xoves, 9 de abril de 2015

#ImNoAngel: A campaña de lencería que celebra ás mulleres de tallas grandes

A cadea de tallas grandes Lane Bryant fai promoción da liña primaveral Cacique, desafiando a Victoria’s Secret.










A cadea de roupa tallas grandes Lane Bryant lanzou esta semana unha nova campaña denominada #ImNoAngel (#NonSonUnAnxo) para promover a súa liña primaveral de lencería Cacique, desafiando á marca Victoria’s Secret e seus modelos de figuras idealizadas.
Ashley Graham, Marquita Pring, Candice Huffine, Victoria Lee, Justine Legault e Elly Mayday son as protagonistas de #ImNoAngel, campaña que promete rachar en Twitter.
A través de súa páxina oficial de lencería, a marca Lane Bryant invitou a tódalas mulleres a subir un selfie co hashtag #ImNoAngel escrito no espello e así conseguir facelo viral en todas as redes sociais.
No seu vídeo de promoción difundido en YouTube aparecen fermosas modelos de tallas grandes en lencería e lanza unha pregunta retadora “Qué aburrido sería se foramos todos iguais?”.

Esta campaña foi calificada como unha dura crítica á campaña de ‘Corpo perfecto’ que lanzou Victoria’s Secret o derradeiro ano. A publicación Business Insider sinalou que Victoria’s Secret está cada vez baixo máis presión por ofrecer tallas maiores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario