por abc
Mariano Rajoy primeiro mandatario da etapa democrática que chegou ó Goberno co síndrome de Moncloa incorporado. En realidade esa doenza ten razóns para o disparate de quen alcanza altas cotas de mando, aquel Mariano Rajoy que chamou "bobo solemne" a Zapatero, caracterízano a arrogancia, o exceso e a fuxida da realidade con maior ou menor intensidade dada a súa capacidade intelectual... galo no emiciclo que en canto sae do anonimato, da súa cátedra, das súas oficinas, asáltao a inseguridade, case a desconfianza na propia valía, as derrotas electorais fronte a Zapatero …esa longa espera! xúrdelle agora esa nube de aduladores a maioría esperado sacar proveito, circunstancia que prefire non advertir. Neste momento invádeo a soberbia.
Está seguro. Ten así unha exaxerada confianza en sí mesmo, xa non escoita nin a asesores nin ós cidadáns, créese en posesión absoluta da verdade e capacidade para facer e desfacer segundo a súa vontade e non recoñece erros. No se digna a dar rodas de prensa e, cando tardiamente comparece, fai gala dunha insólita prepotencia que evidencia aínda máis as súas carencias. Nun pobre discurso de pretendida sinxeleza.
O cristianismo, fala e opón sanción á soberbia en forma de "pecado" capital. Recorda que es mortal, pero o coro de aduladores e súa propia vaidade seguen arrolando ó líder na gaiola de ouro, aínda que a deriva dos feitos sexa evidente e na rúa palpite a indignación, a desesperanza ou a resignada apatía. Rajoy, créndose aínda investido para unha misión histórica conferida a un ser superior agora saltase o Debate sobre el Estado de la Nación o que demostra a súa "alerxia" e "desprezo" o Parlamento… Sr. Rajao non recordas, "Yo SIEMPRE VOY A DAR LA CARA y no me voy a esconder. Voy a decir la verdad aunque duela y voy a llamar al pan, pan y al vino, vino" Galo de curral …como Dios manda!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario