A música, igual que
outras facetas da realidade, esixe o mesmo interese da xente por asociarse e facer
cousas en común, igual nos barrios dunha grande cidade que na periferia,
caracterizase porque é xente con ganas de facer e escoitar música, non falo dos festivais de Cazorla, Béjar ou
Hondarribia, falo de O Barco onde
hai un movemento musical importante, falo da Asociación Valdeorras Blues
(organizadora do festival), falo de BluesnoSil,
falo do único festival de blues de
Galiza.
Gústame o blues porque, nos momentos
en que necesitas unha boa sobredoses de emoción, é o que máis ma transmite.
Un ano máis, e outro festival,
entre os grupos que participaron estaban Booty Sweat (Vigo), The Black Bone (Madrid),
(ganadores do concurso Blues de Madrid) substituídos no último momento por The Duolian String Pickers (Madrid), The Románticos (Guipuzkoa), Txus Blues & Jose Bluefingers
(Barcelona), Big Lis & Her Rodmen
(A Coruña) e Big Yuyu (Mallorca)… e
diferentes actividades relacionadas, como cine, master class, actuacións musicais nas rúas, sorteo de premios, jam sessions e un taller musical a cargo
de Booty Sweat ó longo da tarde do sábado. E non e só a música, senón toda unha lección
de cómo organizar eventos de máximo nivel cun mínimo de recursos económicos.
Dous días de concertos, e de balde, unha
organización impecable, inmellorable, para público e artistas, onde nada se
deixou á casualidade. Desas cousas ben feitas que non dependen só das
subvencións, un traballo do que cree no que fai e faino con pracer.
Big Lis unha alma inocente, transformase sobre o escenario en
muller fatal, nun espíritu desbocado de voz desgarrada, aferrase ó micro
narrando historias como un griot
africano. O blues de Lis swinguea adaptase o ritmo, pelexa cos
mosquitos, e si se terza baila, bambea súas cadeiras, ou deixase levar no seu
fluír en pos da noite.
Big Yuyu por primeira vez en
Galiza! un trío de Mallorca, con tres
traballos discográficos e extensa traxectoria
baseada no directo, unha das bandas habituais nos escenarios de festivais e
clubs de todo o estado. No 2013 arranca e volve ós orixes do grupo para
recuperar os mellores temas dos traballos discográficos nun espectáculo cargado
de enerxía con sons de Nova Orleáns, Chicago ou Mississippi, e co selo musical
da banda, mesturando cancións de grandes clásicos con temas orixinais e un
directo contrastado e avalado pola súa xira europea, en escenarios de
Inglaterra e Alemaña.
The Románticos, hai grupos ou solistas ós que oes uns poucos minutos e deseguida dáste conta da súa calidade, hai algo no son, na maneira de tocar, nas composicións, que atrae. Non ten por qué ser algo especial ou orixinal, basta con que emocione, faga sentir, para chegar á esta conclusión, merece a pena prestarlle atención ó que estás oíndo.
Txus Blues & Jose Bluefingers, máis de dez anos tocando por todo o estado e
con cinco discos publicados, souberon crear un estilo propio e moi particular,
amén das súas propias composicións, reconverten calquera Standard de blues, rock, ou calquera outro estilo a un formato partindo do blues acústico, atrévense con tangos, narcocorridos ou calquera cosa que se lles
ocorra, transformado todo con moito inxenio, unhas letras (todas en castelán)
que desprenden sabor a cómic, ironía, sentido do humor… arrancan dende un
sorriso cómplice ata unha gargallada. Seus concertos convértense nunha festa podémolo comprobar nós e os festivais máis prestixiosos: Hondarribia,
Cazorla, Cerdanyola, Roses, Antequera, Benicàssim e un longuísimo etc...
O festival abriu o día 4 de xullo coa proxección da película "Crossroads"
no Teatro Lauro Olmo, e cos concertos do venres 5 e do sábado 6 de xullo
na Praza Andrés Prada, logo no Parque do Malecón,
tivemos unha jam coa banda de Vigo Booty
Sweat na que participaron músicos e convidados que formaron parte do pasado e o
presente de BluesnoSil... gozamos dun aperitivo a base de polbo á feira regado
con bo viño de Valdeorras... non importou o abafe, entregámonos ata encarar a
recta final... unha forma ocorrente de facer, resulta emocionante e
sorprendente ver cómo algún náufrago que quere contar a súa historia denantes de
desaparecer no oleaxe…, erguese con forza, conta co apoio de músicos
experimentados en outras mil tempestades… e xuntos con habilidade reúnense para celebrar o blues e manterse cando a tempestade medra… xogar con outros estilos… garántese con versatilidade e diversificación nun repertorio en favor do espectáculo, executado en escalas de blues…
Agardemos que concertos coma este
atraian a novos públicos cara unha mellor comprensión desta música e sirvan de
inspiración para os chavos de agora,
xa sexa ós que lle guste o rock ou o hip hop, a entender as loitas e o xenio
que deu nacemento ó que eles escoitan día a día.
(*) “The blues”, de Martin Scorsese, onde se sumaron Wim Wenders, Richard Pearce, Charles
Burnett, Marc Levin, Mike Figgis e Clint Eastwood… facendo un gran traballo
de investigación, un documental feito con amor, un anaco da riqueza deste
xénero musical que deu orixe a tantas variantes. Todos contan unha parte da
historia, de África ós campos de algodón do sur, do delta do Missisipi a Memphis
e Chicago e como se espallou polo mundo. Unha obra de arte, un himno a unha
forma de música popular norteamericana e africana ó mesmo tempo, unha maneira
de contar historias tan universal que ten inspirado a xente máis aló de
fronteiras e continúa influíndo na música dos EE. UU. e máis aló.
Ningún comentario:
Publicar un comentario