domingo, 12 de xaneiro de 2014

Euskadi quere política de Estado

Debe prevalecer o cese da violencia, o demais son cortinas de fume. Dereitos humanos acordo e paz

Eu creo que algúns deberían tentar comprender as dificultades e os sacrificios que embrollan os procesos de paz, o difícil que é para as vítimas da violencia de todo tipo deixar a un lado sentimentos acendidos como a vinganza ou o rancor. Temos que entender por qué estes milleiros de persoas saíron á rúa, temos que facernos a idea cá cidadanía vasca estivo sufrindo un tormento político e social e merecen a paz, aínda que require actos de boa fe e vontade amarga por un futuro xuntos, aínda que signifique tragalo orgullo, o odio, aínda que signifique ter que convivir con persoas que ata fai nada rompían a convivencia. Intentemos meternos na pel dos vascos, creo dende centos de km de distancia non somos ninguén para desprezar nin para crernos coa verdade absoluta que nós só coñecemos polo que nos contan os medios de comunicación. Os vascos merecen cós apoiemos na reconciliación, na paz, e non podemos rachar as vestiduras hipocritamente por isto como si fose o fin do mundo lembrade, estes asasinos por sorte foron detidos e cumpren ou cumpriron súas penas, todo o contrario cós agochados asasinos da outra veira dende o aparato franquista ata o GAL, así que deixemos á demagoxia, o patriotismo barato e ás frases feitas de luxa "sangue nas mans", brinquemos todos, no país que xamais xulgará a milleiros de asasinos e pasou páxina como se nada tivese pasado. Tranquilidade e sosego para todos, porque algúns comentarios non axudan en absoluto ós esforzos enormes que están facendo moitos.

Levábamos algo máis de 2 anos nos que ETA xa non era problema. Sabemos que ETA non vai a volver a matar, e os presos aceptaron responsabilidades e as vías legais de reinserción, esta medida só ten unha explicación: entorpecer o proceso de desaparición de ETA, intentando reforzalos argumentos dos sectores máis duros (ós que por outra parte paranse precisamente con ese argumento). Por outra veira, como demostra a historia recente, este tipo de actitude dos aparatos do Estado, teñen como consecuencia inmediata un fortalecemento electoral do independentismo e, polo tanto, convertense na incubadora do ovo da serpe coa có Estado terá que lidar no futuro, como vemos agora mesmo en Cataluya. Alguén da máis en canto a despropósitos? A dinámica que se mostra en casos coma este pon de releve cá ideoloxía da Transición está caducada, e seus representantes tan mortos politicamente como as momias do último franquismo e que, ou hai un relevo xeracional e de ideas ou o que coñecemos como España acabase en menos que canta un grilo.

Falo da decisión do Xuíz Eloy Velasco titular do Xulgado central de Instrución número 6, prohibindo a manifestación que tiña conseguido unir a vascos, e non vascos, nunha mobilización que prometía ser multitudinaria, todo por uns ideais comúns; o apoio ó proceso de paz, a liberdade de expresión e os dereitos sociais, e sí, por qué non, o achegamento dos presos. Non comparto ni apoio as actuacións de ETA, pero creo que agora mesmo toda a sociedade vasca e sobre todo os sectores máis abertzales, o meu entender, están dando os pasos máis grandes para có proceso de paz avance, mentres o Goberno dedicase a meter paus nas rodas. Non entendo cómo algúns están aínda cegos e non logran albiscar có máis interesado en có proceso de paz fracase é o propio Goberno, coa "inestimable" axuda do "imparcial" Xuíz da Audiencia Nacional e a intoxicación con noticias sensacionalistas de determinados medios de comunicación, para tapar a podremia... ESTE GOBIERNO (O PP) NECESITA A ETA E DESEXA QUE VOLVA A MATAR porque xa non teñen ningunha credibilidade nin ante a opinión pública nin ante gran parte dos seus votantes, por iso tentan facer piña coa AVT e os sectores máis radicais do partido (PP)... Así poderían retomar o caduco e esgotado discurso co que xa non convencen a ninguén... En realidade impórtalles unha merda o fin, total, de ETA... elles útil politicamente e seguirán sen facer nada a favor, en contra todo o que podan… Debe prevalecer o cese da violencia, o demais son cortinas de fume. Dereitos humanos acordo e paz.


Se como nos din, non era máis cun acto de reivindicación da banda, de exaltación dos presos etarras e da exixencia de amnistía. Cómo se entende a masiva asistencia de cidadáns? 

Ningún comentario:

Publicar un comentario