domingo, 10 de xuño de 2018

A Biblioteca Nacional dixitaliza as fotos da Guerra Civil en Galicia

Máis de 11.000 fotografías, varios centos delas de Galicia, xa están dispoñibles en internet a través da Biblioteca Digital Hispánica


http://www.gciencia.com/


Visita de Franco e Serrano Suñer a Santiago e o mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Visita de Franco e Serrano Suñer a Santiago e o mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Máis de 11.000 fotografías tomadas durante a Guerra Civil española, entre 1936 e 1939, están xa dispoñibles en internet grazas á dixitalización do arquivo da Biblioteca Nacional Española. A pasada semana, a institución anunciou que poñía a disposición do público estes milleiros de imaxe, que ilustran a narrativa bélica de ambos bandos.
Nestas fotografías da guerra, centos delas recollen escenas que tiveron lugar en Galicia. Ao triunfar rapidamente o golpe de Estado franquista, a maioría de imaxes recollen actos de apoio ao bando nacional, nos que é frecuente a simboloxía fascista e o apoio ao réxime nazi. As obras retratan as visitas dos altos cargos do bando golpista a vilas como Santiago, A Coruña ou Ferrol, desfiles de homenaxe á Falange e escenas da vida cotiá.
Nesta galería podes ver algunhas delas:
Nesta ligazón podes consultar o arquivo da Biblioteca Nacional, introducindo no buscador as palabras“Guerra Civil Galicia”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario