mércores, 30 de maio de 2012

Sr. Rajoy:

por:abc

España esta coma o Presidente "grogui", silencios covardes nas rodas de prensa, comparecencia fachendosa, distante e fría do novo responsable de Bankia, desplantes a opinión publica "Bankia ira al parlamento cuando sea oportuno" do escorado Gallardón, non comunican, agóchanse e desvelan erros de concepción, falta de estratexia, de forma, non basta con "Estoy haciendo lo que hay que hacer, estoy convencido" xustificarse e buscar culpables, a súa tarefa non é facer só o que debe, senón o necesario, o que convén o efectivo… E que o entendamos… Porqué, os pitos na copa do rei, rexeitar o IBI a igrexa, Xibraltar español, así non... Esta a quedarse só… e vaise quedar máis… o futuro xa é un enigma carente de interese… e, o presente Sr. Mariano coa súa incapacidade de iluminar e acender esperanza encamíñanos a un escurecemento peor có de Zapatero…

Están conseguindo que ninguén crea nada da economía española. Vostedes agravan coas dubidas, a desconfianza esta en máximos.

Ninguén esperaba, aló menos eu, có seu goberno Sr. Rajoy arranxara isto con rapidez, problemas como o paro ou o déficit público… Pero o que empeza a ser unha sorpresa é, cós indicadores de confianza empeoraran a vertixinosa velocidade.

"No va a haber ningún tipo de rescate a la banca española" non sexa tan táxante Sr. Rajoy… tampouco subiría os impostos, nin abarataría o despido, nin daría diñeiro público os bancos, non subiría o IVE… e rematou dicindo "Haré lo que tenga que hacer, aunque no me guste y aunque haya dicho que no iba a hacerlo" chámelle como queira Sr. Rajoy pero acabaremos intervidos, senón estamos xa… Explíquese Sr. Rajoy, non agarde que escampe, as isóbaras indican que caera auga a chuzos, anunciase borrasca, colla o paraugas… se cadra xa chove sobre mollado, sobre as bágoas dos desesperados.



Ningún comentario:

Publicar un comentario