O rei xa
saíu para deixarnos claro que esta gaga,
e ancorase no trono aínda que xa non ten capacidade para ser o Xefe de nada e
moito menos do Estado o mesmo tempo deixarnos claro cá portada do Hola tiña máis
Photoshop cós carteis das derradeiras
eleccións do defunto Fraga (quen non o lembra). Saíu co motivo da Pascua
Militar e, este ia ser o gran debut para amosar que logo das operacións estaba
fenomenal e, acalar así as voces que piden a súa abdicación ou directamente
levar a Monarquía a consulta, (moitos) aínda cós medios oficiais non nós
mencionen. Un rei decrepito, que chamou a atención, que confundira palabras e lerá
algúns parágrafos do seu discurso saltándose liñas... parece claro cunha maioría de españois queiramos có rei
se xubile e abdique, sería un bo momento para esixir ós nosos políticos levar a
consulta popular á monarquía e así poder elixir se queremos a Don Filipe como
din as enquisas, ou queremos III República polo tanto un sistema máis
democrático. O que ninguén pode negar é cá monarquía esta tocada e a medio
fundir, tan só sobrevive pola intensiva propaganda inxectada con goteiro pola
TVE negando a realidade do seu escurecemento.
Se non
somos capaces de enfrontarnos a verdade como sociedade/estado, se non somos
capaces de mirarnos o espello, atopemos o que atopemos, se non somos capaces de
limpar a porcallada a fondo, condenaremos ás xeracións que xa agardan e ás que
virán a nadar en merda renunciando á condición de cidadáns libres á que teñen
dereito.
Con orgullo e satisfacción, a Infanta Cristina imputada ó fin. Incrible. Imputada por un presunto
delito fiscal e de branqueo. Quén imaxinaba que isto podería suceder? Aínda a
pesares dos moitos tropezos, empezando pola Fiscalía Anticorrupción, os
desaforados intentos da Axencia Tributaria, a Audiencia de Palma, o avogado do
Estado, o de Urdangarín e o seu propio, que tentaron por tódolos medios evitar
cá Infanta fose incriminada… pero ó xuíz Castro non lle deu a gana de
dobregarse e recreouse nun novo e traballado auto que xustifica a imputación
desta Señora, será o 8 de marzo. Non é doado cós membros da Casa Real se expliquen,
pero esta claro cós piares do Estado non cambalearan por preguntarlle á infanta,
nin se vai esborrallar o ceo porque a filla do rei declare en calidade de
imputada, …estaba ou non o tanto dos manexos do seu marido? é máis, a
imputación é unha oportunidade da Coroa para facer crible o propósito de emenda
expresado no derradeiro mensaxe do rei, e dicir "transparencia" e "exemplaridade"
como guías de conduta dos membros da Familia Real. Explíquese Señora ante o
xuíz, explique ós españois a súa relación con Aizoon, empresa da que é
propietaria ó 50% de onde procedían as luxosas facturas das mordidas do seu
consorte ás administracións públicas e de seus fondos pagaba o marisco e outras
pequeneces que comían no palacio de Pedralbes. Ou ten vostede o síndrome de Ana
Mato, aquel polo cal unha persoa aparentemente san perde a visión e deixa de
ver un Jaguar no seu garaxe? Declare,
e explíquese, devolva todo, pague e se acaba sendo condenada; do afundimento
por corrupción non pode saír indemne a monarquía. Cós Borbons se expliquen é
unha imperiosa necesidade, só que sexa para saber se fomos roubados por riba
das nosas posibilidades e aliviar a desacougo no que vivimos neste país… Evitar
cá infanta se explique entenderíase peor có derradeiro discurso do seu pai, o
monarca “campechano”, esa figura
intocable, a quen temos que agradecer nosa democracia plebea, en caída libre de
credibilidade.
Afortunadamente, aínda
quedan xuíces que tentan salvagardar iso que di a Constitución de que todos
somos “iguales ante la ley, sin
discriminación por razón de nacimiento, raza, sexo, religión…” A pesares do noso entorno, onde no día a día
vemos todo o contrario… Súa Alteza Real (da
familia irreal) a Infanta, ten evitado a imputación grazas a súa partida de
nacemento e o sangue azul que corre polas súas veas. Se cadra desta Dona
Cristina de Borbón chega a sentarse no banquiño e non pasa como en outras
ocasións onde a maquinaria do Estado evitou a comparecencia. A infanta ten que
chegar a xuízo, estaba alí, era cómplice, devasa, coartada, escudo do seu
marido Iñaki Urdangarin. Sen ela non funcionaría o negocio, con ela gozou do
botín. Licenciada en Ciencias Políticas pola Complutense, master en Relaciones
Internacionais da Universidade de Nova York, embaixadora de Boa vontade da ONU,
traballa ou traballou nun Banco, presidenta dunha ducia de Fundacións..., é
unha humillación á muller (e á intelixencia) argumentar que unha persoa da súa
formación fose un simple floreiro que nin sabía nin preguntaba, só estaba alí,
e non o digo eu, dío o noso Código Civil no artigo 6: "La ignorancia de las leyes no excusa de su cumplimiento".
Segundo a recente enquisa
de Sigma Dos para El Mundo, a
cacería de elefantes en Botsuana, as operacións de cadeira do monarca "campechano" e a comparecencia do "xenro perfecto" "Ultraraterín" ante o xuíz polo caso Nóos. A Monarquía está nas
súas horas máis baixas. Nin o Photoshop borra
as pegadas da decadencia, non pode xa agochar toda a mugre da Zarzuela, só
serve para frear a caída libre na que se atopa a institución obsoleta. Pero non
nos fagamos ilusiones, xa có príncipe Felipe de Borbón podería saír en calquera
momento, se o deixa o pai ou se atopa moi acosado, saír ó rescate da inservible institución.
Agardemos non aconteza.
Deixémonos xa de
parvadas. Temos o rei que nos merecemos, todos sabemos o que está pasando coa
infanta, o apoio desvergonzado que recibe dende tódalas institucións do estado
para que salia indemne desta, e a presión miserable que exercen as mesmas
institucións sobre o xuíz Sr. Castro, para que tire a toalla, prevarique e
deixe en paz a Dona Cristina. É descarado, esta e moitas outras situacións vergoñentas,
están sucedendo ante anos pasividade, custa crer cás institucións que nos
gobernan dende fai 40 anos da, chamemos democracia, estean a caer tan baixo.
Así é, e non o podemos agochar por máis tempo. A nosa democracia e de baixa
calidade, porque o son tamén os políticos encargados de dirixila. Pero todo isto está xa
moi claro para calquera mente minimamente aberta. O asunto agora é qué facemos,
qué podemos facer para cambiar todo isto. Porque hai tanto que limpar, tanto
que mellorar e tanto que desbotar cá tarefa parece imposible. E custa crer cós
mesmos que provocaron todas estas situacións, non fagan nada para melloralas.
Non saben nin lles convén, teñen, temos medo…
Ningún comentario:
Publicar un comentario