Morre o escritor
ese da "selectividade". Morre libre de grandes espaventos. Pero foi
esta mañá cando na lenta monotonía do tempo e no punto silencioso, que envolve a
tarefa ratinaría de ollar a rúa, botando de menos aquel cigarro de antano. Decateime.
Non morreu o escritor laureado, nin o home aclamado, morreu o "home"
con minúscula, o habitante dun país pobre, que conseguiu a gloria, e morreu cunha
materia pendente, a de conseguir, cambiar un ápice o mundo có viu nacer. Don
Gabriel García Marquez escritor e premio Nobel (non o chamarei 'Gabo' xa que non tiven
a sorte de Sabina de 'chatear' con el), e decátome que non morrerá nunca.
Foi a
parar ala onde algúns elixidos forman parte da historia do mundo. Mentres, a televisión gobernamental do réxime borbónico
español. Nos seus desinformativos, víanse forzados
a recordar a "polémica" (poñían a coletilla "polémica"), relación
do escritor con Fidél, ou falábannos das flores amarelas, un pastel e "Las
Mañanitas", do seu 87 aniversario, outros enchían a boca de palabrerío e condolencias baratas, prometen
nome de rúas... Véndennos o accesorio. Damos o
accesorio. Pero o esencial forma parte do mar Caribe, aínda que botes unha rede,
só colles o que queda dentro, onde vai parar o outro? A mar enteira forma parte
do todo…
Detrás dos seus
libros haberá sempre un pobo unha cidade, unha casa, un dormitorio, unha
historia. Estean onde estean os dormitorios e as historias, volveremos a
atoparnos cunha véntana aberta o mar Caribe.
Bágoas de crocodilo
e repisas poeirentas da Real Academia Española.
Unha Colombia xenocida que os nosos medios suplican
chamar democrática pese as pavorosas cifras mundiais de asasinato político ou
condena o exilio, fan soar campanas con compunxidos e hipócritas
discursos en serie, no retumbar monótono de propios ataúdes en activo, aínda que
non se decaten.
Como para aquel Buendía, hoxe igual que onte e que mañá será sempre
xoves... sen segunda oportunidade sobre a terra.
Aquí
podes ler La hojarasca (1955), primeiro libro de García Márquez
Aquí El Coronel no tiene quien le escriba (1961)
Aquí le La mala hora (1962)
Aquí Los Funerales de la Mamá Grande (1962).
Aquí le Cien años de Soledad (1967)
Aquí
a novela curta La increíble y triste historia de la cándida Eréndira y de su
abuela desalmada (1972)
Aquí De viaje por los países socialistas (1978)
Aquí Crónica de una muerte anunciada (1981)
Aquí podes ler El Amor en los Tiempos del Cólera (1985)
Aquí El general en su laberinto (1989)
Aquí bótalle un ollo a Doce Cuentos Peregrinos (1992)
Aquí le Del amor y otros demonios (1994)
Aquí Noticia de un secuestro (1996)
Aquí revisa Memoria de mis putas tristes (2004),
penúltima obra do colombiano.
Reflexións
Aquí
podes ler tódalas súas colaboracións para ó diario español El País.
Entrevistas
A Hugo Chávez: El enigma de los dos Chávez (1999). Ler aquí.
A Bill Clinton (cea xunto con Carlos Fuentes, 1994). Ler aquí.
Al Subcomandante Marcos (2001). Leer aquí.
Diálogo sobre “La Novela en América Latina” entre Vargas
Llosa y García Márquez. Leer aquí.
A Fidel Castro (2009) “El Fidel Castro que yo conozco”.
Leer aquí.
A Mario Firmenich, exjefe guerrilleiro arxentino e un dos
fundadores da organización “Montoneros” (1977). Leer aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario