que este medio lle lembrou na rolda de prensa do Consello da Xunta. "É unha broma que vostede me diga que levamos dous anos de gobernos en funcións", soprendiase o líder dos populares galegos ao apuntarlle este tema despois de que desde a moción de censura de xuño de 2018 se teñan celebrado dúas eleccións xerais consecutivas por falta de acordos en Madrid.
En todo caso, para o xefe do Executivo galego, os graves problemas da sanidade galega xa teñen un responsable, e non están en Santiago, senón en Madrid, e teñen un nome, Pedro Sánchez. Porque Sánchez e Madrid tamén son os responsables de que non se lle subira o soldo aos funcionarios. Algo do que tamén sacou peito Feijóo este xoves. "Como estaba conxelada esa suba, na nómina de febreiro os funcionarios cobrarán xa o 2% que se lle debía da suba anual e o outro 2% conxelado. Cobrarán case un 4,5% máis", dixo.
Un anuncio que semellaba electoral, pero que para a Xunta non o é. "Unha suba que beneficiará a 100.000 persoas en Galicia", dixo orgullo ao tempo que destacaba que os problemas da sanidade pública non son responsabilidades do Sergas. O último, a morte dun paciente en Urxencias do CHUS e que provocaron duras críticas de O'Mega que para Feijóo "son inmerecidas" e "temerarias".
CRÍTICAS
Por outra banda, a deputada no Parlamento do BNG, Montse Prado, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de ser o único responsable de ter nos últimos anos "menos e peor sanidade pública, cun menor orzamento e con menos profesionais".
Así, dixo que nos hospitais galegos hai "800 camas menos" que fai once anos e este "problema a nivel xeral agrávase nas zonas rurais" como na comarca de Ferrolterra, que é "un claro exemplo", para a deputada. "O titular repetido de maneira constante por Núñez Feijóo de que esta sería a lexislatura do rural, pois se quedou só niso, no titular", xa que desde o seu punto de vista "o que vemos é que se van eliminando servizos" o que "impide" que se "fixe poboación" nestes territorios.
Así, dixo que nos hospitais galegos hai "800 camas menos" que fai once anos e este "problema a nivel xeral agrávase nas zonas rurais" como na comarca de Ferrolterra, que é "un claro exemplo", para a deputada. "O titular repetido de maneira constante por Núñez Feijóo de que esta sería a lexislatura do rural, pois se quedou só niso, no titular", xa que desde o seu punto de vista "o que vemos é que se van eliminando servizos" o que "impide" que se "fixe poboación" nestes territorios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario