domingo, 16 de xuño de 2013

Manuel Ferrol, un dos nosos.

Recordo da nosa historia non tan distante, lembremos que fomos un pobo emigrante e téñamolo presente nas nosas relaciones cos inmigrantes que residen no noso país


por abc

Nacido nun faro do fin do mundo (Cabo Vilán) e testemuña dun mundo desaparecido, Manuel Ferrol, un dos poucos fotógrafos ó que Franco dedicou unha fotografía (e o único que conseguiu as fotos dos cásquellos de bala con que mataron a un dos oficiais do Santa María secuestrado polo mítico comandante Galvao), algunhas rúas levan seu nome en Galiza e é que Manuel Ferrol tivo unha vida moi interesante, da que se podería facer unha película, observou o duro traballo da súa familia e como il mesmo conta “mi infancia, inmersa en la natureza, quizás contribuyese a mi mirada a través de la cámara sin yo saberlo”, o feito de vivir nun faro preto do mar farao espectador directo de numerosos sucesos. Por exemplo, cando tan só tiña 12 años, presenza en moitas ocasións os corpos dos “paseados” do 1936, tamén conta como lle impresionaban os cadáveres dos naufraxios que ían parar á costa, feitos que aportarían a vida unha mirada sensible que máis tarde verase reflectida nas súas imaxes testemuña de grandes acontecementos históricos, algúns deles moi tráxicos como a Guerra civil ou a emigración galega… Pero pasou á historia polo segundo máxico no que captou a imaxe máis universal do éxodo Galego. Esa foto (que en 2007 cumpriu medio século e inmortalizou cen anos de dor en Galicia) ten dado a volta ó mundo e converteuse na icona universal da emigración e do porto de A Coruña, unha das portas galegas á aventura transoceánica do século XX.



Con vinticinco anos trasladase A Coruña fai estudos na Escola de Náutica, carreira que abandona pola paixón, a fotografía.

Aínda mozo abre o seu primeiro estudo de fotografía en Betanzos, dedicándose nun primeiro momento a facer retratos de nenos a domicilio, posteriormente trasladarase a Ferrol, conseguindo cada vez encargos e traballos máis transcendentes.

En 1955 regresa A Coruña e a partir deste momento consigue traballar para numerosos xornais como La Gaceta Ilustrada, Arriba… e incluso formará parte do equipo técnico en algunha película.

A pesar de todos estes traballos, un encargo será fundamental para o recoñecemento a nivel internacional da súa obra: en 1957 encárganlle documentar o embarque dos emigrantes galegos na estación Marítima de A Coruña, onde agora se alza o novo Pazo de Congresos, aquí realiza a súa famosa serie Emigración que dará a volta o mundo. A fotografía máis famosa, a imaxe daquel pai e fillo esnaquizados pola dor que Manuel Ferrol retratou aquel 27 de novembro do 1957 é o mellor exemplo do sufrimento e a tristura que produce a emigración, nun momento no que un de cada tres galegos tiña que marchar. Na imaxe vemos un pai que abraza a seu fillo, chorando abatidos o ver á muller deste e irmáns partir, esta imaxe convertese nunha icona da emigración. Por certo, en ocasións reprodúcese eliminando dela ó cura da dereita, suponse que para suprimir unha referencia relixiosa non desexada. Foi feita nunha época tráxica, cando a falta de horizontes empurraron ós galegos a deixar atrás a súa casa, e para o fotógrafo coruñés  "máis cá un Pulitzer". Levouna Isaac Díaz Pardo (segundo contou il mesmo en La Voz de Galicia) a Luís Seoane quen a publicou en xuño do 1958 en “Galicia emigrante”. Oito anos despois publicábase en “Galicia hoy” (Cuadernos de Ruedo Ibérico) xunto outras seis do mesmo reportaxe, e comezou a converterse nunha icona (e denuncia) da emigración galega. Manuel Ferrol coñecería ós protagonistas desta famosa imaxe, moitos anos despois.



Unha época miserable en máis dun sentido. “Yo viajé en algunas ocasiones a bordo del trasatlántico Juan de Garay desde Coruña a Vigo, última escala antes de la travesía a América (contaba Ferrol pouco antes de morrer) y en cuanto el muelle se perdía de vista, todos desaparecían y se hacía un silencio sepulcral. Parecía un barco fantasma. Pero podía ser peor. A muchos de estos pobres emigrantes, que salían por primera vez de su remota aldea, los timaban sin piedad: los tenían toda la noche dando vueltas por la ría de Vigo y los bajaban por la mañana en Cangas, diciéndoles que estaban en América”.

As fotografías que Manuel Ferrol fixo en novembro do 1957 ós emigrantes que embarcaron no Juan de Garay recorreron as principais galerías do mundo. “No siempre con mi nombre (queixábase amargamente Manuel Ferrol). El escritor Blanco Amor las firmó en Buenos Aires como suyas”. 
Pese a celebridade, o fotógrafo coruñés non percibiu unha soa peseta polos dereitos de autor ata os anos 80, cando os investigadores galegos Suárez Canal e Manuel Sendón as recolleron nun libro histórico. As súas fotografías producen sentimentos, trasládannos a diferentes momentos da historia de España, e non deixan indiferente a ninguén, de feito, outra serie das súas fotografías tamén sobre a emigración, é tanto o impacto, que inspirou o malogrado cineasta galego Chano Piñeiro coas películas Sempre Xonxa (rodada en Valdeorras) e Mamasunción. Chano coñecía a historia dunha señora de Buño que se volveu louca despois de anos e anos agardando a seu noivo que partiu mozo para América prometéndolle volver. Cada mañá sentábase na lumieira da porta a esperalo. Manuel Ferrol fotografouna fai moito tempo, cando tiña 66 anos.


Todas estas series fan que Manuel Ferrol comece a labrase un nome no mundo da fotografía e no 1958 vaise a estudar fotografía no Hamburger Photo Schule, e ó ano seguinte consegue ser nomeado correspondente da TVE. 


No 1965 conseguirá mediante unha oposición un posto no NO-DO, isto aínda fará medrar máis as anécdotas que envolven a súa biografía, como reporteiro da vida social da época, conseguindo retratar no ámbito máis cércano da vida de Franco en Galiza.

A personalidade, talento e técnica fan que Manuel Ferrol sexa o único fotógrafo galego que aparece na famosa Historia da Fotografía de Beaumont Newhall. A fotografía sobre a emigración deu volta ó mundo nunha selección dos mellores fotógrafos xunto a nomes como Robert Capa ou Cartier-Bresson.



Manuel Ferrol finou no 2003 a posterioridade recibiu numerosos premios e medallas pola súa traxectoria, a súa obra séguenos emocionando, as súas imaxes quedan gravadas na memoria e acompañan sempre recordando este marabilloso fotógrafo que nunca se sentiu artista pero que estaba moi orgulloso de definirse reporteiro. O 25 de xullo do 2003, o presidente da Xunta Manuel Fraga Iribarne imponlle a titulo póstumo a medalla de bronce de Galicia, medalla de "Os bos e xenerosos".

Os protagonistas da célebre foto (Xan Calo, recentemente falecido, e seu fillo Xurxo, que despedían no 1957 no porto coruñés á nai e dous irmáns) viviron sempre en Fisterra, rodeados nos últimos tempos dun certo resentimento contra o autor da famosa imaxe. 
“Alguien les dijo que yo me había hecho millonario con las fotos y me mandaron un abogado (contaba Manuel Ferrol). Es increíble”. O certo é que o polifacético Antón Reixa reuniunos co fotógrafo cós inmortalizou a finais dos 80 nun programa da TVG ('Sitio distinto') o reencontro estivo constantemente marcado pola tensión.




Ver:
http://www.laopinioncoruna.es/estaticos/domingo/20071028/domingo.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario