xoves, 20 de xuño de 2013

A voltas coa mesma ladaíña

por: abc
A crises económica converteuse nunha coartada para facer propostas de cariz ideolóxico por parte dalgúns políticos. As desigualdades, os recortes, o paro... están levando a moita xente a unha situación de extrema necesidade. A imaxe de persoas rebuscando en contedores e papeleiras tamén se pode ver en España. Este anormal castigo da clase política ten un prezo a nosa esperanza de vida será menor se nos limitan o acceso á sanidade, o noso índice de natalidade baixará si llo poñen máis difícil ás familias, a nosa educación será máis clasista si acaban coas becas…
O desemprego masivo, os drásticos recortes presupostaraos e, sobre todo, os numerosos casos de corrupción e mala xestión do público deixan o campo aboado para propostas populistas con trampa. Porque unha cousa é depurar o gasto público reducindo salarios, (aínda cun recorte moderado) os resultados serán desastrosos para o sistema democrático. Participar en política converterase nunha actividade só o alcance dos máis adiñeirados; e se deixamos as mans libres ós gobernantes reducirase seriamente a capacidade constitucional de controlar a tarefa do Executivo. Haberá máis profesionais da política con soldo, e será máis difícil facer oposición. Consecuencias coas que quizá xa contan de antemán...
España necesita unha profunda rexeneración da vida política; non a súa demolición. A crises económica e a necesidade de axustar o gasto público estase convertendo nunha coartada para facer propostas de cariz ideolóxico por parte dalgúns políticos.

O esforzo individual e colectivo custou e fíxonos pasar a ser un país cun 40% de mozos/as con estudios universitarios, un grande esforzo; se lembramos que no 1975 o 25% da poboación era case analfabeta, esforzo de todos/as, chegar a onde estamos, a pesar do que nos queren facer crer, o noso éxito escolar non pode estar determinado pola clase social, a filla dun campesiño ou asalariado, no 1975 tiña só un 15 % de posibilidades de ter o título de Bacharelato, e ata o de agora, hoxe, as posibilidades de cá filla dun campesiño ou asalariado, teña ese título son do 60%. Non é suficiente, pero é un éxito como sociedade en evolución, e isto non ven dado por graza divina, isto é froito de medidas, de esforzo individual e colectivo…, o avance non é algo natural, a evolución é resultado dunhas acciones e unhas medidas.
Sabedes qué pasa? Que todo isto está en risco, como moitas outras cousas: que nos queren espetar unha lei que machuca a escola, unha lei que queren aprobar que permite a segregación de nenos e nenas… na que rapaces e rapazas con máis dificultades serán abandonados a súa sorte… pasa que están aniquilando a escola e o sistema de becas.

E pasa cá nosa esperanza de vida unha das máis altas do mundo, é porque todos o temos conseguido, non foi así sempre, e non o será se seguen a tomar decisións que lesionan as expectativas de vida da xente.
Ou non afecta que milleiros de pensionistas hoxe non merquen as medicinas que necesitan, senón só as que poden pagar? Supoño estamos de acordo có acceso ós tratamentos adecuados mellora as expectativas de vida. Ou dito doutro xeito, cá imposibilidade de acceso ó tratamento adecuado para as nosas doenzas empeora as nosas expectativas de vida…


Este é o goberno máis reaccionario dende o fin da Ditadura de Franco, está a desmontar o Estado do Benestar e está eliminando a protección social. E está intentando debilitar ós sindicatos e forzando enormes reducións salariais e, agora, as pensións. Nunca antes viramos unhas políticas públicas tan regresivas e tan inimigas dos traballadores como agora. E a resposta das esquerdas é enormemente contida. Só os movementos sociais 15-M e sucesores, responden coa contundencia necesaria, sen excluír a desobediencia civil. É evidente, é necesario un movemento político/social (pode ou non ser partido político) que mobilice os cidadáns en contra do establishment financeiro e político, para recuperar os escasos dereitos democráticos, civís, laborais e sociais que tiñamos e agora están a ser derrubados, a fin de acadar a segunda transición democrática completa e un benestar social aínda limitado.


Todo, todo pode desandarse, todo, se non acaban como están a facer, co noso Estado de Benestar; todo, nosa esperanza de vida, o acceso á sanidade e os medicamentos, reforma da xustiza (pon en perigo a separación de poderes e ataca a independencia xudicial, garantía dos dereitos fundamentais dos cidadáns), reforma da lei do aborto, preferentes, desafiuzamentos... e non só triunfara academicamente quen poda pagalo de acabar coas becas e pondo fin as políticas de apoio… Xa non seguimos avanzando, senón que fannos retroceder.


Ningún comentario:

Publicar un comentario