martes, 22 de maio de 2012

Señor Dívar: un bo católico.

O ‘caso Divár’ da argumentos o crecente rexeite do abuso e privilexios do poder.

Este país é unha república bananera, un tipo de réximes xa desaparecidos...  O ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, felicitase polo arquivo da denuncia. O centrista do PP, cada día máis escorado á dereita, de onde procede, subliña que tanto o CGPJ e Dívar saíron “fortalecidos” do normal funcionamento do Estado de Dereito. Gran fortaleza, Sr. Gallardón!

Comecemos, pois, coa explicación. Neste caso, a denuncia partiu do vocal do Poder Xudicial, José Manuel Gómez Benítez, quen conta ata vinte viaxes (vinte!!), repartidos en fins de semana de ata catro días (catro!!), feitos por Carlos Dívar a Porto Banús e costeados polo erario público.

Os gastos que cargou Dívar por estes “viaxes oficiais” foron 18.000 €. A estas alturas; o presidente do Supremo cualificounos de “unha miseria”. Ben, pois a Fiscalía decidiu que non merece a pena investigar se estes viaxes foron oficiais ou non, porque a normativa do Consello Xeral do Poder Xudicial di que “las justificaciones de viaje se realizan sin necesidad de hacer constar el motivo concreto de la actividad que provoca el desplazamiento”. Por tanto, da por suposto có viaxe é oficial porque o pagou o Consello. Polo tanto, pagar algo non oficial sería ilegal a todas luces. E, por tanto iso non podería ser, e non mereceria a pena investigar eses viaxes (...) Caso pechado. Vinte viaxes. Cánta actividade do Supremo e do CGPJ en Porto Banús!!


 O malgasto (despilfarro) é censurable, sexa ou non delituoso.

Ou sexa, que non habendo investigación fiscal algunha, si sabemos que Dívar foi, durante vinte viaxes a Marbella ó longo de tres años. Sabemos amais que se instalou en hoteis de luxo, en Porto Banús, acompañado duns cantos escoltas e sen actos oficiais ós que asistir. Considera Gallardón, por tanto, que eludir a acción da xustiza (cuxa obrigación non é outra que investigar posibles delitos) “fortalece” o Sr. Dívar, o sospeitoso que non se lucra, faltaría máis, é o Estado de Dereito?




Preocupa ver cós altos cargos ignoran a fronteira coa vida privada.

O máximo responsable da Xustiza en España o Sr. Dívar. Sairía “fortalecido” se, manifestara que estaba disposto a demostrar cá acusación de Gómez Benítez era falsa ou mal formulada. Iso “fortalecería” o número 1 do Supremo e do CGPJ. Sen embargo, os feitos non se desenrolaron así. O escurantismo xudicial suple unha vez máis á transparencia democrática. Lamentable, pero certo.

Quen teme a verdade…
O secretario xeral do Consello, Celso Rodríguez, ao que o fiscal lle solicitara unha certificación de cós viajes eran oficiais, negouse a facelo. Qué teme, pois, Dívar, incapaz de predicar co exemplo e de abrilas portas a unha investigación rigorosa, contrastada e fiel á realidade dos feitos? Se non teme a verdade, por qué a oculta co apoio de non poucos colegas e da dereita xudicial e política?

Mediron coa mesma vara a Garzón…
O que esta pasando recorda o golpe do Supremo o xuíz Baltasar Garzón, dándolle a volta, claro esta. Entón a maquinaria da xustiza, controlada polos falcóns xudiciais, coa Falanxe e manos limpias por medio, tentou arrasar a Garzón, cuxo principal pecado fora investigar a trama Gürtel. Conseguiron case cargalo e deixárono, polo de agora, nun degradante fora de xogo.

No caso Dívar esa mesma maquinaria, ou similar, pretende salvar a honra do presidente do Tribunal Supremo e do CGPJ. Claro que, guste ou non, Dívar é un representante inequívoco do que cabe definir como dereita xudicial, mentres que Garzón é un representante da esquerda xudicial. O que nos caera enriba cando o PP aplique a súa reforma xudicial á medida dos intereses políticos conservadores!!

Xa sabedes. Non hai ningún caso Dívar... Si houbo, só estivo nas súas falseadas mentes de cidadáns. A Fiscalía do Supremo decidiu pechar o caso dos viaxes marbellíes sen xuízo nin maior investigación.

Non fai falla citar inservibles e sisudas xurisprudencias de Dereito para entender... é que podedes estudar seis anos de Dereito Romano, que nunca estaredes ben preparados para entender os mecanismos da Maxistratura española. Vaia por dinte o respecto ás decisións xudiciais en democracia, eh?, no vaia alguén crer que non son un neno bo que sabe dicir a coletilla biempensante.


Rescátennos xa, por favor.



Ningún comentario:

Publicar un comentario