sábado, 6 de xuño de 2015

Fin de Blues no Sil


Tras do boísimo sabor de boca deixado polas catro edicións anteriores, a primeiros de xullo tiñamos unha cita con ‘Blues no Sil’ único festival destas características en Galiza. Dúas noites magníficas para o goce da música en directo, nun marco incomparable, e qué dicir dos músicos, fíxose música blues de mans de grandes, demostrouse con creces que en provincias tamén se sabe de bo blues aínda que nacese lonxe de aquí. Agora xa non é necesario un público máis exixente. Bandas galegas téñeno moi demostrado… E que O Barco, por qué non, tamén pode ser un pobo de blues como Memphis, Alabama, O Delta do Mississippi, Euskadi ou Madrid como deixaron entrever as bandas que aquí tocaron, non representando obstáculo algún para cós músicos brillaran con luz propia en momentos consagrados, colmando as expectativas dos centos de persoas que dúas noites no ano acudían ó reclamo da música en directo, máis que predispostos a gozar da bonanza meteorolóxica e artística…



‘Valdeorras Blues’ unha asociación cultural sen ánimo de lucro que naceu en O Barco polo 2006 coa única intención de dar a coñecer un xénero musical que non chega polos canles habituais, ligada estreitamente ó Grupo Valdeorrés Bukowski (xiras, actuacións da banda…) e deciden como extra abrir novos camiños apostando polo lanzamento deste festival.

Dende a organización desbaratouse solvencia a esportas, o festival BluesnoSil non só se mantiña, senón que incrementaba actividades ano tras ano e todo con entrada gratuíta. Todo coa colaboración do Concello do Barco, pero tamén grazas ós colaboradores, xente do sector comercio e da hostalaría que facían posible este evento musical do verán barquense Pedro, Elena, Emilio, Choupi etc. etc… unha organización impecable e inmellorable, onde nada se deixa ó chou. Pena dos que non mercaran unha camiseta, a camiseta de ‘Blues no Sil’, non saben o que perderon… Blues, ese que se toca nun pobo, que como a vida mesma, só ven se ti queres que veña.

Xunto coa música, esta iniciativa buscaba dar a coñecer O Barco como pobo e os seus recursos turísticos entre os visitantes, o rexedor barquense Alfredo García, pola súa banda, chegara a destacar a influencia positiva do festival para a economía local.


Aparte dos concertos, facíanse interpretacións polas rúas en lugares como a praza José Otero ou o Malecón, obradoiros de harmónica e guitarra, proxeccións de cine, concertos en salas locais e inesquecibles jam sesión con alto nivel de enerxía a cargo de Booty Sweat, tapas de polbo á hora do vermú.

Así as cousas, qué dicir? Que resultou tan do agrado dos presentes que, incluso se terían que facer bises, pese á hora que ía sendo… En resumidas contas, técnica e bo gusto, outro xeito de entender o blues, sabor xenuíno e intencións totalmente desinteresadas, catro puntais nos que se apoiou un festival, quedando sobradamente de manifesto todo elo, incluída a innegable paixón polo blues da organización, perfectos puntos de apoio para conducir á noite a que non remate nunca, ate o mellor final dos posibles. O que ninguén esperabamos, dende logo, era o pano final…

Isto, e moito máis, foi o que deron de sí os concertos de Blues no Sil.



Options : History : Help : Feedback

Text-to-speech function is limited to 100 characters

Ningún comentario:

Publicar un comentario