martes, 14 de maio de 2019

Nicolás Muller

Nicolás Muller foi un fotógrafo húngaro (nado no 1913 en Orosháza, Hungría, e falecido en Andrín, Asturias no 2000) estivo moi influído polas teorías constructivistas Soviéticas da época e polas novas formas visuais que se orixinaron na escola alamana da Bauhaus. Fixo unha fotografía directa, expresiva e social que buscaba retratar ás clases sociais máis desfavorecidas dende un humanismo que puña en valor a forza do cotián.

De familia xudía, no 1938, ó decatarse de que Hitler entrara en Viena, abandonou Hungría e colleu camiño a París, para evitar a fronteira austríaca bordeou o norte de Italia e visitou cidades como Venecia, Padua, Verona ou Milán, onde tomou un tren con dirección á capital francesa. Xa en París entrou en contacto con fotógrafos como Brassaï, Robert Capa o André Kertész e o pintor Pablo Picasso, que lle mercou varias fotografías.

No 1939, a revista France Magazine enviouno a facer unha reportaxe a Portugal, e anque logrou tomar fotografías de Coimbra o Porto non poido rematar o traballo porque foi detido pola policía de Salazar obrigado a abandonar o país negándolle o visado.

Ante o avance dos nazis e o risco da II Guerra Mundial, Müller decidiu dirixirse a Tanxer (Marrocos), unha cidade que neses momentos estaba gobernada por un protectorado do que formaban parte Bélxica, España, Estados Unidos, Francia, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Unión Soviética e Italia, e na que se respiraba un gran ambiente de creatividade e liberdade. Na cidade marroquí entrou en contacto coa comunidade xudía que se tiña establecido alí fuxindo do nazismo. Estivo 9 anos nesta cidade, traballou nun estudio de fotografía propio e colaborou con diferentes revistas e xornais.

En Tanxer coñeceu ó asturiano Fernando Vela, secretario de José Ortega y Gasset, e gracias a el expuxo traballos en Madrid e entrou en contacto coa Revista de Occidente. Por outra parte, la revista Mundo Hispánico organizoulle unha exposición na que se amosaban retratos de intelectuaiss españoles que fixera realizado meses antes: Ortega y Gasset, Azorín, Gregorio Marañón, Camilo José Cela, Graciela Chacón, Fernando Vela…

Ó remate da II Guerra Mundial, en concreto en 1948, decidiu establecerse definitivamente en Madrid, onde abriu seu propio estudio. Xa pasara unha década dende que abandonou Budapest fuxindo dos nazis. Cun pequeno baúl, una maleta e unha máquina de fotos comezou o exilio por Europa. Deste xeito pasou a formar parte da diáspora dos grandes fotógrafos húngaros (Brassaï, Capa, Kollar…). Na década dos sesenta obtivo a nacionalidade española. Müller fixo toda unha serie de fotografías que tomou nas súas viaxes por España, unha testemuña visual do país dende a posguerra até o desarrollismo, que foron publicadas en libros en colaboración con Azorín, Dionisio Ridruejo, Sainz de Robles, Caro Baroja, Manolo Arce…

Nese viaxe de fuxida do horror, labra seu prestixio como reporteiro e comeza a experimentar coa nova fotografía. Rodeado de intelectuais, Muller convertese nunha referencia. Un fotógrafo moderno. Polo seu estudio pasan os grandes nomes da cultura española do século XX.

Nos anos corenta e cincuenta coas fotografías de rúa, das que é pioneiro, e con algúns dos seus mellores traballos de estudio. O artista e o home comprometido amósanos a realidade.

Descubriu Asturias da man de Fernando Vela, no 1968 constrúe unha casa en Andrín, perto de Llanes, a onde se traslada definitivamente no 1981. Muller seguiu facendo exposicións de fotografía ata a súa morte, o 3 de xaneiro do 2000.




Bailarina Tajara © Nicolás Muller

Resultado de imaxes para nicolas muller










Imaxe relacionada

Imaxe relacionada

Imaxe relacionada

Imaxe relacionada

Imaxe relacionada

Nicolás Muller, Portal Carta de España

Tatouages, Bordeaux, France


Ningún comentario:

Publicar un comentario