A vida é algo que ocorre mentres un anda ocupado facendo outras cosas.
John Lennon.
Mentres en Pamplona gozaban
do San Fermín, o derradeiro 7 de Xullo, o Goberno de Israel da coalición dereitista
(Likud-Yisrael Beitenu) presidida por Netanyahu aprobaba a “Operación Acantilado Sólido”.
Presuntamente pretendía inutilizar os morteiros e as lanzadeiras de foguetes das
milicias do Movemento de Resistencia Islámica (Hamás), que chegaban as
localidades israelís veciñas á Franxa de Gaza de Sederot e Ascalón, situadas a
menos de 10 quilómetros da fronteira con Gaza. Uns foguetes, que non mísiles, xa
que carecen de compoñentes electrónicos e sistemas de guiado, que sendo mortais
de necesidade a menos de 15 quilómetros de alcance, son incomparablemente menos
precisos cós bombardeos da aviación ou artillería naval có Exército Israelí utiliza.
Así, o día seguinte iniciase
unha serie de bombardeos de represalia que obrigan a 100.000 palestinos a fuxir
das súas vivendas no norte de Gaza e fuxir cara o sur, sendo asasinadas máis de catrocentas persoas (25% nenos) en operacións militares no que
vai de conflito, incluídos obxectivos militares tan perigosos como catro
cativos que xogaban ó fútbol na praia. E súmanse os días de sufrimento dos familiares dos rapaces
na esperanza de encontralos vivos, a sabendas de que están mortos,
mentres deteñen a centos de activistas palestinos, matan, mutilan e deixan sen
fogar a milleiros de civís inocentes… facendo caso omiso ás peticións de socorro.
Pero, Qué é a Franxa de
Gaza? Un pequeno territorio de 360 kms² de forma rectangular
situado entre o mar Mediterráneo, Israel e Exipto de nulo valor estratéxico,
industrial ou de recursos naturais. De feito, o único que ten é xente, moita
xente. Case dous millóns de palestinos viven alí. Para os que lles custa ver o
tamaño por kms², poden comparar co seguinte mapa:
Mapa:
Comparación do tamaño da Franxa de Gaza con Valdeorras/Bierzo
Como se pode ver, fuxir
de O Barco a Ponferrada, logo dun bombardeo masivo por avións da Forza Aérea
Israelí, tal vez non sexa a mellor opción, pero segue sendo a única, se nos dende
fora, non facemos nada para parar esta masacre.
Un cativo espazo, e unha
das zonas coa maior densidade de poboación do mundo e aínda por riba, sen
continuidade territorial co resto do país (Cisxordania). Atención: para viaxar
de Gaza a Cisxordania, o habitual é coller o coche ate O Cairo (367 kms.), montar
nun avión de O Cairo (Exipto) a Amán (Xordania), e despois outro coche de Amán
a Ramala (75 kms.) e imaxinade cada un dos pasos de fronteira,
o
grado evidente de identificación polos soldados israelís,
as pegas. De non ser polas fronteiras, por estrada de Gaza a Ramala hai só 100
kms. Unha hora.
Fai falla un clamor
popular, unha sublevación cidadán internacional. O noso silencio convértenos en
cómplices. Cando un mísil recorre con precisión a calculada ruta ate a nosa destrución. Unha acción tan
miserable que poderíamos caer no erro de tolerala como unha desgraza máis nun telexornal
cheo de desgrazas.
Nós permanecemos involucrados no crime, os nosos cadáveres podrecen á
intemperie, entre cascotes e ferros retorcidos dos edificios de vivendas,
escolas e hospitais… as fotos farían fuxir ós voitres. As familias
choran perden ás mulleres, ós irmáns, ós fillos, ós ancians… e fan esforzos
para entender cómo foi posible que persoas normais se coaran nunha guerra tan
allea. E si ninguén o
remedia, a mesma fatalista impunidade protexerá ós culpables máis significados,
unha extensión brutalmente
próxima de iso que chamamos vítimas colaterais, e levase por diante, cada día,
en cada acción de guerra, a eses inocentes que se atopaban por alí. É dicir, nós.
Estes son crimes de guerra que non se aceptarían en ningunha parte do mundo. Por qué en Palestina? Fai medio século, Israel e seus veciños árabes estiveron en guerra, Israel ocupou Gaza e Cisxordania. Ocupar territorio despois dunha guerra é practica habitual, pero ningunha ocupación militar debería converterse nunha tiranía de décadas que soamente alimenta e beneficia ós extremistas que utilizan o terror contra a xente inocente. O final quen sufre? A maior parte das familias que, as beiras do muro e lonxe de amparar ese odio, só desexan paz e liberdade.
Os medios fannos crer
que este é un conflito sen solución entre dúas partes iguales, pero non é así.
Os ataques de extremistas palestinos contra civís inocentes deben ser
condenados e arrombados, pero a raíz do conflito anda por outras beiras, na espoliación
sufrida polo pobo palestino. Israel ocupa, coloniza, bombardea, ataca e
controla a auga, o comercio e as fronteiras dunha nación legalmente libre recoñecida
polas Nacións Unidas. En Gaza, Israel ten creado unha gaiola o aire libre, a máis
grande do mundo, e logo fai un brutal acoso sobre ela. Mentres as bombas caen, as
familias literalmente non teñen para ónde fuxir.
O fanatismo dun estado que se chama democrático pon en perigo
os dereitos humanos. Un fanatismo enmascarado nunha xustificación que fai un dobre
dano: viola os dereitos
humanos e degrada a razón democrática. Cando en nome da defensa se tortura, bombardéanse
poboacións e conséntense políticas de racismo, apartamento e xenocidio, obrigásenos
a vivir de cotío coa banalización do mal e engaiólanse ás conciencias no campo
de concentración da mentira, a inxustiza e a complicidade. Neguémonos a ser
indiferentes ante calquera violación dos dereitos humanos. Digamos BASTA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario