E si a Rajoy os cidadáns
lle dirán outra maioría absoluta (?), nestes momentos o PP aínda acumula.
Cada día que pasa
achegámonos máis... A maior cota de poder que tivo nunca un partido na
democracia española. Un enorme poder que encarna repartir entre seus amiguetes toda
unha serie de 'mamandurrias' e prebendas a xeito de cargos e carguiños, que serven
como eficaz imán para manter enlazado ó partido. Se nas autonómicas e municipais
se produce a desfeita que todos temen, as ratas comezarán a fuxir da adega e acantoarán
a Rajoy coma se fose un apestado. A actual situación pola que pasa o PP nestes
momentos, xa lle pasara á UCD no 1982 cando perdeu as eleccións fronte ó PSOE,
e estalle a pasar UPyD. Igual cá UCD de Suárez, este PP non é un partido propiamente
dito, senón unha asociación de proveitos que en canto corren o menor risco foxen
en desbandada buscando salvalos mobles.
Obrigado Rajoy a estarricarse
ven de convocar nestes días un conclave ou concilio de rancios personaxes…, qué
pode pasar por esas cabezas, por ónde sairán para defender un partido non xa
corrupto ate as entrañas, senón que minte máis que fala, inútiles ate máis no
poder, e cun 95 % dos asesores de Ministros dunha incompetencia como non foi
vista na vida... Un Rajoy que non sacou aprobado nas enquisas en toda a
lexislatura, sen precedentes na democracia española, un presidente que dita
políticas que logo corrixe fundindo a ministros, un presidente carente de graza,
empatía e percepción, experto en quietude, inanición, esperar, diferir, aplazar…
SEN FACER NADA, só contar nubes.
Unha
representación persoal da idea dos neoliberais, inerte, valeira que non
responde a nada nin a ninguén por máis artigos que se enchan, onde no interior a
maquinaria segue contando o tempo, este é sen dubida Rajoy. Coma se o mundo
exterior, deste lado non existise, il habita no seu interior da nada, onde o absurdo
e o incomprensible son as respostas que se oen a través dos cristais do plasma catódico
onde mora a portón pechado do universo paralelo, obviedades que avergoñarían a
calquera minimamente formado.
Agora ven escenificando
un número que consiste en facer crer ó público cá crises xa rematou e facendo
malabarismos de menos ingresos, menor cotización social e menor recadación
fiscal.
Agora xa temos
ensinado ó burro (o do xitano) a deixar de comer, agora xa só queda que morra...
"dejen de enredar y ocúpense de ganar las elecciones". Ate as próximas eleccións, onde os problemas das anteriores (o incumprimento
electoral anotáselle á maquinaria) substituída por un novo incumprimento (cun
emprego que non crea riqueza nin resolve as necesidades nin dos traballadores
nin do país) que fai imposible outro emprego e outro tipo de produción: A lata seguira
pechada e sen abrelatas. Algúns xa estarán buscando acubillo en empresas
privadas ou empresas públicas, saben cós días de viño e rosas rematan.
Eu anótome ó
novo, son así, arriscado vaime a aventura e a curiosidade polo descoñecido. Agardo
atinar. Xa vos contarei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario