domingo, 24 de xullo de 2016

Inician unha campaña en Internet para rescatar o hospital de Vigo de mans privadas

A AGDSP (Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública) agarda acadar a través da web os 4.100 euros que lle quedan para poder iniciar o proceso xudicial contra a Xunta.


4.100 euros. Iso é o que reclama a AGDSP  (Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública) para tramitar a denuncia contra a privatización do novo hospital de Vigo  mediante un contrato de concesión de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) levada a cabo polo goberno do PP da Xunta de Galicia.

O novo hospital de Vigo | Fonte: construcion21.org

A AGDSP denunciou á Xunta pola vulneración da legalidade estatal e comunitaria no caso da privatización do Novo Hospital de Vigo. E a denuncia foi admitida a trámite pola Comisión Europea. Por iso, esta ntidade debe afrontar os gastos de representación xurídica por un importe de 6.300 €, dos que faltan por abonar 4.100 €.
Esta petición está deseñada, segundo a entidade, “para aplacar e paliar os dereitos secuestrados e usurpados pola administración pública da Xunta de Galicia”. Por iso, diríxense á cidadanía, movementos sociais ou grupos políticos co obxectivo de “recuperar o pilar básico de calquer estado democrático e de dereito” e “rescatar e democratizar a sanidade, a través da complicidade e a concienciación de toda a cidadanía e as diferentes capas sociais, contribuindo cun aporte económico na medida das súas posibilidades”.
Os interesados en apoiar esta campaña poden facelo na plataforma de goteo.org


INFORMACIÓN GENERAL

A AGDSP (Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública) leva máis de 35 anos de compromiso e desenrolo de iniciativas en defensa da sanidade pública.

Recentemente presentouse unha denuncia ante a Comisión Europea pola vulneración da legalidade estatal e comunitaria no caso da privatización do Novo Hospital de Vigo mediante un contrato de concesión de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) levada a cabo polo goberno do PP da Xunta de Galicia.

Esiximos o Rescate e o reintegro do Hospital ao Servizo Galego de Saude.

A denuncia foi admitida a trámite e neste intre debemos afrontar os gastos de representación xurídica por un importe de 6.300 €, dos que faltan por abonar 4.100 €.

Solicitamos a colaboración das persoas comprometidas ca sanidade pública para poder satisfacer o importe da débeda pendente (4.100 €).



Características básicas
O proxecto está deseñado para aplacar e paliar os dereitos secuestrados e usurpados pola administración pública da Xunta de Galicia.


Motivación y a quién va dirigido el proyecto
A toda a cidadanía, movimientos sociais, grupos políticos e a toda a diversidade de actores implicados en manter unha sanidade pública universal i equitativa. Xa que este é un proxecto de presente e futuro.

Dirixido a recuperar o pilar básico de calquer estado democrático e de dereito.




Objetivos de la campaña de crowdfunding
Os obxetivos son rescatar e democratizar a sanidade, a través da complicidade e a concienciación de toda a cidadanía e as diferentes capas sociais, contribuindo cun aporte económico na medida das súas posibilidades.


Experiencia previa y equipo
A AGDSP é unha plataforma asociativa que leva máis de 35 anos loitando en prol da defensa da sanidade pública.

Ningún comentario:

Publicar un comentario