Cada minuto morren no mundo dez nenos por fame ou por unha enfermidade curable e cada minuto, o mundo gasta tres millóns de dólares na industria militar.
Ninguén pode afirmar
da existencia dun ser humano nas primeiras semanas de embarazo, ese cúmulo de
azares e desexos, cigotos e ovocitos, espermatozoides nun mar de dubidas e de
esperanza non pode, máis alá da mitoloxía dalgunhas crenzas relixiosas, empúrranos
á compaixón dunha persoa feita e dereita... Na sociedade actual en ningún
ámbito da vida, os zigotos/embriones/nasciturus/fetos teñen a consideración de
persoas. Non son tidos en conta nas herdanzas, nin son inscritos no Rexistro
Civil, nin nos seguros de vida, por exemplo. A mesma Igrexa tampouco os considera, xa que do contrario faría
bautismos prenatais, para evitar cós embrións, perderan a posibilidade de ir ó ceo en caso de malograrse denantes de nacer e ser bautizados propiamente. Deixémonos
de discusións bizantinas…, Tampouco coñezo a ninguén que sexa partidario do
aborto, por unha ou outra razón a muller que aborta ou
non se sinte capacitada nese momento para ser nai e criar un fillo/a; porque é moza
ou maior, ou non ten diñeiro, traballo, casa, parella, familia etc… ten medo a reacción dos pais, amigos, o que dirán, ou
o trauma dunha violación, ou medo de cá crianza naza enferma, VIH/sida... deixar os estudos etc, etc… desconfíen daqueles que din cás mulleres abortan por deporte, cás mulleres van por aí a quedarse
preñadas; as señoras do PP tamén abortaron por milleiros de cuestións porque no
aborto é imposible posicionarse a favor ou en contra, porque as circunstancias
que levan a il mesmo son miles; e milleiros son os problemas que atura tanto
física como psicoloxicamente a muller que aborta. Os abortos agóchanse non se contan ninguén quere sentirse estigmatizada.
Tampouco é, como alardean os voceiros de Pro-Vida, unha práctica
anticonceptiva, cando nin máis a calumniada lei de prazos, aínda en vigor, fixo diminuír
o número de interrupcións do embarazo no derradeiro ano.
Estudos mundiais
chegaron á conclusión de cás taxas de aborto nos países onde é legal, son
similares a aqueles onde non o é, o que suxire que penalizar a practica pouco
fai para disuadir ás mulleres a levala a cabo. É máis, os
investigadores atoparon có aborto é seguro nos países nos que é legal, e
perigoso en países onde está prohibido e faise clandestinamente. Segundo este
estudo a nivel mundial, unha colaboración entre científicos da Organización
Mundial da Saúde en Xenebra e o Instituto Guttmacher en Nova York, publicados
na revista médica The Lancet, o aborto causa o 13 % das mortes de mulleres
durante o embarazo e parto, e hai 31 abortos por cada 100 nacementos.
Pero deixemos de lado o interminable debate ideolóxico, relixioso, ou incluso metafísico sobre o aborto. E cavílemos no medo, en que podemos agardar dunha xeración edificada a golpes de desgrazas, sobrevivindo como nunha procesión de sombras, de días sen gloria, dubidas e incertezas…
Pero deixemos de lado o interminable debate ideolóxico, relixioso, ou incluso metafísico sobre o aborto. E cavílemos no medo, en que podemos agardar dunha xeración edificada a golpes de desgrazas, sobrevivindo como nunha procesión de sombras, de días sen gloria, dubidas e incertezas…
O traumático non
é abortar senón estar embarazada sen desexalo.
Nembargantes, a situación legal do aborto afecta en gran medida ós perigos que implica. Polo xeral, onde o aborto é legal, este é proporcionado de maneira segura, polo contrario tamén é certo que onde é ilegal, o máis probable é que sexa perigoso, feito en condiciones de risco por persoas pobremente ou nada capacitadas.
Creo que non hai que darlle máis voltas a algo tan claro.
Este país que tanto alborotou que
puxo o berro no ceo cando Bibiana Aido no que foi Ministerio de Igualdade proxectou
cás rapazas maiores de 16 anos puideran decidir lle realizaran ou non un
aborto, o igual que outro tipo de operacións. Todo era un ir e vir de berros e
clamores mediáticos, rogativas e cruzadas de pregarias pola defenestración dos ministros socialistas
da época. Ninguén vai a dicir nada
agora cando o Sr. Gallardón pretende decidir por calquera muller e obrigala a
ser nai dun fillo con malformacións conxénitas…, este mesmo goberno que recorta
ata a miseria a Lei de Dependencia? Aquí, dende logo, estamos todos as mulleres que son as que paren, pero tamén os homes xa que tódolos nenos teñen pai. Entendo que sexan as mulleres, con diferenza sobre os homes, as que máis protesten. Gallardón meteuse na casa, na alcoba, na cama e entre as pernas dunhas e outros.
Que é o seguinte, prohibir os condóns, prohibir as masturbación. Se cadra
este é o chanzo seguinte que pretenda lexislar este Goberno ultra conservador: ningún burbullo sen fin da reprodución,
ningún bico que non achegue o casamento.
A razón deso é o
prexuízo relixioso que, como no caso da eutanasia, fala da santidade da vida,
sen ser sensible a calidade da propia vida. E como todo sentimento relixioso,
baseado nas crenzas, fuxe de calquera razoamento. "A quien Dios se la diere, San Pedro se la bendiga" un
indicador máis do enorme poder da Igrexa e súa influencia na cultura popular, nin sequera considerado polos chamados representantes da esquerda. Retornamos a
vellos valores que deixaramos atrás en materia de dereitos civís, morais e costumes,
un retroceso enorme, volvemos ás exixencias da relixión; á machista, imposición das
súas propias crenzas, estigmatizar a discrepancia, ó illamento cultural e
moral. Queren que España volva a ser diferente.
Máis aló de discusións
irreconciliables, esta lei fulmina calquera dereito de decisión da nai, está xa
non poderá abortar nunca cando o decida libremente senón só cando Estado,
médicos, psicólogos e xuíces dunha indigna e depravada seita relixiosa con
cheiro a mofo o ditaminen, ou cós supostos de violación ou risco para a saúde
física ou psicolóxica decidan por ela. A muller perde deste xeito toda
liberdade de decisión sobre o seu propio corpo. Agora é o Estado ou os pais no
caso de ser unha menor de idade, os que toman o control do seu organismo. A
muller aínda que maior de idade é reducida á minoría de idade legal. Queda
reducida a un contedor para producir vida..., a unha incubadora.
Arrebatáselle á muller o
seu dereito sobre o corpo para darllo ó non nacido. É absurdo cun ser que depende dela, que é
parte do seu corpo, teña máis control que ela mesma, un feto con máis dereitos
cun parado, un beneficiario da dependencia e un emigrante xuntos. Ela non ten
cabeza con capacidade de raciocinio senón útero e sobre o seu útero, decide o
Estado. Muller, teu ventre non é teu, é do goberno. Con esta lei pasamos a
darlle tanta protección o concibido que lla quitamos toda á nai... Tes que
parir sí ou sí, miña nena! Tes que
desexalo, amalo e respectalo porque para iso Deus che deu un útero. Porque para
iso, e pouco máis, estás no mundo.
E se algunha quere facelo ten que "demostrar" que padece un grave trastorno
polo que non pode seguir adiante co embarazo e téñenllo que acreditar dous
psiquiatras, logo de pasar por unha consulta onde a asesoren sobre outras
alternativas ó aborto, e por se fora pouco, sete días de reflexión, logo do cal
se cadra pode abortar... O que supón na práctica, e no mellor dos casos, retrasar
o momento do aborto coas consecuencias que pode ter sobre a saúde desta muller.
Sucede cás mulleres e
non os homes son quen dan a luz e ese poder é o que pon frenéticos a homes
equivocados, arrogantes e fatuos como o insigne Gallardón. Se a xestación
necesita de home e muller. Cómo vai a muller ousar negarse a elo?
Aí lles doe. Aí está un miolo que ten raíces en séculos, volver o sexo con alento de maldade, bestialismo e sucidade que sufriu nos escuros séculos do catolicismo, dende cando a muller ten poder de decidir sobre parir o non…
Aí lles doe. Aí está un miolo que ten raíces en séculos, volver o sexo con alento de maldade, bestialismo e sucidade que sufriu nos escuros séculos do catolicismo, dende cando a muller ten poder de decidir sobre parir o non…
Aínda que contra todos (homes
e mulleres), e en especial contra das mulleres. Calquera española terá forzosamente
que pedir permiso a Gallardón se decide ou non levar adiante seu embarazo.
Baseándose na maioría que lle outorgan unha presa de votos, que non unha
sociedade, e fai gala dun repugnante absolutismo. Por algo elemental: poder
abortar non obriga a ninguén. Non poder facelo, en cambio, é unha exhibición do
peor autoritarismo.
Nós (homes e mulleres) abaneados, fodidos e violados en bloque porque ningún goberno tivo o detalle de pórlle un condón ó crucifixo.
Gallardón conseguiuno:
Eu tamén quero abortar...!
Ningún comentario:
Publicar un comentario