xoves, 6 de decembro de 2018

O DESFÍO DO SIL

http://desafiosil.es/
En 1945, España vivía unha época de penuria marcada pola autarquía xurdida das formulacións nacionalistas do Réxime de Franco, e do illamento exterior que sufriu España tras a Segunda Guerra Mundial.
Nesta contorna, un grupo de industriais e banqueiros entre os que se atopaban Ignacio Villalonga, o Conde dos Gaitanes, Pedro Barrié da Maza, Juan Antonio Bravo, Emilio Botín, Joaquín Reig, e outros representantes do poder económico da época; constitúen Saltos del Sil. Esta empresa será a encargada da explotación da vacia do río Sil, desde a desembocadura do río Cabrera ata a súa confluencia co Miño.
Durante décadas, as obras nas vacias, do Sil e os seus afluentes, transformarán unha paisaxe e unha sociedade totalmente rurais. Os equipos de traballo comandados por novos enxeñeiros, con apenas experiencia en obras deste tipo, conmocionarán a contorna creando unha nova realidade xeográfica, social e económica.
Zonas agrícolas, e sen apenas vías de comunicación, converteranse en núcleos industriais mentres duran as obras. A riqueza que se crea é fundamental para unha España necesitada de enerxía.
Nesta época, traballar nas obras significaba un soldo fixo, acceso a servizos médicos, e en moitos casos ao economato; uns beneficios que os agricultores, cunha economía de subsistencia, sen soldo fixo;  sen dúbida anhelaban. As  zonas de influencia dos saltos, ven xurdir unha nova clase social “os traballadores do Sil”, ao mesmo tempo que ven desaparecer os modos tradicionais de vida. Esta é a historia.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Domingo Díaz
Guión: Gabriela Amor (Primeira Versión) / Domingo Díaz
Fotografía: Miguel Ares
Colaboración fotografía: Victorino Lourido
Son: Ariel Muchnick
Edición: José González
Produción Executiva: Domingo Díaz / Susana Chávarri
Xefa de Produción: Maruxa Barreiro
Baseado no libro: “A construción dos Saltos do Sil 1945-1965” de Susana Chávarri
Ver tamén:

Ningún comentario:

Publicar un comentario