sábado, 23 de xuño de 2012

TELMO MARTÍN GONZÁLEZ sospeitoso construtor, amigo de Mariano e de Feijóo


Que é Telmo Martín Gonzalez, (Meaño 16 de agosto do 1958). Como outros moitos galegos á idade de 14 anos emigrou a Frankfurt, onde traballou tres anos no sector da siderurxia. De regreso en 1978 fundou a empresa 'Hierros Santa Cruz'. Logo no 1990 creou a empresa 'Construcuatro', dedicada á promoción e construción. Ata fai uns meses foi conselleiro delegado da empresa, na cal posúe o 33% das accións.
  
O aterraxe nas escuadras do PP comezou no 1987, concorrendo ás eleccións municipais en Meaño polo PUM (Parroquias Unidas de Meaño), formación creada por un grupo de veciños.

No 1997 foi elixido presidente do PP de Sanxenxo, centro de operacións das vacacións de Mariano, o estadista. Nas eleccións municipais do 1999 foi elixido alcalde, catro anos despois, en maio do 2003, revalidou a maioría absoluta.

En xullo do 2006, da un novo paso e logra que Mariano o desígne candidato á alcaldía de Pontevedra. En decembro dese ano, tras deixalo en bancarrota, renunciou o seu cargo de alcalde de Sanxenxo.

O 27 de maio do 2007 a súa candidatura gaña as eleccións municipais de Pontevedra co 44,2% dos votos, conseguindo 12 concelleiros, seguido do candidato do BNG, que tivo 7 e un 28% dos votos, o PSOE logrou 6 edís, pero ambos aliáronse e impediron ó construtor Telmo alzarse coa alcaldía.

En outubro do 2007 a Consellería de Vivenda da Xunta abriulle expediente de sanción a dita empresa, o haber indicios suficientes de ter cobrado sobreprezos en vivendas protexidas. Sobreprezos que quedaron gravados en conversacións ordenadas polo xulgado, está metido en todo tipo de bulleiros xudiciais por construcións ilegais.

O 22 de maio do 2011 repetiu como candidato. Un pacto entre BNG e PSOE déixao por segunda vez fora do goberno municipal. 
Trala nova derrota, Telmo anunciou que non sería candidato ás eleccións municipais do 2015, e que continuaría o fronte do PP de Pontevedra, ata co partido lle permitira poñer en marcha a  sucesión. Meses despois Mariano novamente tivo a ben designarlle o número 4 das listas o Congreso dos Deputados pola circunscrición de Pontevedra. O 25 de marzo do 2012 abandona o posto de portavoz municipal no Concello de Pontevedra para dedicarse o seu escano no congreso e de paso supervisar os seus negocios. Salvo error u omisión, é o deputado no Congreso que declara máis accións, inmobles e diñeiro en metálico.

O edificio de Telmo, o dos toldos a pe de praia.

En xullo do 2011 o Tribunal Supremo declara ilegal un edificio construído pola promotora da que era socio e que tiña levantado un luxoso edificio de seis plantas xunto á praia de Silgar, famosa pola concentración de veraneantes e elevado prezo da vivenda. Alí reservou un piso con dúas terrazas o propio Martín. O problema é cá obra non respecta os 20 m legais de separación mínima da costa. A ONG Salvemos Pontevedra denunciouno e a propia consellería comezou a tramitar un expediente sancionador, que propuxo impoñer unha multa de 3,05 millóns de euros e a demolición do inmoble. O informe no chegou o Consello da Xunta, competente para resolvelo, porque López Veiga paralizouno. Salvemos Pontevedra levou o asunto ó Tribunal Superior de Xustiza, que anulou o acto do conselleiro nunha sentencia que ratifica agora o Supremo. O primeiro fallo obrigaba a retrotraer o expediente ó momento da proposta de sanción, o que na práctica significa cá Xunta debe decidir qué facer co inmoble. A resolución do Supremo, datada o 22 de xullo, fai seus os argumentos do Superior. O Supremo rexeita os argumentos de Construcuatro para tombar a resolución do Superior. A suposta vulneración das leis administrativas despáchaa como argumento "artificioso". A empresa alegaba có acto do conselleiro non era radicalmente nulo senón subsanable. O Supremo quítalle importancia e alega cá sentencia previa non se basea nesa distinción e engade que en calquera caso o acto non se corrixiu, e "debe ser expulsado do ordenamento xurídico e anulado". En Novembro do 2011 o goberno de Feijóo decidiu "amnistiar" a Telmo e arquivalo expediente sancionador.

Agora na casa do trileiro Feijóo, o mellor amigo de Mariano, o hoxe deputado por Pontevedra, ve como nestes días pechase o círculo xudicial e en breve terase que explicar ante a Sala II do Tribunal Supremo por un asunto que coñece ben: apaños urbanísticos á carta e previo pago.

Mariano con Telmo, seu ‘amigo del alma’ e sospeitoso habitual.

Toda España e tóldalas embaixadas saben que Mariano sigue mudo sen dar pau a auga. O que se cuadra coñécese menos é que Mariano ten un “amigo del alma”, como diría Camps, que se chama Telmo Martín González. En resumen, Mariano rodease do máis distinguido da provincia e comparte mesa e cartel cun tipo que é algo máis que un sospeitoso habitual, de vocación construtor a tempo completo. Cousas de Mariano.

PD. Imaxinade nun momento como estarían xa ladrando polos currunchos os Arenas/Pons/Cospedal se, en vez de ser protagonista desta historia o Presidente do Goberno, foran ZP ou Rubalcaba. Pensade…

Ningún comentario:

Publicar un comentario