sábado, 23 de xuño de 2012

EuroVegas



Se o sentido común ou a pouca dignidade política que nos queda non o remedian teremos en España, dentro duns anos, un xigantesco parque temático de ludopatía, prostitución de luxo e branqueo de capitais. O fin xustifica os medios, deben de pensar os rateiros políticos que nos malgobernan para dar paso a ese pretensioso macro-puti-club del xogo, da man do magnate Sheldon Adelson, o Don Corleone do invento. Recordade, en calquera lugar do mundo onde existen este tipo de complexos faraónicos hai unha sólida implantación de redes mafiosas do crime organizado, que controlan á prostitución, o tráfico de mulleres, os inmigrantes e, cómo non, o narcotráfico. Así que resulta un tanto curioso, aínda que non sorprendente, có xefe de la policía catalá (ás ordenes dese “demócrata” con tufo a fascistoide chamado Puig) dixera que este EuroVegas non vai ser un foco de delincuencia en Cataluña (diríao porque eles ían a ter traballo arreo facendo redadas contra a mafia e a prostitución, co consecuente incremento de nóminas, que en tempos de crises agradecese).

Pero cál é o perfil do individuo que quere instalar un megaprostíbulo do xogo en Madrid ou Barcelona (?) Sheldon Adelson un xudeu sionista mafioso pertencente o sector ideolóxico máis ultra-dereitista de EEUU, que ten no seu poder un imperio denominado Las Vegas Sands, que opera como unha verdadeira multinacional do crime organizado. Adelson está sendo obxecto de investigación federal polas autoridades norteamericanas baixo as acusacións de corrupción e de se relacionar coas chamadas “tríades” chinas, en España os demagogos de sempre (que non son outros cá clase política) danlle vía libre para que promova neste país unha segunda versión macrohortera das Vegas. Un tipo, este Adelson, que parece “sacado directamente das películas de Scorsese”. Seu ideario non deixa lugar á dubida cando este facinoroso xudeu afirmaba en Forbes “dáme medo a redistribución da riqueza porque é o camiño cara o socialismo”. Un fanático de extrema dereita arribista que baseou a súa fortuna en establecer estreitos vínculos co peor (se hai algo bo) da clase política norteamericana e xudía. O escritor italiano Mario Saviano, experto na mafia do seu país (está ameazado por elo) xa deixou claro que se aproban EuroVegas e este vai a parar a territorio catalán, “Cataluña convertérase oficialmente no centro de reciclaxe mafioso de Occidente.”.


Pero non todos son detractores. Os maiores activistas e avalistas deste pendello obsceno… Adiviñan quen son?. Sí, atinaron, señores neo-feudais que ostentan o poder económico/financeiro, Efectivamente, hai dous inenarrables personaxes, Esperanza Aguirre, en Madrid e Duran i Lleida en Cataluya que teñen sinalado algo que se nos tiña escapado a nós, pobres incautos, cidadáns incrédulos, revoltosos a que exista prosperidade económica no noso estado a conta do Il Capo Adelsone. A condesa do pobo madrileño afirma que EuroVegas sería un “parque temático de adultos (sic) que no va a ser tan sórdido como lo pintan” (xa se encargarán eles de dulcificalo e convertela euromafia do xogo en Eurodisney), mentres o seu colega catalán non se corta a lingua, non. Segundo Lleida, EuroVegas “traería prostitutas de lujo a Cataluña”, e sentenciando a continuación: ”Se puede rechazar un proyecto que crearía puestos de trabajo?”. Temos lixeira sospeita de que este señor é asiduo ós prostíbulos cataláns.

O que pretende facer o Padriño das Vegas Sands en España excede con creces o bandidaxe político e supón unha intromisión chantaxista nas leis españolas. As condicións impostas por Don Adelsone aseméllanse máis ás dun paraíso fiscal, a un Estado delincuente dentro de outro Estado que á implantación dun negocio limpo. Por citar algunhas: impago das cotas á Seguridade Social, exención de impostos municipais e vantaxes fiscais de tipo inmobiliario; solicitude de avais o Estado para conseguir préstamos por máis de 25 millóns de euros; expropiación de terreos modificando, se procede, a zoa reservada a vivendas de protección oficial; usurpar o uso do chan polo curso dos anos; abolición dos convenios colectivos existentes no Estatuto dos Traballadores; modificar a lexislación para facer máis doado o branqueo de capitais; eliminación da lei antitabaco así como autorizar a entrada de menores no fortín ludópata. Xa me diredes se non é tan abominable como perseguible penalmente. Aínda que Montoro, o capataz do Ministerio de Facenda, xa dixo cás reformas lexislativas son boas se con elo se crea emprego, en alusión directa o futuro Miami Vice español. Adelson e os seus secuaces deben estar fretándose as mans e os petos coa compra de vontades políticas. PP e CiU, como contrapartida, obterían (quén o dubida?) unha boa saca de dólares para as súas campañas electorais. Nunca se estivo máis preto da servidume.

A gran escusa sobre a que se vai a montar este circo de delincuencia cheira que apesta: estase pregoando un bulo sobre a creación de máis de 260.000 postos de traballo que non se sostén de ningún modo, porque ten tódalas trazas de ser unha cifra inflada e irreal, una operación de propaganda política para enredar o persoal en tempos de crises. E, por outra parte, hai que recordar que non todo é lícito na creación de emprego e máis se o é en condicións de semiescravitude e servindo ó lucro dun sucio negocio. Neste gran prostíbulo do xogo só se arruinarán as vidas duns pringaos (cómo sinalaba Robert de Niro en Casino), que irán a deixar a conta corrente en mans dun delincuente internacional. E o que é peor, coa colaboración explícita duns políticos mestres en fomentar un modelo de desenrolo económico e urbanístico compatible coa corrupción, só que aquí terán o estimulante engadido dunhas glamurosas putas de alto standing, de mafiosos e matóns coidando da esterqueira, xogos amañados, máquinas comecartos trucadas, croupiers robotizados e un desfile en serie de ludópatas. Fagan xogo señores! …e perdan na ruleta rusa do capitalismo máis sórdido. Gaña a mafia ou a Banca.

"Lo importante es que el proyecto EuroVegas venga a España". Esperanza Aguirre

Ningún comentario:

Publicar un comentario