luns, 18 de marzo de 2013

A Nicaragua de Rafael Trobat Bernier


Cantas palabras para explicar unha imaxe, para entender a quen a fixo ou, simplemente para intercambiar inquietudes ou ideas en torno ás imaxes que invaden o mundo.
Hoxe falaremos da obra de Trobat, quen inverteu 18 años en plasmar un impoñente reportaxe con poso humanista da realidade nicaraguana durante a transición, tralo fin da Revolución Sandinista. Son fotografías reunidas baixo o título Aquí, junto al agua. A visión de "un fotógrafo humanista, que parte do sentimento e a emoción".

Rafael Trobat Bernier  (Córdoba, 1965) ten doutorado en Bellas Artes pola Complutense de Madrid, onde traballa como profesor de fotografía. Comparte intereses comúns con Cristina García Rodero, comezou na fotografía como seu axudante en 1990, e a súa maneira de ver e sentir a fotografía: "Ella tardó 16 años en presentar España oculta y yo entre 18 y 19 para este trabajo. Vamos a contrapié de un mundo que va muy deprisa, y más con el desarrollo de lo digital. Y este trabajo exige tiempo. Y también le exigimos al espectador tiempo a la hora de ver la obra". Trobat fuxe do fotoperiodismo que sempre "acota" a imaxe. "Una foto la lees y no tienes certeza. Te creas un cúmulo de interrogantes. Yo invito al espectador a que se invente su propia historia y se sumerja en una fantasía. Hago una foto personal que va más allá de la noticia", reflexiona o autor.
Cando viaxou a Nicaragua por primeira vez, o país cativouno e regresou para captar a súa vida cotián a evolución tralo fin do período revolucionario e facer o análise social que plasma en Aquí, junto al agua. A mestra García Rodero non escatima a hora de afagar o traballo de quen fora alumno: "Rafa ha llegado a un lenguaje propio y creo que es de lo mejor en reportaje no en España, sino en el mundo".

En esencia, as súas fotografías aspiran a propagalos escenarios e as temáticas locais: o tema profundo en toda a súa obra é a vida, tomando o mundo como escenario e o xénero humano como protagonista… un conxunto de fragmentos da realidade que discorre ante os ollos; con isto compón unha narración voluntariamente desarticulada, dende a que se fai visible a complexo orixe das emocións do arredor.
Vendo este feixe de imaxes en branco e negro, a solas e sen presa, a case 9000 km de distancia,  somerxémonos nunha viaxe de ida e volta, polo tempo e os espazos recorridos polo fotógrafo; posible porque estas imaxes ábrennos de par en par a vida real nicaraguana.
Su manera de afrontar el reto es la exposición al otro, lograr la aceptación de su mirada, no imponer, no juzgar, respetar, dejar que cada foto adquiera su aroma negociado en la corta distancia, sin teleobjetivos, sin artificios ni trucos, sin maquillajes, aun cuando en ocasiones sus personajes se escondan bajo una máscara.
Muestran un país apasionado y vital hasta el culebrón, sin complejos estéticos que disfracen la realidad a la mirada ajena, con la autenticidad huérfana de adornos que practica la sencillez. Y se produce el flechazo pasional. (Chema Conesa)

Ningún comentario:

Publicar un comentario