Igrexa afundida nunha mina de cobre
Miguel
Pardo
Unha pequena vila cuxos recursos minerais foron explotados desde a época
romana, unha antiga mina de ouro pechada hai xa anos, unha empresa canadense
que pretende abrir unha nova explotación, un pobo contrario ao proxecto ante o
temor polas consecuencias medioambientais do uso de cianuro e un Goberno que
declara estratéxica a iniciativa polos beneficios que a minería podería traer a
unha zona rural e afectada pola crise.
Rosia Montana, en Romanía, é o primeiro lugar dun
proxecto que pretende advertir das ameazas megamineiras en Europa
O lugar é Rosia Montana, unha pequena localidade do oeste de Transilvania,
en Romanía, onde o fotoxornalista galego Delmi Álvarez vén de comezar o seu
novo proxecto documental, In the name of Gold,
co que pretende amosar a realidade das ameazas da megaminería de ouro en
varias rexións de Europa, onde boa parte dos cidadáns rexeitan uns proxectos
dos que temen as súas consecuencias medioambientais, así como os
riscos para a súa forma de vida.
"Rosia Montana busca ser a máis grande mina a ceo aberto en Europa,
pero nesta pequena aldea do condado de Albany a maioría das persoas non
queren vender as súas casas e a multinacional canadense Gabriel Resources
atopouse cuns veicños fortes que prefiren vivir sen os residuos tóxicos ao
redor e coidar do gando e continuar coa súa antiga agricultura",
explica Delmi Álvarez na súa páxina web, onde se poden ver xa os seus primeiros
traballos deste amplo proxecto sobre a ameaza megamineira en Europa.
A pequena vila loita contra as intencións dunha
empresa canadense que pretende unha xigante mina a ceo aberto que usará cianuro
Esta zona romanesa é o paradigma, pero as semellanzas con proxectos como o
de Corcoesto son máis que evidentes. Delmi Álvarez tamén así o cre e lembra que "hai algúns outros lugares co mesmo problema de Rosia
Montana, como Galicia, Grecia e Bulgaria, cuxos gobernos pretenden
dar os permisos para abrir minas que utilizan o cianuro até o de agora no
prohibido na Unión Europea". "Pero hai moitas voces que tamén
reclaman que o cianuro sexa declara inimigo para as persoas, o medioambiente e
as persoas", insiste.
O proxecto canadense en Rosia Montana non está culminado logo de que en Romanía xurdise o rexeitamento cidadá máis forte -e non
vinculado directamente coa política- que se lembra no país nos últimos vinte
anos. Desde Greenpeace ata os diferentes colectivos relixiosos,
pasando pola Academia de Romanía, uníronse contra a futura mina, ao tempo que
políticos locais expresan o seu apoio á multinacional ante o empobrecemento da
comarca nos últimos anos. Como noutros moitos lugares.
A oposición ao proxecto mineiro espallouse por todo o
país, que aínda lembra o desastre ecolóxico provocado polo cianuro en Baia Mare
A empresa canadense prevé producir case 8.000 millóns de onzas de ouro (225
toneladas) de ouro e máis de 800 de prata nos vindeiros 17 anos. O proxecto
costaría uns 650 millóns de dólares e implicaría a cración de catro xigantes
minas que cubrirían unhas 205 hectáreas nun lugar con
importantes xacementos arqueolóxicos. A compañía, ademais, promete
inxector catro millóns de dólares na economía romanesa e crear 2.000 postos de
traballo.
Pero a forte oposición ao proxecto impediu polo momento a súa
consolidación, en parte polos recordos que a poboación
romanesa aínda ten do desastre en Baia Mare, hai xa trece anos, onde
unha fuga de cianuro dunha explotación mineira provocou unha enorme
contaminación en varios ríos de Romanía, Hungría e os Balcáns, na que está
considerada a maior catástrofe medioambiental en Europa desde Chernóbil.
Instalacións das antigas minas de ouro en Rosia Montana
Ningún comentario:
Publicar un comentario