mércores, 22 de xaneiro de 2014

...cadro amarelo no perfil de WhatsApp

Non, non teño ictericia, ni é o día internacional do plátano de Canarias. Significado do cadro amarelo no perfil de WhatsApp

Nos derradeiros días moitos usuarios do servizo de mensaxería instantánea cambiaron a foto de perfil por un fondo amarelo como suposto símbolo de protesta polos actuais recortes do Goberno

WhatsApp tínguese de amarelo. A derradeira campaña de protesta que se ven facendo a través deste servizo de mensaxería instantánea leva ós usuarios a intercambiar seus habituais fotos de perfil por unha inocua imaxe de cor amarelo. Sen detalles, sen artificios e sen ningún mensaxe que aclare causa algunha deste cambio, uns decidiron e outros pregúntanse a qué se deben os cambios.

As dubidas disipábanse logo de recibir o que xa se ten convertido en cadea:
"Entiendo que la foto de tu perfil es algo importante para ti, pero si me ayudas vamos ha hacer una protesta contra la clase política de España, contra sus privilegios, contra la subida de precios e impuestos, ante el derecho a decidir por ti misma si abortas o no, contra las letras pequeñas de los bancos que estafan con cláusulas abusivas o venta de estafas en forma de preferentes", di a mensaxe que moitos xa comparten.


A protesta, que durará até o domingo 26 de xaneiro, pretende facer chegar o mensaxe a clase política e con elo conseguir "que se decaten de que o pobo estase xuntando, que non nos van a calar e que isto xa se lles está indo das mans". A pesar da información oficial, o certo é que todo tipo de teorías "conspiratorias" estendéronse pola rede e os usuarios de Twitter ou Facebook xa alertan de posibles “segundas intencións”  trás deste mensaxe.
Algúns explican que se pode tratar dun mensaxe encriptado que “podería acceder á base de datos dos usuarios conseguindo ver os contactos e demais nin se sabe cousas” outros incluso falan da existencia de grupos políticos trás dunha campaña orquestada co único obxectivo de causar algunha maldición bíblica ó Goberno.

O caso..., en España dende o 19 de xaneiro estase compartindo no WhatsApp un fondo amarelo. Compartirase até o 26 como maneira de protesta. Baséanse as protestas: nas subidas descontroladas de prezos e impostos, as estafas dos bancos con cláusulas abusivas e letra pequena, o dereito a abortar e que sexa legal, etc, etc…

Con este tipo de cadeas os cidadáns exprésanse de forma pacífica pero categórica, sendo cada vez máis populares este tipo de chamamentos. Indubidablemente esta forma de protesta xunto ás convocatorias solidarias como os lazos de diferentes cores estanse popularizando cada vez máis na web e vanse xeneralizado especialmente nas redes sociais e mensaxería instantánea. Así que si estades de acordo poñede un cadro amarelo no voso WhatsApp!

Non fagades caso ós que acojonados ou a mala idea tentan darlle volta a esta protesta. Ningunha maldición, nin tempestade bíblica caera sobre a túa cachola, nin os piares do Estado cambalearan, nin se vai esborrallar o ceo… andan a dicir có logo amarelo ten un virus e o persoal botouse a correr a quitalo do fondo de perfil de Whatsapp e agora están intentando coar outras tonterías maiores para que se suprima. Fai o che pete! e xa sabes como na vida real: "…o medo garda as viñas"

Ningún comentario:

Publicar un comentario