https://sossanidadepublica.wordpress.com/
Ante a información de peches do persoal dos servizos de urxencias extrahospitalarios (PAC) en Ferrol e da folga o persoal facultativo de Atención Primaria en Cataluña, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar:
1.- Que esta situación evidencia o fracaso das políticas neolibarais de recortar gasto sanitario á conta da Atención Primaria, para reforzar o nivel especializado (baseado na utilización intensiva de recursos tecnolóxicos, probas diagnosticas e medicamentos cada vez máis caros e de dubidosa eficacia para mellorar a saúde). A AP ten como obxectivo fundamental a promoción, a prevención, algo incompatible co negocio da enfermidade
2.- Desde o inicio da crise os recortes de recursos afectaron fundamentalmente á AP, que perdeu en Galicia máis de 400 millóns de euros desde o ano 2010 (cifra similar ao o gasto orzado para este ano é de 487 millóns), polo que a súa participación no gasto sanitario non só non alcanzo o 25% previsto no Plan senón que baixou ao 12,4% este ano.
3.- De acordo aos dato do Sistema de Información de AP do sistema nacional de saúde ( SIAP- SNS) suprimíronse 36 prazas de persoal médico, que habería que sumar ás 194 que estaban acordado crear no Plan para o 2011 ( Nuñez Feijoo paralízoo nada máis chegar ao poder). Unicamente creáronse 8 dos 60 centros previstos no devandito acordo e segundo que fonte entre o 20-40% dos cupos médicos teñen máis de 1.500 tarxetas cando as sociedades medicas sinalan que non deberían superar as 1.250. A esta falta de recursos habería que engadir a carga de traballo burocrático que consome máis do 30% do tempo e as trabas para acceder a probas diagnosticas.
4.- Tamén os PAC sofren tamén escaseza de recursos que lles impiden atender con seguridade as urxencias e emerxencias
5.- A Xunta de Galicia rematou a faena coa reforma da Lei Galega de Saude que consolidou as estruturas de Xestión Integrada ( EOXIS) que someten as Centro de Saúde ás xerencias hospitalarias e relegan á AP a porteira e a seleccionar pacientes para os servizos dos hospitais.
5.- A consecuencia de todo isto é a aparición de listas de espera, masificación das consultas, falta de tempo para atender aos pacientes (menos de 10 minutos), deterioración da calidade e unha baixa capacidade resolutiva. Situacións que afectan á poboación e ao persoal sanitario, sometido a unhas condicións laborais inaceptables con medias de pacientes superiores aos 40-50 ao día.
6.- A promoción e prevención de saúde son impensables nestas condicións, fronte o cambio do paradigma asistencial: mais maiores, mais crónicos con mais complexidade. Non bastan os recursos de hai 20 anos. A realidades volveuse mais complexa e precisa dunha visión mais xeneralista e, o mesmo tempo, mais bio-psoco-social, incompatíbel con esta política
Sobran os motivos para grande unha mobilización social e profesional para poñer fin a este estado de cousas e esixir un cambio radical na política sanitaria en Galicia
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Ningún comentario:
Publicar un comentario