martes, 7 de outubro de 2014

Se han seguido los protocolos de la OMS


"Quiero transmitir un mensaje de tranquilidad a todos los ciudadanos: contamos con profesionales sanitarios magníficamente formados para este tipo de situaciones y con la capacidad técnica y organizativa para hacerles frente" Ana Mato e Sanidade descoñecen cómo se contaxiou a traballadora infectada por ébola. Eu non sei cómo algúns chegan a ministros. E non será por ter traído a uns sacerdotes infectados co virus?? Se han seguido los protocolos de la OMS

A infectada de ébola acudiu con síntomas ás probas e deixárona irse de vacacións. Como unha traballadora que atendeu a un enfermo de ébola, que ten os primeiros síntomas o 30 de SETEMBRO, vaise de vacacións e non é ingresada ate seis días despois, a través do persoal de Urxencias de Madrid (SUMMA) (que non estaba preparado para atender estes casos), é trasládana a un hospital (o de Alcorcón), que tampouco é o de referencia para estas situacións? "No llegaba a 38,6 grados de fiebre" (??) Se han seguido los protocolos de la OMS

"Todos los protocolos se están cumpliendo a rajatabla" e dicíannos có risco era "nulo"… E sigo recortando en Sanidade porque me peta! E elimino a sanidade para estranxeiros… A imaxe que transmiten é que, evidentemente, fixéronse as cousas mal!! Canta xente estivo en contacto coa pobre TCAE (Auxiliar en enfermería) antes que se lle detectara hoxe o virus? Ía en metro ou en bús? Mercaba en supermercado? Tomaba café en cafetería? Ía de cañas? Se han seguido los protocolos de la OMS

Estamos estudiando... se está investigando... Se han seguido los protocolos de la OMS …ó final a culpa será da TCAE. O tempo… Un fallo humano exime de responsabilidades á Administración.

Pero, está Mato en condicións de dar tranquilidade respecto ó ébola? Ana Mato é a mesma dos globos e das "festascumple", confeti, bolsos de Louis Vuitton, os Jaguar e as vacacións… é esa, non? Vale, como non vai ver un virus…?

E, o de sempre, non se podía ter dado atención medico-sanitaria en África ós infectados e non traer o risco a casa… os doentes non son floreiros, non están para decorar hospitais ou presumir do tamaño de Unidades Especializadas de Tratamento…

Mariano é corto, Mato unha intrépida, o conselleiro de sanidade de Madrid debería ser cesado xa. Se afirman unha cousa e pasa a contraria, a vida desta traballadora, é responsabilidade dos tres. E se morre…?

Non chega dicir, eu pensaba, eu creía, dixéronme etc. Quen afirma que non hai riscos é un IRRESPONSABLE.

O do Prestige a guerra de Irak vai quedar pequeno. Isto non fai máis que encetar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario