Pablo López
Caramelo solicitou o concurso voluntario de acreedores e aplicará un ERE
Coma se dun castelo de naipes
se tratase, o armazón empresarial de Galicia esboróase desde que lle falta o
comodín das caixas de aforros, e arrastra con el decenas de millóns de euros
dunha errada política de axudas públicas. A fusión e posterior desaparición de Caixanova e Caixa Galicia
deixaron a economía galega sen o balón de osíxeno que a viña asistindo, e
probablemente inflando.
A
fusión e posterior desaparición de Caixanova e Caixa Galicia deixaron a
economía galega sen o balón de osíxeno que a viña asistindo, e probablemente
inflando
A relación entre a caída da
efémera Novacaixagalia e Pescanovaé
estreita. Aínda que de forma máis indirecta, outras dúas compañías históricas
do téxtil e a decoración,Caramelo e Pórtico,
cambalean sen o flotador das caixas ao que agarrarse. A semana, que se completa
co anuncio de peche de T-Solar, a segunda maior fábrica de placas solares de
España, non puido ser máis negra para a economía de Galicia, empeñada en
desmentir a mensaxe da Xunta de que capea a crise mellor que o resto.
Pescanova, Caramelo e T-Solar
afunden ademais con inxentes cantidades de cartos públicos nas súas adegas. O
primeiro caso é paradigmático da nova economía postcaixas, que nos anos de
crecemento económico, e mesmo despois, entraron no seu accionariado e apoiaron
a súa política expansiva con créditos xenerosos. Claro que Pescanova non sería
o que é nin tería Manuel Fernández de Sousa ao mando se xa en 1995 o entón
presidente da Xunta, Manuel Fraga, non rescatara ambos con 7.000 millóns de
pesetas (42 millóns de euros) das arcas autonómicas, ante o intento de compra
pola multinacional Unilever. Noutras moitas axudas en 2004 chegarían outros
cinco millóns de euros para ampliar a súa factoría central e despois un plan
acuícola á medida.
En Caramelo, que o 15 de abril
solicitou o concurso de acredores, non cae só o diñeiro das caixas ou o que o
multimillonario Manuel Jove obtivo da venda de Fadesa, senón tamén o da Xunta, que posúe o 7,5% do
capital e senta no seu consello de administración. Esta semana
sóubose que o concurso de acredores solicitado por T-Solar leva o peche da súa
planta nas inmediacións de Ourense.
Nacida ao amparo das primas ás
enerxías renovables e en alianza de Isolux con caixas de aforro, o seu peche
enterra decenas de millóns de euros de fondos públicos dun proxecto que naceu
ao amparo do Goberno bipartito. No caso do Grupo Pórtico,
o principal acredor chámase Novagalicia, o banco herdeiro das caixas, que non
está en condicións de ser xeneroso na renegociación da débeda.
Cando
Jove decidiu entrar en Caramelo a finais de 2008, fíxoo co apoio de 30,5
millóns de euros do bipartito, 27 deles en créditos e avais e o resto,
directamente ao capital
Cando Jove decidiu entrar en
Caramelo a finais de 2008, fíxoo co apoio de 30,5 millóns de euros do
bipartito, 27 deles en créditos e avais e o resto, directamente ao capital. Poucos
meses despois emprendía o seu primeiro ERE, de 237 traballadores. En 2010, xa
con Alberto Núñez Feijóo, a Xunta do PP inxectou outros 5 millóns de euros máis
vinculados ao mantemento dos postos de traballo. Tratábase de internacionalizar
a empresa, pero o modelo Inditex só lle funciona a Inditex, o xigante galego do
téxtil que aguanta impasible no medio do ciclón. A débeda recoñecida de
Caramelo ascende a 100 millóns de euros, o 43% dela cos bancos. E si, en
efecto, Novagalicia encabeza de longo a lista dos acredores.
Aínda que a marca Pórtico poida
resultar menos coñecida que Caramelo, o seu volume de emprego é moito maior:
850 traballadores fronte aos 132 da compañía de Manuel Jove e a Xunta. Claro
que 500 deles están nas súas
casas desde o ERTE de setembro. A crise sorprendeu a
empresa cando comezaba a afrontar un investimento de 20 millóns de euros nun
almacén robotizado, neste caso sen axudas públicas de ningún tipo. A débeda
agora supera os 30 millóns de euros, segundo fontes sindicais, difícil de
afrontar cando a caída do consumo se traduce nunhas perdas de ao redor dos 10
millóns de euros anuais. Con todo, a compañía está empeñada nunha difícil
negociación cos bancos para tratar de saír adiante.
T-Solar, da que a Xunta posúe o
29%, chegou a dar emprego a 250 persoas na súa fábrica do Parque Tecnolóxico de
Galicia (San Cibrao das Viñas, Ourense). O pasado mércores, presentou un ERE de
extinción para os 170 empregados que conserva, despois de continuados
expedientes temporais e de solicitar o concurso voluntario de acredores. O fracaso da compañía é o
fracaso das renovables, pero tamén o dunha política económica de axudas
multimillonarias sostida por distintos gobernos da Xunta.
O golpe
de graza á fábrica de paneis solares deullo o decreto de Rajoy que eliminou xa
por completo as primas ás renovables. Esta vez non houbo a máis mínima crítica
desde o Goberno galego
Cando se creou, en 2007, o
Executivo de Emilio Pérez Touriño -amigo íntimo de Luís Delso, presidente de
Isolux- non o dubidou: 13 millóns de euros en axudas, cinco millóns ao capital
social (dun total de 17,5) e un aval de 10 millóns. As caixas, antes da fusión,
sindicáronse para conceder préstamos por outros 20 millóns. O Goberno central
sumouse á festa de T-Solar: 6,4 millóns de euros do Ministerio de Economía, 2,6
millóns de Educación, 7 millóns de Industria... A Deputación de Ourense achegou
o seu gran de area, en forma de 100.000 euros. E cando o Goberno de Zapatero
comezou a retirarlles as primas ás renovables, entre grandes críticas de
Feijóo, a Xunta achegou cinco millóns de euros máis.
O golpe de graza á fábrica de
paneis solares deullo o decreto de Rajoy que eliminou xa por completo as primas
ás renovables. Esta vez non houbo a máis mínima crítica desde o Goberno galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario