xoves, 30 de outubro de 2014

Do Chiquilicuatre a Francisco Nicolás


Na política actual existen moitos Francisco Nicolás e moitos ocupan cargos públicos (así nos vai!)
A actitude deste individuo ('o pequeno Nicolás' outra xente da súa idade, por moito menos está acusada de terrorismo) está avalada por un entorno de "Very Important Person" de moitos quilates.
Ten fotos con Sabino Fernández Campos (un militar, Conde de Latores, Cabaleiro do Real Corpo da Nobleza do Principado de Asturias, secretario xeral da Casa de Súa Maxestade o Rey. Súa foi aquela frase no 23 F "Ni está, ni se le espera", contestación sobre si Alfonso Armada tiña chegado ó Palacio da Zarzuela, co que deu a entender cá Casa Real non tiña intención de apoiar el golpe de Estado… Morreu fai 5 anos), pode alguén explicarme que fai un neno de 15 anos entre dinosaurios de máis de 60? Un individuo que nin tan sequera militaba en Novas Xeneracions…

Non entendo como ninguén se ten feito estas preguntas:
Non ten pais?
Os seus pais non terían nada que dicir ou estaba tutelado por alguén a esa idade?
Quén lle pagaba a matrícula do CUNEF (centro universitario de formación e investigación) unha das máis elitista, un dos centros máis caros de Madrid?
Como é que dispuña dun chalé de 5.000 € mes, quén llo costeaba?
Parece ser cós coches, cenas, copas, etc. pagábaos sempre en cóntante e soante, quen llo daba?
É un estafador ou unha representación de cómo se ascende e consigue apoio no PP?
Foi visto en múltiples eventos e sempre cos máximos dirixentes, quén o puxo aí?
Pode un calquera facerse fotos con todos e cada un dos principais dirixentes do PP e aparecer incluso nun acto de celebración do éxito electoral na sede de Xénova?

É noxento tratar este tema, vergonzoso onde os haxa, un Piolin que non lle chega con xogar co scalextric e a consola, que vacila a presidentes, ex presidentes que se cola en Palacio coma si fose o máis normal. Por certo se non estaba invitado directamente quen o colaba?
Un bo traballo para a prensa pero ollo se non conta a verdade cando menos que non disfrace a información.
Cá información sexa iso, información, xa estamos fartos de que nos tomen o pelo. Xa estou vendo, 'La Pechotes', amiga íntima de Francisco Nicolás, con ofertas en firme nas cadenas televisivas para asistir ós platós de televisión... O caso do Pequeno Nicolás amósanos os espécimenes da elite política e empresarial da marca España, onde calquera inútil mequetrefe sen currículo pero con labia e garabata é quen de levarnos ó horto, sacarnos comisións por uns produtos non dados baixo a promesa de influencia nun maior negocio... moitos persoeiros vivindo con bos soldos cuxo sentido é simplemente exercer a servidume a quen os ten colocado. Este é o bosquexo dos Pujol, Urdangarín, Alejandro Agag e tantos outros. Un pais de prebendas, de favores de famoseo, de ser algo sen pegar golpe. En que país serio do noso entorno pasan estas cousas? Pero claro nun país serio do noso entorno Mariano Rajoy non podería seguir sendo presidente do Goberno logo de saberse có PP usou diñeiro B, negro, luxo, de orixe ilegal… ou como lle queirades chamar, para reformar a súa sede. Tampouco podería seguir Mato como ministra de Sanidade e tantos outros e outras… A maquinaria do PP xa corrompe ate os menores (menores que de ser nenas non poderán abortar sen consentimento dos seus país na nova reforma do aborto) constrúen os próximos Blesas. Dando palmadiñas nas costas ó Lazarillo de Tormes de quenda...

Ningún comentario:

Publicar un comentario