martes, 7 de abril de 2015

O nome é: Beneficencia

Outra vez a Sanidade un dereito para nós, un agasallo para eles.

Un sistema de exclusións ignora cá saúde é un dos dereitos humanos básicos recoñecido por organismos internacionais, sábese que un servizo para pobres será sempre un pobre servizo, a non cobertura a grupos de persoas favorece focos de enfermidades infectocontaxiosas e a propagación ó resto da poboación e có fomento da utilización inapropiada dos servizos sanitarios (deixando a asistencia sanitaria a inmigrantes ás urxencias), un custo moi superior, diferir e dilatar a asistencia sanitaria incrementa o gasto.

O Goberno deseña agora unha sanidade de segunda clase para inmigrantes, cun montón de condicións...

Din, desdinse, poñen, quitan, lexislan e invalidan... calquera cousa menos sensibilidade ante o drama da inmigración, calquera persoa sabe que atender a eses inmigrantes en urxencias é máis caro que facelo nos ambulatorios, logo de dous anos o Goberno aínda non deron cifras do hipotético aforro, e de todos xeitos non terán dereito á atención especializada, se cadra, temos que tratar algunha patoloxía que requira estudios complexos, polo que seguiran acudindo a urxencias, unha torpe, insuficiente e tardía medida do PP para recuperar uns poucos votos da "súa" esquerda que se estragarían pola "súa" dereita… quen seca os nosos petos e as cada dia mais escasas arcas do Estado non son os inmigrantes non, son os Blesa, Rato, Matas, Urdangarin e a infanta, Correa, o Bigotes, Camps, Fabra, Granados, Ricardo Costa, Crespo, Baltar, os da Pokémon, Gurtel, Punica, Brugal, Noos, Sonia Castedo, Rita Barberá, Alfonso Grau, Ana Botella… e tódolos empresarios cós corrompen. Non os emigrantes precisamente.

Que dereitos humanos nin hostias?? O caso é manterse na poltrona aínda pagando o caro prezo do descrédito e a contradición. Noxento!


Alguén falou de populismo? A asistencia sanitaria non é un agasallo electoral!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario