Sra. Esperanza Aguirre impídenlle os pobres aparcar? Non hai moitas formas de agochar ós pobres da vista. Os indixentes son feos, os humildes cheiran mal, os pobres estragan a imaxe da cidade. Pero boa parte destes pobres fixéronse coas políticas de desafiuzamentos e algo estaremos facendo mal se un 30% dos españois viven por debaixo da soleira da pobreza, os sen teito son só a parte ás vistas. Se velos nos amola é o mínimo logo das suas vidas esnaquizadas. Ninguén é pobre por vocación, non son modernos que optan por durmir nun cartón na súa concepción filosófica de vida... Son aqueles a quen o sistema en toda súa crueldade inhumana exclúe, son os Carpantas que viven baixo a ponte soñando cun polo e xantaran as súas multas degustando un cartón de Don Simón, deixémonos de parvadas a pobreza non é un problema de estética, o desprezo ó pobre ven do medo a que nós acabemos como eles... ese "desprezo ou fobia" ó pobre, facendo sobre todo referencia a un dobre discurso cos inmigrantes; Messi é tan inmigrante como Mohamed o dos kebabs da miña rúa, pero un é rico e outro aparentemente non… Abrazar negros non custa nada, darlles medios de vida é outra cousa, ademais a liberdade de circulación é un dereito fundamental.
A formación dunha opinión pública desfavorable cara determinados grupos ou colectivos pode facer chaira á distancia social, á privación de dereitos, á segregación, rematar en ataque físico, expulsións masivas, linchamentos ou matanzas. De aí a importancia de defender a igualdade de trato fronte á discriminación... De non ser así remataremos eliminando ós gordos pois afean as praias "y auyentan a los turistas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario