Para se queredes mandedes alegacions á Modificación da lei Galega de Saúde do 2008: Mándase modelo
Impreso para realizar as suxestións que consideredes ó anteproxecto de Lei de
Modificación da Lei de Saúde de Galicia do ano 2008.
Poñemos un modelo de
suxestión:
"Solicito QUE SE
RETIRE o Anteproxecto de Lei que modifica a lei de Saúde de Galicia do ano
2008.
Os motivos son: que limita, ata facer desaparecer, ós órganos de participación cidadán, pilar do Sistema Sanitario Público Galego. Privatiza a educación e a investigación. Favorece a administración do sistema dende as xerencias e dende @s xef@s de servizo. Polo seu Hospitalcentrismo e abandono da Atención Primaria, ca consecuente desertización do Rural Galego.
En fín, que se retire e que se poña en marcha a lei de Saúde de Galicia do 2008, que no que respecta ós órganos de participación, está sin aplicar, incumprindo o PP unha lei de obrigado cumprimento".
COPIAR E PEGAR NO ENLACE
ANTERIOR
Outro modelo:
Este
anteproxecto é un atentado á sanidade pública. Non se poden eliminar áreas
sanitarias, afastando os centros de toma de decisión da poboación. Se o goberno
do Partido Popular e a Consellaría de Sanidade pensan que é preciso un novo
mapa sanitario, deben abrir a posibilidade de crear un grupo de traballo para
debater sosegadamente este tema, baseándose na evidencia, e na procura dunha
mellora da calidade e da asistencia sanitaria, e non só crear
superestruturas con super Xerentas/es.
A Consellaría de Sanidade debería
utilizar este anteproxecto para vincular as xerencias coas áreas sanitarias, e
crear as Áreas de Barbanza, Verín e Cee, para xestionar os centros
hospitalarios de forma integrada coa súa primaria. E non para eliminar as
actuais áreas sanitarias.
O desmantelamento destas áreas
sanitarias é contrario aos principios recollidos na Lei Xeral de Sanidade, que
recolle que se crearán as áreas de saúde tendo en conta os factores
xeográficos, socioeconómicos, demográficos, laborais epidemiolóxicos, culturais,
climatolóxicos e de dotación de vías e medios de comunicación.
Polos motivos expostos, pido a
retirada deste anteproxecto.
COPIAR E PEGAR NO ENLACE ANTERIOR
Indicamos os
links onde podedes mirar a Lei, o Anteproxecto de Lei e o portal da
transparencia da Xunta, onde se fan as reclamacións. Despois da xuntanza de
onte da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, temos ata ó 17 de
Agosto, para presentar as alegacións que consideremos. Como o que queremos é
que se retire o anteproxecto, ise será o obxetivo.....e tamén queremos, que se
desenrole a Lei do ano 2008, que ano a ano o PP non quere cumprir.
http://ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa-tramitacion/sanidade/SA_lei_modificacion_lei%20saude_galicia_gal.pdf
Modificación da lei Galega de Saúde do 2008:
https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0260/anteproxecto-lei-polo-que-modifica-lei-82008-10-xullo-saude-Galicia
Lei Galega de Saúde do ano 2008:
https://extranet.sergas.es/catpb/Docs/gal/Publicaciones/Docs/NorXeral/PDF-1796-ga.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario