xoves, 14 de marzo de 2013

Así imaxinaban o futuro fai 100 anos

Durante a Exposición Universal de París no año 1900 editáronse e puxéronse á venda como souvenir unha serie de postais tituladas “En el año 2000”. Tratábase de ilustracións que profetizaban os inventos e avances técnicos que poderían existir na actualidade.
A Biblioteca Nacional de Francia tamén conserva outra entretida colección de postais do 1910 sobre cómo sería a vida nos inicios do século XXI.
E por último, a compañía xermana de chocolates (Hildebrands) que tamén editou no 1900  ilustracións sobre o futuro no ano 2000.

Esta é unha selección das orixinais postais, con curiosas e sorprendentes “visións do futuro”.

Autubus voador (1900)

Hubble? (1900)

Na caza do microbio (1900

Tenis no aire (1900)

Patines motorizados (1910)

Comunicación con imaxes (1910)

A barbería (1910)

O ferrocarril Paris-Pekin (1910)

A televisión (1900)

Paseo submariño (1900)

Cidades con teito (1900)

Vixilancia policial con raios X (1900)

Ningún comentario:

Publicar un comentario