mércores, 18 de outubro de 2017

Duras críticas á Xunta por pagar a xornais por publicar a declaración de Feijóo sobre os lumes

Diarios impresos de Galicia e Madrid reciben cartos públicos do Goberno galego por inserir como publicidade, a toda páxina, a declaración institucional do presidente tralos incendios que asolan o país.

http://www.galiciaconfidencial.com/

A Xunta de Galicia e a vella prensa volven exhibir as súas alianzas no plano propagandístico e económico. Desta vez, o Goberno galego e varios xornais tentan sacar rédito da traxedia que asola Galicia pola vaga de incendios; a Xunta, tallada política e os medios que coida especialmente o Executivo de Feijóo con grandes subvencións e campañas publicitarias, tallada económica.

A Xunta pagou a varios xornais por publicidade a toda páxina coa declaración institucional de Feijóo sobre os incendios.

Inserido en páxinas completas de publicidade (a Xunta négase polo momento a revelar o custo), a declaración institucional de Alberto Núñez Feijóo tras os incendios destes días aparece en varios xornais impresos editados en Galicia, pero tamén en Madrid, e en galego nalgúns e en castelán noutros. O texto incide na tese do "terrorismo incendiario" e expresa o apoio ás vítimas e os equipos de extinción de lumes.
Esta descarada campaña para beneficiarse mutuamente —Xunta e prensa tradicional— suscitou xa unha avalancha de críticas en redes sociais, onde son moitas as persoas que expresan a súa indignación ante esta operación propagandística e o beneficio económico que reciben determinados xornais por cartos públicos a conta dunha traxedia da magnitude que está a vivir Galicia estes días.


Ningún comentario:

Publicar un comentario