domingo, 14 de xullo de 2013

Nueva tarifa Delfín de Rajoy


Ahora que Bárcenas ha liberado su móvil en la portada de El Mundo, uno se pregunta: ¿Alguien sabe qué compañía tiene Rajoy? Es que me parece que los SMS le salen un poco caros. Es inadmisible, si todavía queda alguna operadora de bien en Génova, debería llamarle a eso de la hora de la siesta para decirle que se acoja a la tarifa Delfín, concretamente del fin de su legislatura. La cabecera de Pedro J revela que aunque el Presidente decía que no tenía saldo para llamar a Bárcenas, resulta que Mariano había elegido a Luis para el contrato dúo. Mira que la historia del PP con Telefónica viene de lejos pero promete que después de los últimos prepagos los populares van a tener tarifa plana en los juzgados.
Parece mentira que, siendo el tesorero el que pagaba, Rajoy escribiera unos tristes SMS y no se dignara ni siquiera a llamarle. Lo grato es que, por muy amante de los recortes que es, nuestro máximo dirigente no abrevia en los mensajes. Pero no nos desviemos, no serán los recortes los que dejen colgado al Presidente, y eso que hace ya unos cuantos años que la recesión nos mantiene a la espera. Estoy convencido de que cuando Steve Jobs inventó el iPhone nunca imaginó que la dimisión de Rajoy podría ser su mejor aplicación. En un país con un poder judicial independiente, Don Mariano tendría que explicarle al juez si todos estos años ha estado pagado o fuera de cobertura. Si es lo primero sólo tendrá derecho a una llamada, si es lo segundo a Mariano le debería caer un buen puro por no conocer las tarifas que se manejaban en casa.
Mientras tanto, en el partido del Gobierno, que siempre ha sido más de desviar la línea que de andar comunicando, volverán a sacar a relucir su tono de contestador para argumentar la cruzada que la prensa tiene contra ellos: “hemos hablado de Bárcenas hasta la saciedad”, “la oposición apadrina a delincuentes”, “el PP no es Bárcenas, es Miguel Ángel Blanco”,… Vamos, que si yo fuera programador ya estaría tardando en sacar una edición con gaviotas del Angry Birds. Qué poco saldo tiene ya la bancada del Gobierno. Tú no te agobies, Mariano, cuando quieras hazme una perdida y te explico lo poco que nos queda de permanencia contigo.
14. julio 2013 by Carlos Torres

venres, 12 de xullo de 2013

Van provocando

Jorge Moruno Danzi
Observamos con repugnancia como en la plaza Tahrir se han denunciado cientos de casos de acoso sexual a mujeres. Solemos verlo como algo lejano y ajeno, como si no fuera con nosotros. Se puede alegar que es incomparable, pero de serlo, lo es precisamente porque hay gente, mujeres especialmente, que vienen denunciándolo públicamente y luchando por sus derechos desde hace tiempo, en ningún caso es el resultado de una “evolución natural de la civilización”. El otro día en San Fermín ocultados en la masa, un montón de borrachos aprovechaban para ver si podían tocar una teta en medio de un ambiente decadente. Parece ser que no hay fiestas donde no suceda algo similar: en las fiestas de Sant Joan de 2011 en Menorca, donde una turba aprovechó para manosear a las chicas que estaban a su alrededor, nos recuerda lo vigente que está el sistema patriarcal en nuestras relaciones sociales, llegando a tomar aspectos más que desagradables, pero siempre minimizados, escondidos tras el cachondeo. Esto es un extremo, pero tiene su origen en todos aquellos que rebajan el problema del machismo, cuando su ignorancia les lleva a caer en el ridículo y comparar machismo con feminismo, pensando que esa es una opción moderada. Luego están los Toni Cantó y los que hablan de feminazis, su estupidez supina no merece mayor consideración.
En cada noticia sobre este tipo de cuestiones machistas donde la mujer solo puede ser presentada como un objeto de deseo, salen como setas los que negando ser machistas afirman que no se pueden sacar las cosas de quicio, mostrando que de alguna forma se sienten atacados u ofendidos. Es como si denuncias el racismo y por el hecho de ser blanco te sientes atacado y crees que no es tu tarea tocar ese tema. Son los que buscan excusas para no criticar el problema real y desvirtúan apelando a cualquier tontería o experiencia personal, para matizar que no hay que ser radicales. Otros apelan a la costumbre, a la biología, al “es así de toda la vida”, argumento que se cae por su propio peso y que podría ser aplicado al esclavismo, al pauperismo obrero del siglo XIX, a las colonias etc…

Me cuesta creer que mucha gente acepte como algo normal que una chica “provoque” por el hecho de existir, vestirse de tal forma, estar en un lugar y el momento equivocado, por estar buena, desnuda o lo que sea, cuando es una barbaridad. Al contrario, cuando hablamos de un explotador, una gran empresa, un fondo de inversión que vive a costa de empobrecer a la gente, un cerdo especulador, nos suele costar mucho poder señalar como provocación sus actos y su merecida bofetada en la cara, acoso en su casa y hostigamiento en la calle. La tolerancia para los que crean que hay que poner la otra mejilla, porque hay a veces que ser intolerante resulta ser una profunda muestra de ética humana. No todo es igual, ni todas las ilegalidades pueden ser lo mismo, porque el baremo de la ley omite la desigualdad y la legitimidad de partida: no es lo mismo expropiar alimentos en una cadena de supermercados que robar el dinero de la gente para engordar cuentas privadas. No es humanamente lo mismo agredir a las mujeres por el hecho de serlo, que atacar la luna de un banco. Ciertamente no son iguales, desgraciadamente suele ser más criminalizada la segunda que la primera porque vivimos en el mundo al revés. Tarea nuestra es darle la vuelta y poner a cada uno en su lugar.

xoves, 11 de xullo de 2013

Unha de blues


Unha camiseta, a camiseta co debuxo da serie “The blues”, de Martin Scorsese (*). Si, BluesnoSil sufragase con camisetas, as XL máis grandes da música, qué facedes para ter unha? Aínda que tamén conta co patrocinio dalgúns comercios locais que creen na proposta, a partir deses euros a vontade e o traballo de persoas como Pedro, Emilio e moitos outros comprometidos coas cousas nas que creen, naceu o festival BluesnoSil, que xa suma a súa terceira edición, e é o referente por excelencia do blues na Galiza. Quen non teña alma de blues, que non leve esta camiseta, eu teño ás tres.

O blues aleita as súas criaturas eternamente, estas foron medrando, e foron polo mundo, están nos halls de luxosos hoteis, nos catres ruinosos de calquera pensión ou ciscadas libremente polas pradarías deste mundo dando orixe a novas xentes, agrupadas en torno a familias máis o menos recoñecibles. Gústame o blues porque é un tipo de música que fai sentir cousas que son afines a todo o mundo. Fala das cousas básicas; se estás fodido, pásache algo, ou estás de festa… Cousas que lle pasan a todo o mundo en tódalas partes do mundo. Dentro do blues hai espazo para moverse, pódense tocar cousas que non teñen nada que ver unha con outra. Pódense dar as reviravoltas que queiras, e sen saír do blues facer o show que faga falta en cada momento… Unha jam sessión Vermú? unha master class? unha pulpada? todo iso e moito máis foi Pulpo+Blues en O Barco. É dicir, unha vella semente africana que pode recoñecerse hoxe nos xéneros más dispares.

A música, igual que outras facetas da realidade, esixe o mesmo interese da xente por asociarse e facer cousas en común, igual nos barrios dunha grande cidade que na periferia, caracterizase porque é xente con ganas de facer e escoitar música, non falo dos festivais de Cazorla, Béjar ou Hondarribia, falo de O Barco onde hai un movemento musical importante, falo da Asociación Valdeorras Blues (organizadora do festival), falo de BluesnoSil, falo do único festival de blues de Galiza.

Gústame o blues porque, nos momentos en que necesitas unha boa sobredoses de emoción, é o que máis ma transmite.

Un ano máis, e outro festival, entre os grupos que participaron estaban Booty Sweat (Vigo), The Black Bone (Madrid), (ganadores do concurso Blues de Madrid) substituídos no último momento por  The Duolian String Pickers (Madrid), The Románticos (Guipuzkoa), Txus Blues & Jose Bluefingers (Barcelona), Big Lis & Her Rodmen (A Coruña) e Big Yuyu (Mallorca)… e diferentes actividades relacionadas, como cine, master class, actuacións musicais nas rúas, sorteo de premios, jam sessions e un taller musical a cargo de Booty Sweat ó longo da tarde do sábado. E non e só a música, senón toda unha lección de cómo organizar eventos de máximo nivel cun mínimo de recursos económicos. Dous días de concertos, e de balde, unha organización impecable, inmellorable, para público e artistas, onde nada se deixou á casualidade. Desas cousas ben feitas que non dependen só das subvencións, un traballo do que cree no que fai e faino con pracer.


Big Lis unha alma inocente, transformase sobre o escenario en muller fatal, nun espíritu desbocado de voz desgarrada, aferrase ó micro narrando historias como un griot africano. O blues de Lis swinguea adaptase o ritmo, pelexa cos mosquitos, e si se terza baila, bambea súas cadeiras, ou deixase levar no seu fluír en pos da noite.
Big Yuyu por primeira vez en Galiza! un trío de Mallorca, con tres traballos discográficos e extensa traxectoria baseada no directo, unha das bandas habituais nos escenarios de festivais e clubs de todo o estado. No 2013 arranca e volve ós orixes do grupo para recuperar os mellores temas dos traballos discográficos nun espectáculo cargado de enerxía con sons de Nova Orleáns, Chicago ou Mississippi, e co selo musical da banda, mesturando cancións de grandes clásicos con temas orixinais e un directo contrastado e avalado pola súa xira europea, en escenarios de Inglaterra e Alemaña.
The Románticos, hai grupos ou solistas ós que oes uns poucos minutos e deseguida dáste conta da súa calidade, hai algo no son, na maneira de tocar, nas composicións, que atrae. Non ten por qué ser algo especial ou orixinal, basta con que emocione, faga sentir, para chegar á esta conclusión, merece a pena prestarlle atención ó que estás oíndo.
Txus Blues & Jose Bluefingers, máis de dez anos tocando por todo o estado e con cinco discos publicados, souberon crear un estilo propio e moi particular, amén das súas propias composicións, reconverten calquera Standard de blues, rock, ou calquera outro estilo a un formato partindo do blues acústico, atrévense con tangos, narcocorridos ou calquera cosa que se lles ocorra, transformado todo con moito inxenio, unhas letras (todas en castelán) que desprenden sabor a cómic, ironía, sentido do humor… arrancan dende un sorriso cómplice ata unha gargallada. Seus concertos convértense nunha festa podémolo comprobar nós e os festivais máis prestixiosos: Hondarribia, Cazorla, Cerdanyola, Roses, Antequera, Benicàssim e un longuísimo etc...

O festival abriu o día 4 de xullo coa proxección da película "Crossroads" no Teatro Lauro Olmo, e cos concertos do venres 5 e do sábado 6 de xullo na Praza Andrés Prada, logo no Parque do Malecón, tivemos unha jam coa banda de Vigo Booty Sweat na que participaron músicos e convidados que formaron parte do pasado e o presente de BluesnoSil... gozamos dun aperitivo a base de polbo á feira regado con bo viño de Valdeorras... non importou o abafe, entregámonos ata encarar a recta final... unha forma ocorrente de facer, resulta emocionante e sorprendente ver cómo algún náufrago que quere contar a súa historia denantes de desaparecer no oleaxe…, erguese con forza, conta co apoio de músicos experimentados en outras mil tempestades… e xuntos con habilidade reúnense para celebrar o blues e manterse cando a tempestade medra… xogar con outros estilos… garántese con versatilidade e diversificación nun repertorio en favor do espectáculo, executado en escalas de blues

Agardemos que concertos coma este atraian a novos públicos cara unha mellor comprensión desta música e sirvan de inspiración para os chavos de agora, xa sexa ós que lle guste o rock ou o hip hop, a entender as loitas e o xenio que deu nacemento ó que eles escoitan día a día.




(*) “The blues”, de Martin Scorsese, onde se sumaron Wim Wenders, Richard Pearce, Charles Burnett, Marc Levin, Mike Figgis e Clint Eastwood… facendo un gran traballo de investigación, un documental feito con amor, un anaco da riqueza deste xénero musical que deu orixe a tantas variantes. Todos contan unha parte da historia, de África ós campos de algodón do sur, do delta do Missisipi a Memphis e Chicago e como se espallou polo mundo. Unha obra de arte, un himno a unha forma de música popular norteamericana e africana ó mesmo tempo, unha maneira de contar historias tan universal que ten inspirado a xente máis aló de fronteiras e continúa influíndo na música dos EE. UU. e máis aló.

domingo, 7 de xullo de 2013

Por que a austeridade mata: o custo humano das políticas de recorte


Javier Padilla

"En relación coa saúde, o noso código postal pode ter máis importancia que o noso código xenético"James Marks. Vice-President Robert Wood Johnson Foundation.

A saúde e a enfermidade historicamente pareceron un asunto de cuxa xestión se encargaban principalmente (se non en exclusiva) os traballadores sanitarios, pero a realidade está moi afastada desa visión "sanitariocentrista". Como dixo Rudolf Virchow, médico alemán do século XIX, "o medicamento é unha ciencia social, e a política non é outra cousa que medicamento a gran escala". Esa frase é a elixida por D. Stuckler e S. Basu para comezar o seu libro Por que a austeridade mata: o custo humano das políticas de recorte.


Até agora existía abundante literatura científica acerca dos efectos das crises económicas sobre a saúde das poboacións; a maioría dos estudos afirmaban que as crises por se mesmas non supoñen un factor de incremento da mortalidade global ou de certos grupos de enfermidades concretos (enfermidades infecciosas e do ámbito da saúde mental, especialmente), senón que sería a forma de afrontar estas crises a culpable de que ese empeoramento na saúde da poboación tivese lugar. O libro de Stuckler e Basu serve para profundar no estudo da relación entre como afrontar as crises económicas e os seus efectos en saúde pública, e faino cunha linguaxe facilmente comprensible e sen sacrificar o rigor científico a cambio dunha mellor comprensión.

Poderiamos afirmar que, neste momento, somos suxeitos de experimentación dun medicamento chamado "austeridade"
Os autores do libro afirman que a crise económica que estamos a atravesar nos últimos anos, e a forma na que os diferentes gobernos han ir facendo fronte a ela, supoñen na práctica a realización dun ensaio clínico, de modo que poderiamos afirmar que, neste momento, somos suxeitos de experimentación dun medicamento chamado "austeridade". É importante resaltar que non son só os recortes sobre o sistema sanitario os que supoñen un dano potencial para a saúde da poboación, senón que todas as políticas que redundan nun incremento do desemprego e a desprotección social (especialmente dos máis desfavorecidos) teñen un efecto directo no empeoramento do estado de saúde.


Este medicamento (a austeridade) non só non demostraría efectividade en experimentos anteriores(a Gran Depresión en EEUU, a crise asiática dos anos 90 ou, máis recentemente, o devir da economía e sociedade gregas), senón que ademais demostraría ter consecuencias notablemente negativas sobre a saúde das poboacións ás que se lles administra. Continuando co símil farmacolóxico, poderiamos sinalar que a un tratamento esíxenselle tres calidades para recomendar o seu uso: que sexa efectivo, que sexa seguro e que o seu custo se vexa compensado polos beneficios que reporta. No caso das medidas de austeridade aplicadas a servizos básicos non se demostrou que sexan efectivas (nin desde o punto de vista económico "redución do déficit ou incremento do PIB- nin en variables máis orientadas á poboación "mellora de calidade de vida, diminución do desemprego,"-) e demostraron ser pouco seguras (empeoramento da saúde xeral con especial afectación da saúde mental, incremento no número de suicidios, aumento das desigualdades sociais en saúde, dificultade das clases máis desfavorecidas no acceso ao sistema sanitario,...).

O exemplo máis claro dos efectos en saúde que teñen as medidas de austeridade podemos observalo na destrución da universalidade do sistema sanitario
En repetidas ocasións dise que "non é economía, é ideoloxía"; ideoloxía sen unha base empírica que sustente a aplicación e extensión destas medidas. O posicionamento de expansión do gasto público tamén supón unha visión ideolóxica, que coloca a equidade e o papel de redistribución dos servizos públicos no centro dos obxectivos que han de lograrse co devandito gasto; o que ocorre é que esta posición de fortalecemento dos servizos públicos, en épocas de crises, demostrou non só ser efectiva en termos de conservación e mellora da saúde pública senón, ademais, facer que esa mellora poboacional poida redundar de forma positiva noutros indicadores económicos máis aló da saúde. No noso país, o exemplo máis claro dos efectos en saúde que teñen as medidas de austeridade e de deterioración dos servizos públicos podemos observalo na destrución da universalidade do sistema sanitario e a negación do dereito á asistencia sanitaria normalizada a diferentes colectivos, medida tomada en nome do aforro económico sen existir evidencia empírica que avale ese aforro, ademais de supor un risco para a saúde individual e colectiva.

É necesario seguir as recomendacións da Organización Mundial da Saúde e incorporar a saúde a todas as políticas, tanto no momento do seu deseño como na súa avaliación. Os efectos da austeridade sobre a saúde parecen claros, os efectos sobre a economía van aclarándose tamén" até cando seguiremos permitindo a aplicación de medidas que fan enfermar a nosa saúde (económica e biopsicosocial "tanto individual como colectiva-)?




martes, 2 de xullo de 2013

Facenda rebusca coa pericia dun carteirista nos patrimonios dos Pensionistas

por abc

- Os pensionistas alertan: algúns poderían chegar a pagar máis de 10.000 €.
No caso de moitos deles, reciben a metade da pensión de España e outra, do país cós acolleu para traballar.
- Para a Axencia Tributaria, o residente fiscal en España deberá declarar "as rendas que obteña en calquera parte do mundo".




Isto non hai Díos có entenda! ...80 anos e máis de trinta no estranxeiro, por motivos? Supervivencia!

Xa sexa por información errónea, descoñecemento ou a propósito, moitos emigrantes retornados nunca declararon a Facenda un segundo pagador pese a que estaban obrigados. Pero este ano unha das vías de investigación, o “tema estrela” da Axencia Tributaria centrase nas pensións estranxeiras. Esta revisando dende o 2008, último ano non prescrito, e xa son milleiros os xubilados que están recibindo requirimentos e multas. Non atinan a comprender por qué o fisco fai a vista gorda e promove amnistías de dubidosa legalidade ós poderosos, e ó mesmo tempo rebusca coa pericia dun carteirista nos patrimonios de quen cobra unha modesta pensión do estranxeiro. Todo o mundo temos que contribuír de acordo os nosos ingresos, está claro. Pero a Axencia Tributaria (“Facenda somos todos”) tería que ter explicado as obrigacións mellor a estes contribuíntes. E, xa de paso, poñer máis empeño en descubrir as grandes bolsas do fraude. “O 72% do fraude provócano as grandes empresas, pero o 80% dos traballadores de Facenda dedícanse a investigar a cidadáns medios e pequenas empresas”, afirman os técnicos de Facenda (agrupados no colectivo Gestha).

Nas multas que xa comezaron a impoñer ós retornados que non declararon súas pensións, esténdense incluso entre os defuntos. Facenda está multando a familiares de emigrantes falecidos con sancións de 200 € por cada exercicio non tributado correctamente polo parente retornado… amais a presentación inmediata dunha declaración complementaria polo Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas (IRPF) e o pago de impostos atrasados no caso de resultar positiva.

Como moi ben di un dos afectados, “Estamos de acordo en qué hai que tributar, pero dende agora e sen multas, porque ata este ano dicíannos que non era necesario” “Se hai amnistía fiscal para os que evadiron diñeiro a Suíza, debería haber máis comprensión cos que traballaron alí tantos anos e mandaron para aquí os cartos aforrados”.

Agora a Axencia Tributaria di que sempre foi obrigatorio declarar as pensións estranxeiras e que, máis aló dalgún error puntual, nas súas oficinas non se transmitiu o contrario. Discrepan: “O ano pasado aviseinos de que tiña unha pensión estranxeira e dixéronme que non había que declarala”  Son milleiros os emigrantes, que teñen recibido un rosario de cartas certificadas con linguaxe xurídico, esixíndolle unha corrección nas súas declaracións da renda, que ata o de agora facía unha aplicación informática. Nunca se cuestionou que dita robótica aplicación fixera mal seu traballo, pois fai anos nesas mesmas Administracións asegurou que aqueles rendementos non tributaban.

Para os afectados que menos cobran, o problema non é volver a facer as declaracións dende o 2008 correctamente, senón a multa. Porque en algúns casos a pensión recibida é tan pequena que, de declarala, o afectado non tería que pagar máis. Pero por non facela no seu momento será multado. E esas sancións de catro anos ascenden a varios centos de euros, cantidades importantes para xubilados con pensión mínima.


Preguntémonos por qué a amnistía fiscal non beneficia tamén a eses pensionistas, que cunha información máis clara houberan revisado as súas declaracións, e non serían multados e sinalados agora como viles defraudadores. A transparencia debe comezar pola propia Administración. Segue a valer máis que nunca “a chumbeira da xustiza / non vin cousa semellante / colle os peixes pequeniños / e deixa fuxir os grandes”

Facenda necesita diñeiro, eu son da teoría de “…esto tiene truco!”  España arestora, debido a iso que chaman crises, “ten falla de moito diñeiro” e de paso vender unha campaña de loita contra o fraude fiscal... Que fácil acosar a uns pensionistas que no seu día tiveron que emigrar e traballar moi duro fora. E qué, co que aportaron contribuíron a levantar a este país da terrible miseria provocada por unha das máis inxustas das guerras civís e, da que aínda hoxe temos secuelas. Porque non se meten cos bancos e caixas pola gran estafa das preferentes. Un beneficio para eles do 100x100 máis intereses de anos baseado no roubo ós aforradores.