por abc
- Os
pensionistas alertan: algúns poderían chegar a pagar máis de 10.000 €.
- No caso de moitos deles, reciben a metade da pensión de España e outra, do país cós acolleu para traballar.
- Para a Axencia Tributaria, o residente fiscal en España deberá declarar "as rendas que obteña en calquera parte do mundo".
- No caso de moitos deles, reciben a metade da pensión de España e outra, do país cós acolleu para traballar.
- Para a Axencia Tributaria, o residente fiscal en España deberá declarar "as rendas que obteña en calquera parte do mundo".
Isto non hai Díos có
entenda! ...80 anos e máis de trinta no estranxeiro, por motivos? Supervivencia!
Xa sexa por información
errónea, descoñecemento ou a propósito, moitos emigrantes retornados nunca
declararon a Facenda un segundo pagador pese a que estaban obrigados. Pero este
ano unha das vías de investigación, o “tema
estrela” da Axencia Tributaria centrase nas pensións estranxeiras. Esta
revisando dende o 2008, último ano non prescrito, e xa son milleiros os xubilados que están recibindo requirimentos e multas. Non atinan a comprender por
qué o fisco fai a vista gorda e promove amnistías de dubidosa legalidade ós
poderosos, e ó mesmo tempo rebusca coa pericia dun carteirista nos patrimonios
de quen cobra unha modesta pensión do estranxeiro. Todo o mundo temos que contribuír
de acordo os nosos ingresos, está claro. Pero a Axencia Tributaria (“Facenda somos todos”) tería que ter
explicado as obrigacións mellor a estes contribuíntes. E, xa de paso, poñer máis
empeño en descubrir as grandes bolsas do fraude. “O 72% do fraude provócano as grandes empresas, pero o 80% dos traballadores
de Facenda dedícanse a investigar a cidadáns medios e pequenas empresas”,
afirman os técnicos de Facenda (agrupados no colectivo Gestha).
Nas multas que xa comezaron
a impoñer ós retornados que non declararon súas pensións, esténdense incluso entre
os defuntos. Facenda está multando a familiares de emigrantes falecidos con sancións
de 200 € por cada exercicio non tributado correctamente polo parente retornado…
amais a presentación inmediata dunha declaración complementaria polo Impuesto
sobre la Renta de las Personas Físicas (IRPF) e o pago de impostos atrasados no
caso de resultar positiva.
Como moi ben di un dos
afectados, “Estamos de acordo en qué hai
que tributar, pero dende agora e sen multas, porque ata este ano dicíannos que
non era necesario” “Se hai amnistía fiscal para os que evadiron diñeiro a Suíza,
debería haber máis comprensión cos que traballaron alí tantos anos e mandaron para
aquí os cartos aforrados”.
Agora a Axencia
Tributaria di que sempre foi obrigatorio declarar as pensións estranxeiras e
que, máis aló dalgún error puntual, nas súas oficinas non se transmitiu o
contrario. Discrepan: “O ano pasado aviseinos
de que tiña unha pensión estranxeira e dixéronme que non había que declarala”
Son milleiros os emigrantes, que teñen
recibido un rosario de cartas certificadas con linguaxe xurídico, esixíndolle
unha corrección nas súas declaracións da renda, que ata o de agora facía unha
aplicación informática. Nunca se cuestionou que dita robótica aplicación fixera
mal seu traballo, pois fai anos nesas mesmas Administracións asegurou que aqueles
rendementos non tributaban.
Para os afectados que
menos cobran, o problema non é volver a facer as declaracións dende o 2008
correctamente, senón a multa. Porque en algúns casos a pensión recibida é tan
pequena que, de declarala, o afectado non tería que pagar máis. Pero por non
facela no seu momento será multado. E esas sancións de catro anos ascenden a varios
centos de euros, cantidades importantes para xubilados con pensión mínima.
Facenda necesita diñeiro,
eu son da teoría de “…esto tiene truco!”
España arestora, debido a iso que chaman
crises, “ten falla de moito diñeiro” e de paso vender unha campaña de loita contra o fraude fiscal...
Que fácil acosar a uns pensionistas que no seu día tiveron que emigrar e traballar
moi duro fora. E qué, co que aportaron contribuíron a levantar a este país da
terrible miseria provocada por unha das máis inxustas das guerras civís e, da que aínda
hoxe temos secuelas. Porque non se meten cos bancos e caixas pola gran estafa das
preferentes. Un beneficio para eles do 100x100 máis intereses de anos
baseado no roubo ós aforradores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario