martes, 7 de abril de 2015

A Xunta ve "esaxerado falar de precariedade laboral" no Sergas

David Lombao
http://praza.gal/

Uns 100.000 contratos por días nun ano. Ata 26 contratos temporais nun mes para un só profesional. Contratacións por apenas dous días. Avisos para traballar con menos de 24 horas de antelación. E todo sen xerar nin un só dereito laboral no ámbito da antigüidade ou de descansos entre xornadasSon só algunhas das denuncias lanzadas nos últimos meses por múltiples profesionais do Servizo Galego de Saúdeque, directamente ou a través dos sindicatos e da oposición parlamentaria, alertan dunha "precariedade laboral" que impacta moi directamente nas condicións vitais e de traballo do persoal eventual do Sergas, pero tamén, advirten, na atención aos doentes. Para a Xunta, no entanto, falar de precarización implica "esaxerar".
Despois de que, o pasado novembro, a conselleira de Sanidade incendiase o persoal sanitario ao asegurar que este tipo de contratos por días son "excepcionais" o BNG rexistrou unha pregunta para cuestionala ao respecto. A fin do período de sesións na Cámara forzou a conversión desta pregunta en escrita e a Consellería non a respondeu ata hai uns poucos días. A asinante da pregunta, a deputada Montse Prado, falaba no seu texto de precariedade, destrución de emprego e contratos por días ou horas e, por iso, Sanidade comeza advertindo de que "non podemos compartir o seu postulado" porque "sinxelamente, non se axusta á realidade".
La conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, pasa ante un grupo de trabajadores del HULA efe
Sanidade recoñece 150.000 contratos temporais entre xaneiro e novembro do pasado ano
Partindo desta base o departamento autonómico asegura dispoñerse a "clarexar a situación real". O Sergas, di o Goberno, é "coñecedor da importancia do activo profesional na prestación dunha asistencia sanitaria de calidade" e por iso dende 2009 "incorporou ás súas institucións preto de 4.000 novos profesionais con vínculo de fixeza". Neste contexto, asegura, a "formalización de nomeamentos temporais" faise para "atender as ausencias do persoal de cadro" que se producen con "carácter urxente ou programado". Así e todo, admite, só entre xaneiro e novembro do pasado ano "téñense formalizado máis de 150.000 vinculacións temporais", das que "máis dunha terceira parte" corresponden "a categorías de persoal diplomado sanitario", caso por exemplo da enfermaría.
"Falar de precariedade laboral no noso sistema parece, cando menos, un tanto esaxerado", afirma o Goberno
Con estes feitos sobre a mesa o gabinete de Mosquera chama a "poñer estas cifras no seu correcto contexto". "Convén precisar que máis do 80% do persoal que traballa" no Sergas "ten un contrato estable". "Polo tanto -conclúe- falar de precariedade laboral no noso sistema parece, cando menos, un tanto esaxerado", ao tempo que insiste en que este tipo de contratacións cumpren coa lei e que os chamamentos se producen conforme á normativa vixente e tamén, afirma, conforme aos pactos acadados coas forzas sindicais, algo que estas negan. "O pacto -manifestou e datas recentes María Xosé Abuín, da CIG Saúde- é un instrumento que barema méritos e confecciona listas en función destes", pero "a única que ten competencias para os contratos é a Administración, que é quen decide como, cando e durante canto tempo se fan".

30.000 contratos para un cadro de 5.500 persoas

Este sindicato, precisamente, é o que atribúe a falta de rigor ou ao "descoñecemento da realidade" declaracións como as da conselleira. Para ilustralo pon como exemplo a área sanitaria de Compostela, onde "para un cadro de persoal de 5.500 traballadores e traballadores se fixeron 30.000 contratos no ano 2013", o que "indica ben ás claras o tipo e calidade da contratación que se ofertou ás listas de persoasl eventual". "Non é só que se fagan contratos por días soltos, é que mesmo fan contratos por horas para cubrir ausencias dos titulares", destacan.
Este tipo de praxe, lembra o sindicato, motivou diversas denuncias. Unha delas, a presentada "pola suspensión dun contrato xa ofertado e aceptado" por unha enfermeira avisada "o 24 de xullo pola mañá para ir traballar os días 25 e 26" de 2013. Esta traballadora, "tivo o infortunio de que no accidente do Alvia lle morresen a súa filla e mais o xenro" e o contrato foille suspendido, un "feito vergoñento a todas luces" que "di moito da política de recursos humanos" do Sergas. "Úsase e abúsase deste tipo de contratos" o que impacta de cheo "na calidade asistencial que proclama a propia conselleira", conclúen.
Outras:
"Un persoal estresado e con malas condicións non pode ofrecer unha boa calidade asistencial"
http://praza.gal/movementos-sociais/8367/un-persoal-estresado-e-con-malas-condicions-non-pode-ofrecer-unha-boa-calidade-asistencial/


O Consello da Xunta (non) aproba a radioterapia para Lugo
http://praza.gal/politica/9146/o-consello-da-xunta-non-aproba-a-radioterapia

O deputado popular Moisés Blanco di que o novo TAC do HCV funcionará en xuño

Ningún comentario:

Publicar un comentario