domingo, 14 de abril de 2013

Hoxe é 14 de abril


Tal día como hoxe celebrase o aniversario da proclamación da II República.
 
Na crises actual e con tódolos escándalos arredor da Zarzuela, graves para a saúde da democracia, o marxe de cómo acaben as imputacións da/o infanta/e, ou a falta de transparencia e resposta ante os abusos, vai marcar, queiran ou non, un punto de inflexión na lexitimidade da Monarquía.


Precisamos dunha renovación cultural e educativa, novas ideas sobre o mundo laboral e democratización das institucións. Facer fronte ós excesos do poder, o establecemento dun Estado laico, o mantemento dos servizos sociais a distribución máis equitativa da riqueza. Unha cultura cívica e participativa, todo isto esta lonxe do marco institucional monárquico e preto da recuperación do mellor do ideal republicano. Facer política sen oligarcas nin corruptos, recuperar o interese pola xestión das razóns comúns.


Nesto, penso eu, consiste a república… De tódolos xeitos non podo imaxinar esta república cun Presidente como Rajoy, ou Aznar, unha Aguirre, un Rato, Fabra, Bárcenas, Mato… un Gallardón… ou noso Feijoo por citar a eses ilustres representantes das ávidas elites do noso entorno político… pero ca abolición dos títulos inmorais e os privilexios de nobreza xa teríamos un bo camiño andado… 


Está disposta a sociedade española a prescindir da institución monárquica, e á apertura dun proceso sen máis límites cós que supón a pertenza á Unión Europea?

Ningún comentario:

Publicar un comentario