por: abc
Quinto ano da crises,
cheo de sobresaltos que poñen en cuestión o bo nome das entidades, xeran
desconfianza na seguridade da acción e arriscan dar con elas en terra. A
xestión da crises de Bankia
parece estar ditada por criterios
contrarios: rumores, noticias, máis rumores, máis noticias, dimisións,
declaracións, suposicións, xiros repentinos, propostas contraditorias. Un
espectáculo de desconcerto e improvisación que mostra a particular torpeza dos nosos
gobernantes.
Bankia foi
nacionalizada, pero non no sentido en que puidera ser estratéxica para a
xestión financeira, senón porque será o Estado, cos nosos impostos, quen a
saneará. Para vendela de novo a bo prezo nun futuro non moi afastado. Outro
exemplo máis de privatizar os beneficios e socializar as perdas. Porque, quén
lle pedirá a Rodrigo Rato e outros directivos de Bankia que devolvan as millonarias retribucións que obtiveron da
empresa cando esta non tiña con qué pagarlles? Ninguén.
Xa nós gustaría que
Rajoy se fixera un pouco socialista e incluso se animara a nacionalizar servizos
esenciais para el cidadán, como auga, gas, electricidade, empresas que se están
a forrar a pesar da crises, e non esperar a que se arruínen para facelo. Ou declarase
a ensinanza pública, sen distingos nin subvencións a concertadas ou relixiosas
e foramos todos iguais coas mesmas oportunidades, como afirma Rajoy. Ou a
sanidade, que se acabaran os negocios de privatizala. Teríamos atopado un
Presidente serio.
Foder, qué difícil
entender isto de Bankia. Por un lado
alégraste crees cá nacionalización supón unha certa socialización, e imaxinas
que van despedir ós moi numerosos e escandalosamente retribuídos conselleiros.
A estas
alturas ninguén sabe con exactitude cal é a situación real do cuarto banco
español que, ata a data, o parecer, non rendeu cumprida conta da súa acción. En
36 horas Rato estaba na rúa e seu 'efémero delfín' limitouse a transferila no mesmo acto o Estado. Por qué non fixo a
transmisión o propio Rato? Probablemente porque era contrario; e deixa unha
declaración triunfalista, 'Bankia
está en perfecto estado de saúde e non precisa intervención algunha'.
Encima Gorigolzarri, (o efémero delfín), sostén que non se pode gobernar a golpe de sustos, como fai este Goberno, e engade, cá reforma financeira non servirá para que aflore o crédito, que é o obxectivo principal, parece, da economía. E se non vai a haber crédito, para qué sirve todo isto?
Encima Gorigolzarri, (o efémero delfín), sostén que non se pode gobernar a golpe de sustos, como fai este Goberno, e engade, cá reforma financeira non servirá para que aflore o crédito, que é o obxectivo principal, parece, da economía. E se non vai a haber crédito, para qué sirve todo isto?
E os 10 millóns de clientes, 22.000 empregados e 400.000 accionistas aterrorizados… Certo
é cá dereita non nacionaliza senón que privatiza os beneficios. Son as perdas as
que socializa e iso fíxoo agora. Se o diñeiro público que se aporte é ou non a fondo perdido é unha
discusión trivial; ao longo, será a fondo perdido e, en todo caso, no estará
dispoñible agora para situacións de crise. Será temporal ata cá saneen e logo
volve a mans privadas 'amigas'…
Aquí poderemos contemplar cómo a dereita española, de tan delicada sensibilidade nacionalista ante ós monicreques de Canal+ Francia e ás decisións soberanas de Arxentina, irá vendendo parcelas significativas das empresas españolas.
Aquí poderemos contemplar cómo a dereita española, de tan delicada sensibilidade nacionalista ante ós monicreques de Canal+ Francia e ás decisións soberanas de Arxentina, irá vendendo parcelas significativas das empresas españolas.
A intención do goberno, así
está na norma, é devolver á iniciativa privada as entidades intervidas e
nacionalizadas tan pronto estean saneadas. Isto non o fan cas pequenas, as
medianas nin sequera as grandes empresas. Pero sí cos bancos... A cuestión neste
caso é cómo se sanea. Da a impresión de cá banca trata de descargar todo seu volume
enfermo de ladrillo no Estado. Isto quere dicir descargar as perdas sobre a
sociedade no seu conxunto, xa que, obviamente, o único modo que ten de
liberarse da acumulación del ladrillo é deprimindo o mercado da construción e a
vivenda nos próximos anos. É dicir, o resultado da socialización das perdas de Bankia, aparte de resolver o problema desta,
é xerar un novo conflito social entre oferta e demanda de vivenda en propiedade
ou aluguer.
Conseguir có que se
nacionaliza se manteña no ámbito público e non sexa reprivatizado cando volva a
xerar beneficios mentres a sociedade sigue pagando polos errores (ou as
ilegalidades) de outros, é algo que porá a proba a nosa forza.
Para pechar o tema, e non
pecar de cansiño gustaríame facer unha reflexión coa que formular una serie de
preguntas para as cales, por ignorancia ou pola pouca transparencia da clase
política, non consigo atopar resposta. A miña rixidez mental impídeme ver máis
aló do que considero un saqueo á cidadanía, un atentado contra os principios dese
libre mercado culpable de tódolos males do mundo. A pesar do torrente de
noticias sobre a intervención de Bankia,
poucas dan resposta ó cá xente da rúa (votantes) queremos saber. Nun Estado de
dereito as nosas cacholas inquedas van dunha fonte de información a outra, e preguntámonos:
1. Cómo é posible que unha
empresa como Bankia, tan harmoniosamente
saneada e co respaldo de toda unha clase política, se atopase tan podre e ninguén
dixese nada? Calquera podería cavilar ca súa saída a bolsa non foi máis cunha escura
estratexia para trincar e deixar ós accionistas co cu ó aire.
2. Se como
contan as finanzas públicas van tan mal, e necesitan recortes en educación, privatizacións
en sanidade, subidas de impostos, servizos públicos en caída. Onde van sacar eses
millóns cos que agochar o cheiro a ladrillo? E Rajoy insiste ‘no se usará dinero público’, qué máxica
estratexia teñen trazado?
3. En relación coa
anterior: fusiónote, aválote, reestrutúrote… pero o burato real tranquilamente
pasa dos 100.000 millóns. Entón, para qué lle imos dar 10.000 a fondo perdido?
Iso para ir tirando, pero logo como a un ionqui, o corpo pídelle máis. Por qué temos
tan pouco pudor tirar os cartos públicos?
4. Sobre a dimisión de
Rato e nomeamento de Goirigolzarri. Tera que ver nesto, que fai uns meses o soldo
de Rato se recortase dos 2.300.000 € ós 600.000 actuais? Forzouse a marcha para
non relacionar o PP con un ex-PP?
5. E remato, a mellor. A
pregunta que se fai todo o mundo. A única pregunta cunha resposta poderosa, que
podería acougar os berros dos que esiximos cambios no sistema. Se todo se fixo
tan intencionadamente mal en Bankia,
por qué non se depuran responsabilidades e metemos a uns cantos no cárcere? Por
qué os responsables vanse de rosiñas cos petos cheos?
Non sei que máis contar,
a verdade. A economía de mercado e a Constitución española permíteno, o Estado
pode tomar cartas en todo o que afecte o interese xeneral. Por certo, á Igrexa tamén
se podería nacionalizar. Aí sacábamos unha pasta. …o cepillo para eles. Qué pracer
que Rajoy se fixera humano!
MORALEJA: Cando ó meu
veciño Manolo, que ten tenda, se lle podrecen as leitugas asume os custes… se
os banqueiros meteron os cartos en ladrillo porque non asumen tamén os custos…
Ningún comentario:
Publicar un comentario