mércores, 1 de abril de 2015

Unha estratexia para desmantelar o ferrocarril público en Galicia?

http://praza.gal/

Esta é a crónica dunha viaxe en tren onde é imposible mercar un billete e onde as persoas que viaxan nel nunca existiron. É verdade que non hai pasaxeirxs nos trens galegos? 
Esta é a crónica dunha viaxe en tren onde é imposible mercar un billete e onde as persoas que viaxan nel nunca existiron. É verdade que non hai pasaxeirxs nos trens galegos?
“É un sábado de maio do 2014. Collemos o derradeiro tren do día. A liga de fútbol, en xogo durante o noso percorrido, atópase no seu tramo final, pero o número de pasaxeirxs é non obstante elevado; e aínda non chegamos a Ortigueira, onde comezarán a subirse numerosas persoas con destino a Ferrol. Nós subimos nunha das paradas anteriores a Ortigueira, onde non puidemos mercar o billete, xa que non hai máquina. No tren sentámonos esperando polx interventorx, que non da chegado. As paradas se suceden e ninguén aparece. Preguntamos a outrxs viaxeirxs: xs que veñen de Oviedo dinnos que teñen billete porque o mercaron en Asturias. Outrxs infórmannos que x interventorx baixou en Ribadeo e que non subiu outrx. Moitxs se atopan como nós. Sen billete e sen saber que facer. Para moitxs é o habitual na liña. Xa están acostumadxs.
Moitas das persoas soben e baixan do tren sen poder pagar, xa que nas súas estacións de saída e chegada tampouco poden facelo. En ningún lugar vai quedar constancia de que esas  persoas fixeron esta viaxe. A xente vai descendendo en Sedes, Narón, Xubia, San Xoán… Nós baixamos na derradeira parada. Ao chegar á saída da estación hai unha barreira onde temos que introducir o billete que non puidemos mercar para poder pasar. Moitos viaxeirxs atópanse na nosa mesma situación. Chamo x xefx de estación, quen me indica que colla o billete nunha máquina expendedora. Perplexo, collo o meu billete premendo na máquina a miña parada de orixe. Se quixera podería ter marcado coma orixe San Xoan, a parada anterior a Ferrol, para pagar menos porque ninguén o controla. 
O persoal da estación tamén certifica o que din xs pasaxeirxs: que a ausencia de interventorx é unha situación habitual, e é mais corrente entre Ferrol e Ortigueira, precisamente o tramo con máis demanda e ocupación, e que é responsabilidade e decisión da dirección de RENFE, que non quere poñer persoal nestes trens. A causa disto a descoñecen, pero evidentemente sinalan que cren que é unha estratexia para desmantelar os trens e que se non o fixeron o outono pasado foi porque unha serie de alcaldes afíns ao goberno se rebelaron. Pero que os horarios e as ordes de supresión xa estaban dadas…“

un/unha viaxeirx
Segundo o Ministerio de Fomento, a ocupación media da liña rexional Ferrol-Oviedo é do 3% 
Segundo o Ministerio de Fomento, a ocupación media da liña rexional Ferrol-Oviedo é do 3%. Nas proximidades de Ferrol, onde funciona como servizo de proximidade, é moito máis alta, aínda que descoñecemos os datos oficiais. Pero estes datos “oficiais” non son certos por mor dunha “non oficial” estratexia da dirección da propia compañía que non contabiliza persoas e que lle impide ter beneficios… ou será solo incompetencia?
A persoa que realizou a viaxe non queda rexistrada en ningures. Para RENFE esa viaxe nunca tivo lugar. Desta forma RENFE pode alegar que na referida estación de Moeche non se soben viaxeirxs e así argumentar que se pode pechar
Se un/unha viaxeirx da liña Ribadeo – Ferrol toma o tren en, por exemplo, Moeche e se baixa en Narón é moi probable que non poida mercar o billete da viaxe: na estación non hai despachos; e no tren non existen máquinas expendedoras de billetes. Tamén é moi probable que x interventorx non viaxe no tren, xa que a súa presenza está suxeita “a criterios de dispoñibilidade”, segundo informa a compañía, que na práctica quere dicir que habitualmente non o hai. Se x interventorx non viaxa no tren, ninguén poderá facilitarlle un billete á persoa que viaxa. Deste xeito esta non poderá pagar e tampouco quedará constancia algunha de ter realizado dita viaxe.
Así pois con este modus operandi que leva a cabo RENFE:
1_A persoa que realizou a viaxe non queda rexistrada en ningures. Para RENFE esa viaxe nunca tivo lugar. Desta forma RENFE pode alegar que na referida estación de Moeche non se soben viaxeirxs e así argumentar que se pode pechar.
2_A persoa que fixo a viaxe non puido mercar o billete porque non é materialmente posible. Desta forma RENFE pode argumentar que a liña é deficitaria.
A estes dous puntos pódese engadir un terceiro: 3_Os horarios son escasos e os que hai non serven para que as persoas traballadoras poidan ir traballar, o estudantado ir ao instituto, á universidade,… RENFE non ten interese en facer un estudo de mobilidade para definir cales son os horarios máis convenientes e que tamén son os mis rendibles, malia a ser un tramo de alta ocupación.
É unha estratexia para desmantelar o tren, para buscar escusas, ou solo unha absoluta falla de interese por xestionar o ferrocarril e por dar un servizo eficaz e útil as persoas?
Hai pouco máis dun ano RENFE elaborou un “Plan de racionalización de servizos ferroviarios“ que suprimiu e recortou as liñas consideradas deficitarias ou con pouco viaxeirxs en Galicia, pechando ata 56 estacións. A desculpa de RENFE para suprimir paradas e liñas foi a falta de viaxeirxs, suprimindo as paradas con menos de 1 viaxeirx ao día e deixando cun único servizo diario ás paradas con entre 2 e 5 pasaxeirxs ao día. Mais, como fixo ese reconto de viaxeirxs RENFE? Seguiu os criterios de disponibilidade que está a aplicar na liña de Ferrol-Oviedo? É unha estratexia para desmantelar o tren, para buscar escusas, ou solo unha absoluta falla de interese por xestionar o ferrocarril e por dar un servizo eficaz e útil as persoas?
Se atendemos ao que aquí investigamos, parece que non é a falta de viaxeirxs o problema do tren en Galicia, se non a simple ineptitude… ou quizais unha premeditada vontade de acabar co servizo público…
Segundo os nosos cálculos, o resultado da viaxe foi que case o 80% dxs viaxeirxs non foron contabilizadxs, a mesma porcentaxe de billetes que non se venderon, coa conseguinte falta de ingresos para manter o tren. Así é fácil dicir que o tren en Galicia non ten pasaxeirxs e non é rendible economicamente e deste xeito poder suprimilo na próxima ocasión.
O resultado da viaxe foi que case o 80% dxs viaxeirxs non foron contabilizadxs, a mesma porcentaxe de billetes que non se venderon, coa conseguinte falta de ingresos para manter o tren
É esta unha estratexia premeditada para desmantelar un Servizo Público rendible e moi usado (malia as súas escasas frecuencias)? ¿É o mesmo que está a acontecer noutros eidos?
(Por certo, nas dúas últimas viaxes que fixemos no tren Vigo-A Coruña, no derradeiro tren do día, tampouco pasou o interventor…)

Ningún comentario:

Publicar un comentario