xoves, 17 de maio de 2012

Eu son

Mercedes Queixas


(I)
Eu son da xeración nada nos finais dos anos 60, daquela que chegou in media res a todo, ao principio do fin dalgúns medos encarnados nos nosos superiores e ao inicio da apertura reticente a un mundo novo, ansiado e temido, ao tempo, por descoñecido. A luz da liberdade das palabras que prendía no misto do futuro inmediato apremiaba, mais, con todo, engulía rescoldos no branco e negro que necesariamente tiña que se mudar en gris. O SI afirmativo instalábase para desterrar o perenne e inmorrente NON prohibitivo e censurador.

E tocounos medrar apalpando cambios que non comprendiamos, mais que percibiamos nas olladas de esguello combativo e nos falares ás veces calados ou enmudecidos en clarificadores ombros que se erguían interrogantes entre dúbidas non verbais. Porque na nosa presenza había que albiscar demasiada roupa a clareo. Olladas adultas flotantes, suspensas nas imaxes do Parte informativo diario e na regalía das 625 líneas dominicais. Inocencia infantil pendente da sucesión de capítulos que, a por aquela única oferta televisiva (TVE), obrigaba a viaxar lonxe e acordar puntualmente cada semana nos idílicos Alpes, da man de Heidi primeiro, para despois continuar en desacougante peregrinaxe emigratoria grazas a Marco, desde os Apeninos até os Andes.

Foi grazas a moitas palabras comprometidas de quen nada sabiamos, que clamaron sen tregua, como puidemos criarnos paseniñamente na palabra libre e no pensamento diferente. Os sacrificios e renuncias doutros, invisíbeis, inexistentes para moitas e moitos de nós ou ocultos, convertéronse nas nosas opcións abertas e mais en vitorias herdadas de mans xenerosas, que nos abrían de verdade ao mundo do respecto e da tolerancia nun territorio aínda en reconstrución emocional e, por que non o dicirmos, tamén nacional.

Eu son desa xeración que puido crebar as fronteiras do acceso minoritario e elitista ao coñecemento, que continuou a acrecentar saberes, a reforzar a formación académica máis aló da estrita obrigatoriedade e acceder á Universidade con maior facilidade, grazas ao apoio económico dunha cobertura pública solidaria coas rendas máis baixas; a conxugar, en definitiva, a autosuperación en primeira persoa, individual e colectiva, para orgullo de nais e pais. Porque ás fillas e fillos da clase traballadora tamén se nos recoñecía o dereito a estudar!

Eu son desa xeración á que o servizo público, sustentado na cidadanía, avalou o seu progreso educativo para facer avanzar a xénese familiar, porque a ética da conciencia colectiva apremiaba para que cada xeración tivese unha calidade de vida maior á precedente. Eu son desa xeración que abriu portas e deitou barreiras psicolóxicas, minoritarias e minorizadoras, para exercer profesionalmente no noso propio país e axudar a mellorar o rumbo dunha historia que debiamos construír radicalmente xusta, igualitaria e equitativa.


(II)
Eu son da xeración nada nos finais dos anos 60, daquela que chegou in media res a todo, ao principio do fin dalgúns medos encarnados nos nosos superiores e ao inicio da apertura reticente a un mundo novo, ansiado e temido, ao tempo, por descoñecido. A luz da liberdade das palabras que prendía no misto do futuro inmediato apremiaba, mais, con todo, engulía rescoldos no branco e negro que necesariamente tiña que se mudar en gris. O SI afirmativo instalábase para desterrar o perenne e inmorrente NON prohibitivo e censurador.

E tocounos medrar apalpando cambios que non comprendiamos, mais que percibiamos nas olladas de esguello combativo e nos falares ás veces calados ou enmudecidos en clarificadores ombros que se erguían interrogantes entre dúbidas non verbais. Porque na nosa presenza había que albiscar demasiada roupa a clareo. Olladas adultas flotantes, suspensas nas imaxes do Parte informativo diario e na regalía das 625 líneas dominicais. Inocencia infantil pendente da sucesión de capítulos que, a por aquela única oferta televisiva (TVE), obrigaba a viaxar lonxe e acordar puntualmente cada semana nos idílicos Alpes, da man de Heidi primeiro, para despois continuar en desacougante peregrinaxe emigratoria grazas a Marco, desde os Apeninos até os Andes.

Foi grazas a moitas palabras comprometidas de quen nada sabiamos, que clamaron sen tregua, como puidemos criarnos paseniñamente na palabra libre e no pensamento diferente. Os sacrificios e renuncias doutros, invisíbeis, inexistentes para moitas e moitos de nós ou ocultos, convertéronse nas nosas opcións abertas e mais en vitorias herdadas de mans xenerosas, que nos abrían de verdade ao mundo do respecto e da tolerancia nun territorio aínda en reconstrución emocional e, por que non o dicirmos, tamén nacional.

Eu son desa xeración que puido crebar as fronteiras do acceso minoritario e elitista ao coñecemento, que continuou a acrecentar saberes, a reforzar a formación académica máis aló da estrita obrigatoriedade e acceder á Universidade con maior facilidade, grazas ao apoio económico dunha cobertura pública solidaria coas rendas máis baixas; a conxugar, en definitiva, a autosuperación en primeira persoa, individual e colectiva, para orgullo de nais e pais. Porque ás fillas e fillos da clase traballadora tamén se nos recoñecía o dereito a estudar!

Eu son desa xeración á que o servizo público, sustentado na cidadanía, avalou o seu progreso educativo para facer avanzar a xénese familiar, porque a ética da conciencia colectiva apremiaba para que cada xeración tivese unha calidade de vida maior á precedente. Eu son desa xeración que abriu portas e deitou barreiras psicolóxicas, minoritarias e minorizadoras, para exercer profesionalmente no noso propio país e axudar a mellorar o rumbo dunha historia que debiamos construír radicalmente xusta, igualitaria e equitativa.


(III)
Eu son dunha xeración que aprendeu a ler nas voces e pensamentos impresos dos nosos escritores e escritoras, que recuperaron para nós a literatura oral popular e colocaron no escaparate da denominada literatura culta un abano creativo rico e comprometido, onde a lingua de noso é irrenunciábel e, polo tanto, visíbel na diversidade lingüística e literaria do mundo. Porque non nos sentimos nin queremos que se nos vexa coma aquel Balbino-ninguén que acordou hai 50 anos neste país empobrecido, que non pobre!

Eu acompaño hoxe unha sociedade que maioritariamente acredita nos valores que nos identifican como pobo sen complexos e que rexeita, desde a razón argumentada, as agresións que o goberno galego actual está a amparar e promover contra a lingua galega, anulando até a extenuación a súa presenza na Administración, reducíndoo vertixinosamente no ensino e alentando decadentes prexuízos lingüísticos desestruturadores da sociedade galega, capaz historicamente de convivir desde a harmonía respectuosa verdadeira, nas súas propias diferenzas.

Antonte e onte foron outras persoas as que reaxiron contra os que Castelao cualificou como imperialistas fracasados ou Manuel María retratou como desertores repelentes desde a vocación de señoritos; hoxe somos nós os que tomamos o necesario relevo; existirá un mañá e un pasadomañá que falará de nós como usuarios activos en defensa da lingua galega e garante da súa normalización ad futurum. Somos o que outras persoas defenderon antes por nós. Sen regalías gratuítas. Gozamos dos dereitos humanos e profesionais que alguén vindicou para nós. Velaí o exemplo e a forza. Porque non hai volta atrás para un pobo que se nega a tecer e destecer somnolento o fío de Penélope!

Permitídime, pois, que recupere estes versos do poeta noiés, Antón Avilés de Taramancos, que pechan o poema Fusquenlla:

Terra querida, que sempre chegas tarde
ou chegas antes ou despois da Historia
e andamos foscos no correr do tempo.
Hai que romper, romper agora!



17 de Maio 2012

luns, 14 de maio de 2012

Humor






A voltas con Bankia

por: abc

Quinto ano da crises, cheo de sobresaltos que poñen en cuestión o bo nome das entidades, xeran desconfianza na seguridade da acción e arriscan dar con elas en terra. A xestión da crises de Bankia parece  estar ditada por criterios contrarios: rumores, noticias, máis rumores, máis noticias, dimisións, declaracións, suposicións, xiros repentinos, propostas contraditorias. Un espectáculo de desconcerto e improvisación que mostra a particular torpeza dos nosos gobernantes.


Bankia foi nacionalizada, pero non no sentido en que puidera ser estratéxica para a xestión financeira, senón porque será o Estado, cos nosos impostos, quen a saneará. Para vendela de novo a bo prezo nun futuro non moi afastado. Outro exemplo máis de privatizar os beneficios e socializar as perdas. Porque, quén lle pedirá a Rodrigo Rato e outros directivos de Bankia que devolvan as millonarias retribucións que obtiveron da empresa cando esta non tiña con qué pagarlles? Ninguén.

Xa nós gustaría que Rajoy se fixera un pouco socialista e incluso se animara a nacionalizar servizos esenciais para el cidadán, como auga, gas, electricidade, empresas que se están a forrar a pesar da crises, e non esperar a que se arruínen para facelo. Ou declarase a ensinanza pública, sen distingos nin subvencións a concertadas ou relixiosas e foramos todos iguais coas mesmas oportunidades, como afirma Rajoy. Ou a sanidade, que se acabaran os negocios de privatizala. Teríamos atopado un Presidente serio.

Foder, qué difícil entender isto de Bankia. Por un lado alégraste crees cá nacionalización supón unha certa socialización, e imaxinas que van despedir ós moi numerosos e escandalosamente retribuídos conselleiros.

A estas alturas ninguén sabe con exactitude cal é a situación real do cuarto banco español que, ata a data, o parecer, non rendeu cumprida conta da súa acción. En 36 horas Rato estaba na rúa e seu 'efémero delfín' limitouse a transferila no mesmo acto o Estado. Por qué non fixo a transmisión o propio Rato? Probablemente porque era contrario; e deixa unha declaración triunfalista, 'Bankia está en perfecto estado de saúde e non precisa intervención algunha'.
Encima Gorigolzarri, (o efémero delfín), sostén que non se pode gobernar a golpe de sustos, como fai este Goberno, e engade, cá reforma financeira non servirá para que aflore o crédito, que é o obxectivo principal, parece, da economía. E se non vai a haber crédito, para qué sirve todo isto?


E os 10 millóns de clientes, 22.000 empregados e 400.000 accionistas aterrorizados… Certo é cá dereita non nacionaliza senón que privatiza os beneficios. Son as perdas as que socializa e iso fíxoo agora. Se o diñeiro público que se aporte é ou non a fondo perdido é unha discusión trivial; ao longo, será a fondo perdido e, en todo caso, no estará dispoñible agora para situacións de crise. Será temporal ata cá saneen e logo volve a mans privadas 'amigas'…
Aquí poderemos contemplar cómo a dereita española, de tan delicada sensibilidade nacionalista ante ós monicreques de Canal+ Francia e ás decisións soberanas de Arxentina, irá vendendo parcelas significativas das empresas españolas.

A intención do goberno, así está na norma, é devolver á iniciativa privada as entidades intervidas e nacionalizadas tan pronto estean saneadas. Isto non o fan cas pequenas, as medianas nin sequera as grandes empresas. Pero sí cos bancos... A cuestión neste caso é cómo se sanea. Da a impresión de cá banca trata de descargar todo seu volume enfermo de ladrillo no Estado. Isto quere dicir descargar as perdas sobre a sociedade no seu conxunto, xa que, obviamente, o único modo que ten de liberarse da acumulación del ladrillo é deprimindo o mercado da construción e a vivenda nos próximos anos. É dicir, o resultado da socialización das perdas de Bankia, aparte de resolver o problema desta, é xerar un novo conflito social entre oferta e demanda de vivenda en propiedade ou aluguer.

Conseguir có que se nacionaliza se manteña no ámbito público e non sexa reprivatizado cando volva a xerar beneficios mentres a sociedade sigue pagando polos errores (ou as ilegalidades) de outros, é algo que porá a proba a nosa forza.

Para pechar o tema, e non pecar de cansiño gustaríame facer unha reflexión coa que formular una serie de preguntas para as cales, por ignorancia ou pola pouca transparencia da clase política, non consigo atopar resposta. A miña rixidez mental impídeme ver máis aló do que considero un saqueo á cidadanía, un atentado contra os principios dese libre mercado culpable de tódolos males do mundo. A pesar do torrente de noticias sobre a intervención de Bankia, poucas dan resposta ó cá xente da rúa (votantes) queremos saber. Nun Estado de dereito as nosas cacholas inquedas van dunha fonte de información a outra, e preguntámonos:

1. Cómo é posible que unha empresa como Bankia, tan harmoniosamente saneada e co respaldo de toda unha clase política, se atopase tan podre e ninguén dixese nada? Calquera podería cavilar ca súa saída a bolsa non foi máis cunha escura estratexia para trincar e deixar ós accionistas co cu ó aire.

2. Se como contan as finanzas públicas van tan mal, e necesitan recortes en educación, privatizacións en sanidade, subidas de impostos, servizos públicos en caída. Onde van sacar eses millóns cos que agochar o cheiro a ladrillo? E Rajoy insiste ‘no se usará dinero público’, qué máxica estratexia teñen trazado?

3. En relación coa anterior: fusiónote, aválote, reestrutúrote… pero o burato real tranquilamente pasa dos 100.000 millóns. Entón, para qué lle imos dar 10.000 a fondo perdido? Iso para ir tirando, pero logo como a un ionqui, o corpo pídelle máis. Por qué temos tan pouco pudor tirar os cartos públicos?

4. Sobre a dimisión de Rato e nomeamento de Goirigolzarri. Tera que ver nesto, que fai uns meses o soldo de Rato se recortase dos 2.300.000 € ós 600.000 actuais? Forzouse a marcha para non relacionar o PP con un ex-PP?

5. E remato, a mellor. A pregunta que se fai todo o mundo. A única pregunta cunha resposta poderosa, que podería acougar os berros dos que esiximos cambios no sistema. Se todo se fixo tan intencionadamente mal en Bankia, por qué non se depuran responsabilidades e metemos a uns cantos no cárcere? Por qué os responsables vanse de rosiñas cos petos cheos?



Non sei que máis contar, a verdade. A economía de mercado e a Constitución española permíteno, o Estado pode tomar cartas en todo o que afecte o interese xeneral. Por certo, á Igrexa tamén se podería nacionalizar. Aí sacábamos unha pasta. …o cepillo para eles. Qué pracer que Rajoy se fixera humano!

MORALEJA: Cando ó meu veciño Manolo, que ten tenda, se lle podrecen as leitugas asume os custes… se os banqueiros meteron os cartos en ladrillo porque non asumen tamén os custos…

Antes do sexo, cada un axuda o outro a espirse; despois do sexo, cada un se viste só. Dou a volta e sigo durmindo. Tentarei soñar o sono dos gatos.

domingo, 13 de maio de 2012

El 15M y la composición del aire

Los multitudinarios actos de desobediencia civil, los procesos masivos de participación y decisión horizontal, la reconstrucción de lazos, de sociabilidades... son rasgos de un poderoso movimiento: Primavera Árabe, 15M y Occupy Wall Street. Sin embargo, tras las elecciones del 20N, el músculo –la capacidad de imponer una agenda política– y la potencia que el 15M exhibía parece desinflarse. Buscando, lo situarnos tanto en la coyuntura como en el largo plazo, analizamos el escenario post-29M.
SANTIAGO ALBA RICO


Casi un año después de que se pusiese en marcha el movimiento 15M, es tan difícil negar su relevancia como medir sus efectos. La forma en la que nació, los procedimientos conscientes de auto organización que escogió, su beligerancia antipartidista, su rechazo de todo liderazgo y de toda representación, lo convierten por definición en un movimiento inconmensurable, cuyas propiedades permanecen en el mejor de los casos suspendidas en la atmósfera o disueltas en la conciencia social. ¿Ha logrado cambiar algo el 15M? ¿Ha introducido alguna transformación reseñable? ¿Sigue siquiera vivo? 


Las elecciones del pasado 20 de noviembre marcan sin duda un punto de reflujo importante en su visibilidad inmediata. Como escribí entonces, su potente fuerza deslegitimadora no podía verse de ninguna manera reflejada en las urnas o sólo de manera negativa o incluso paradójica. La victoria del PP, en efecto, es inseparable del estruendoso batacazo del PSOE, indisociable a su vez de la formidable pujanza del movimiento que comenzó en la Puerta del Sol en mayo del año pasado. Podemos decir que, por una contradicción al mismo tiempo dolorosa y prometedora, la mayoría absoluta de Mariano Rajoy y de su demoledor programa económico es el resultado directo del aumento en Es­paña, y no al contrario, de la resistencia contra el neoliberalismo y los mercados. O que la derrota de Zapatero –enunciado de otra manera– fue una derrota de la derecha que el actual marco electoral no podía de ninguna manera ni registrar ni celebrar y que, peor aún, sólo podía entregar a la derecha más extrema. 


Pero esa victoria abrumadora del PP, que agrava sin duda la situación y dificulta las luchas, revela también dos cosas muy importantes. La primera es que, incluso si muchos votos desperdigados han ido a parar aleatoriamente, como partículas cuánticas, a UPyD, el vector ideológico del 15M es claramente de izquierdas y, aún más, anticapitalista. La segunda es que, frente a la indiferencia apolítica de los votantes del bipartidismo español, la política hoy se defiende y reconstruye al margen de las elecciones, en un mundo paralelo donde no puede tener, al menos a corto plazo, efectos en el gobierno. 


La excepción de Bildu sólo pone de manifiesto, una vez más, el carácter excepcional del País Vasco, el único lugar de Europa –anacronismo o vanguardia– donde el electorado está todavía ‘politizado’.




Pérdida de luz 


Tras las elecciones, es inútil negarlo, el 15M ha perdido parte de su capacidad para ensombrecer desde fuera, a partir de la luz que desprendía, un sistema cada vez más incompatible con sus propias promesas y cada vez más intolerante con sus propias víctimas. Como no lo esperaba nadie, se esperó quizás demasiado de él. Como surgió al margen de los partidos y organizaciones tradicionales, escapó y sigue escapando a todas las estadísticas. En su reflujo, ha dejado algunos residuos combativos, como las asambleas de barrio, y alimentado algunos impulsos reactivos, como la “marea verde” o las movilizaciones contra los recortes del PP. 


No se puede fácilmente calcular su influencia, pero es difícil negar que el consistente apoyo a la huelga del pasado 29 de marzo, así como la masiva participación en las manifestaciones convocadas ese día, deben inscribirse en la acumulación sincopada que se inició hace ahora un año y cuya constelación de efervescencias ceñimos con el nombre 15M. La jornada de huelga, que no modificará la política del gobierno, debe convertirse en el contrapunto cinético del 20 de noviembre, en el fulcro de un nuevo impulso que recoja y entrelace de nuevo todas las conciencias activadas durante los últimos doce meses. La propia confrontación debe servir a partir de ahora, a medida que el PP se vuelva más agresivo en términos económicos y más policialmente represivo, para afinar los discursos y coordinar las estrategias.




Consistencia de los impulsos 


Hace unos días mantenía una discusión absurda con un amigo. ¿Cuántas personas hay en España ‘inclinadas’ a la adquisición de un compromiso político firme? ¿Cuán­tos potenciales militantes de izquierdas han producido el 15M? ¿Cuántos de ellos están dispuestos a afrontar los riesgos de la inevitable politización organizada que demandan las amenazas crecientes del capitalismo? Las cifras son también ‘imágenes’ y ninguna de ellas –“3.000” o “3.000.000”– refleja otra cosa que no sea que el estado de ánimo del contable y la sustancia fluida del fenómeno. No hay que hacerse muchas ilusiones. El 15M no ha vencido a los mercados ni detenido los recortes; ni siquiera ha conseguido hacer dimitir a un ministro o un jefe de policía. Pero no puede decirse que no ha ocurrido nada. Inscrito en la misma falla tectónica de la crisis global capitalista que sacude un poco todo el planeta, desde el mundo árabe a Islandia, desde Grecia a EE UU, el movimiento 15M ha servido de levadura de una toma de conciencia transversal y de enlace consciente entre distintas protestas dispersas; ha modificado, por así decirlo, la composición del aire. 


En las situaciones de crisis, no son los datos sino la atmósfera lo que cuenta; cuando se agudizan los conflictos sociales, el destino de una sociedad se juega no en las estadísticas o en los discursos, sino en las emociones inconmensurables de las que se nutren. Lo inesperado del 15M fue que surgiera; pero más sorprendente aún fue que se hiciera las preguntas correctas y que atinara también, de manera más o menos abstracta, con las respuestas correctas. Y que además, de manera muy concreta, construyera los espacios físicos de prácticas solidarias contrarias a la lógica material del capitalismo: la destrucción, el aislamiento, la inmediatez, la digestión. Es la composición del aire la que determina la celeridad y consistencia de los impulsos eléctricos que pueblan la atmósfera. El aire sólo parecía anunciar –como aún anuncia– tormentas de acero y plagas mortales. El 15M no garantiza nada, desde luego, pero su aparición y persistencia dibuja en el aire el embrión de otras fuerzas sin las cuales, no ya la victoria, no, sino la lucha misma es imposible.

xoves, 10 de maio de 2012

Leyendo la prensa


Arturo González

Estaban falseando las cuentas de Bankia, pero ninguno de sus muy numerosos y escandalosamente retribuidos directivos irá a la cárcel, incluidos representantes de partidos políticos, sindicatos y patronal. Se han llevado crudas sus dietas de mera asistencia en orden de los 200.000 euros anuales y tan campantes. Lo importante es continuar en el nuevo Consejo inyectado con miles de millones. Pero ¿por qué no la disuelven si como dicen y no explican dejarla caer sería un drama financiero, pasando a otra entidad los ahorros de sus 400.000 clientes, con un tope de 100.000 euros de garantía, con los de Alfredo Pérez Rubalcaba a la cabeza? Es lo menos que se puede pedir si no quieren seguir choteándose de todos nosotros. Porque ya está bien de estafarnos y crujirnos los huesos. Tiene 38.000 millones de euros sin cubrir y como sea, dicen, hay que salvarla, aunque lo tengan que pagar los pensionistas, los enfermos y los profesores despedidos.
A los 2.000 antidisturbios – qué horrible y exagerado nombre – preparados para repeler a los indignados del 15-M los han equipado con cámaras de vídeo en los cascos para poder grabar e identificar a los manifestantes y comprobar si ofrecen resistencia pasivodelictiva. Han blindado Madrid, como si del Papa se tratara. Libertad sin ira, pero con porras.
Menos mal que los tribunales de Valencia han condenado por torturas a dos agentes de la Guardia Civil, que vejaron, golpearon y humillaron a un sinpapeles. Es espeluznante lo que le hicieron y dijeron: le amenazaron con hacerle ‘mear sangre’ por supuestamente haber robado una cartera en un centro comercial; le golpearon con la porra diciéndole que era una mujer o una maricona; payaso, mentiroso de mierda, que dejase de llorar o le darían una paliza, que no mintiera o le meterían la porra por el culo y se la sacarían por la garganta; y le obligaron a bailar salsa, por su origen cubano.
Pero ¡oh! solo los han condenado a un año y por tanto no entrarán en prisión, y es de imaginar que, por experiencia, pronto los indultarán y podrán reintegrarse al servicio, no van a establecer agravios comparativos. Los pillaron porque a uno de los agentes lo estaban investigando por supuesta vinculación a una red de narcotráfico. Aquí todo está controlado. Como debe ser en un buen estado policial.
Al mismísimo Presidente del Tribunal Supremo lo denuncian por malversación de fondos, acusándole de gastar dinero público en viajes privados de fines de semana a hoteles de lujo y restaurantes caros. Con el gasto añadido, no imputable penalmente, de los gastos de desplazamiento, alojamiento y manutención de siete escoltas, y tres coches oficiales, aun viajando en AVE. Yo creo en la honorabilidad del muy piadoso señor Dívar, pero veremos si lo admiten a trámite y en qué queda, y si se le da el mismo trato que a Garzón, por ejemplo. La denuncia ha sido presentada por un vocal del Consejo General del Poder Judicial.
Cristóbal Montoro informa de que la subida del IVA se compensaría con una rebaja y ahorro de 5.000 millones de euros en las cotizaciones a la Seguridad Social. De lo que no informa ni precisa es que éstas son abonadas en un 82% por el empresario y un 18 por el trabajador. ¿Quién se beneficia, pues, de tal rebaja? Siempre están con trampas estos paladines de la equidad social.
Y finalmente, lo único, creo yo, que se puede sacar en limpio de la encuesta de ayer del CIS es que:
a) Con el 40,6 % de los votos que otorga al PP ya no se tiene mayoría absoluta. Fundamentalísimo.
b) La victoria de la izquierda está al alcance de las urnas y ya no es una entelequia: PSOE: 29,6 + IU; 8,6. A dos puntos de la meta y subiendo, con el PP bajando.
c) El éxito o fracaso de la gestión de Andalucía será clave.
Me voy a hacer el crucigrama.
BANKIA...Rota

domingo, 29 de abril de 2012

Desaparición das abellas, un problema global.

A crecente desaparición das abellas en todo o mundo está poñendo en perigo a polinización dos cultivos.



A polinización dos cultivos, é esencial para a alimentación da humanidade, e está en perigo pola crecente desaparición de abellas en todo o mundo. Un problema que xa podemos considerar mundial, despois do informe feito público polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), que asegura que este fenómeno tense estendido a novas rexións do planeta.

Ata o de agora, só se tiña rexistrado un alarmante aumento de mortes en EEUU e algúns países de Europa, incluída España. Sen embargo, segundo o informe do PNUMA, nos derradeiros anos o problema estendeuse a Australia, China, Xapón e norte de África, na ribeira do Nilo. O informe sinala que esta grave diminución das colonias debese a múltiples factores, como o cambio climático, a contaminación, os pesticidas e o crecente papel de determinados parasitos, que están minguando os cultivos.

Os apicultores denuncian a desaparición das abellas.

A importancia destas desaparicións é altísima, nas últimas décadas multiplicouse o número de cultivos dependentes da polinización por abellas. No caso de determinadas froitas, a produción de sementes diminúe en máis do 90% o desaparecer estas eficientes polinizadoras.

Os apicultores aseguran que nalgunhas zonas de Galicia os pesticidas atinxiu o 80% nos últimos doce anos.

O problema da desaparición das abellas continúa e continuará ata cós gobernos prohiban os pesticidas neonicotinoides, sistémicos... xa resulta un clamor a nivel mundial que esta é a causa da desaparición das nosas abellas, pero estamos diante de empresas multinacionais, sen escrúpulos que dominan e gobernan o mundo e uns gobernantes que miran para outro lado. por isto a asociación galega de apicultura (AGA) sumase a esta campaña, a nivel mundial, para prohibir estes produtos que son armas de destrución masiva "os pesticidas neurotóxicos que se utilizan na actual agricultura non distinguen entre insectos prexudiciais e aqueles que non o son e afectan ao sistema nervioso das abellas", o que provoca o despoboamentos das colmeas. obxectivo promover o papel das abellas como "as máximas defensoras da biodiversidade"



Os apicultores galegos denuncian que os pesticidas utilizados na agricultura industrial están a causar a desaparición invernal das poboacións de abellas, que nalgunhas zonas de Galicia atinxiu 80% nos últimos doce anos. "A xente desmoralízase e abandona", na última década aproximadamente 1.500 apicultores deixaron a actividade, as provincias da Coruña e Pontevedra son as que máis acusan o despoboamento, sobre todo as zonas próximas ás grandes cidades, onde hai máis produción de millo forraxeiro cuxas sementes xa veñen tratadas con estes pesticidas.
Pola contra, nas zonas montañosas de Lugo e a provincia de Ourense "o problema é moito menor", e incluso nesta última detectouse unha maior profesionalizazón e un aumento da produción de mel.

O representante da AGA afirmou que o despoboamento das abellas afecta á perda da biodiversidade, xa que a falta de polinización impide a formación de froitos e cás colleitas sexan de menor calidade, o que prexudica a sociedade no seu conxunto.

Outra, a Plataforma contra ás Fumigacións ia manifestarse este domingo, 29 de abril, en Melide (A Coruña), en contra dos tratamentos aéreos con fluxenoxuron para combater pragas que afectan ós eucaliptos pero a Delegación do Goberno denegou o permiso. A través dun comunicado, afirma que o argumento para prohibir esta protesta foi cá manifestación non se solicitou coa antelación de dez días á que obriga a lei para “calquera acto desta índole que non se considere urxente”, non obstante, defende que a urxencia “estaba máis que xustificada”, posto que as fumigacións con flufenoxuron “un pesticida que será prohibido o 1 de agosto pola súa alta toxicidade” son inminentes e “está en perigo todo o sector apícola galego, a saúde pública e o medio”.


As abellas están desaparecendo o longo e ancho do mundo, poñendo en serio perigo a nosa cadea alimentaria. Os científicos vótanlle a culpa ós pesticidas e 4 países xa comezaron a prohibilos. Se logramos cós EE.UU e a UE se unan á prohibición, outros gobernos farán o mesmo, e poderemos así salvar ás abellas da súa extinción.


Silenciosamente, milleiros de millóns de abellas están morrendo e a nosa cadea alimentaria atopase en perigo. As abellas non só producen mel, senón que constitúen unha xigantesca e sacrificada man de obra a nivel mundial, encargada de polinizar o 90% das plantas que sementamos.


Múltiples estudos científicos culpan a un determinado grupo de pesticidas como principais responsables da súa rápida desaparición. Catro países europeos xa comezaron a prohibir ditos produtos químicos, e as poboacións de abellas estanse a recuperar. Pero un número de compañías químicas moi poderosas están exercendo unha enorme presión cara lograr que estes velenos asasinos mantéñanse no mercado. Temos agora unha grandísima oportunidade para salvar ás abellas: exercer presión sobre os EE.UU. e a Unión Europea para que impoñan dita prohibición. Esta medida é crucial e provocaría un efecto dominó no resto do mundo.

No hai tempo que perder. O debate está empezando a animarse. E non se trata soamente de protexer ás abellas, estamos falando da mesma supervivencia humana. Xeremos un enxordecedor 'zumbido' mundial para que estes perigosos produtos químicos se prohiban nos EE.UU e na UE, e así salvar a nosas abellas e os nosos alimentos. Firma a petición de emerxencia e envíaa a todos os teus coñecidos. Avaaz entregaralla directamente a destacados dirixentes e oficiais:


As abellas son indispensables para a vida no planeta. Cada ano, se encargan de polinizar plantas e cultivos cuxo valor estimado supera los 40 mil millóns de dólares. En moitos países, esta cifra representa máis dun terzo do subministro de alimentos a nivel nacional. Sen unha acción inmediata para salvar ás abellas, moitos dos nosos froitos secos, verduras e vexetais poderían desaparecer das nosas despensas…


Nos últimos anos, temos visto unha rápida e preocupante diminución nas poboacións de abellas a nivel global. Algunhas especies xa desapareceron, e a semana pasada aprendemos que de algunhas especies nos Estados Unidos quedan apenas o 4% da poboación orixinal. Os científicos buscado respostas, e algúns estudos conclúen cá diminución pode ter causa nunha combinación de factores, incluíndo enfermidades, a perda do hábitat, e os químicos tóxicos. Pero investigacións cada vez máis independentes arroxan una sólida evidencia que sinala ós pesticidas (neonicotinoides) como culpables. Isto ten levado ós apicultores e científicos en Francia, Italia, Eslovenia, e inclusive Alemaña, onde se encontra o principal fabricante de Bayer, a exercer presión e lograr establecela prohibición dun destes químicos. Pero, mentres tanto, Bayer continúa exportando seu veneno por todo o mundo.


A medida cós novos estudos confirman a escala do problema, o debate segue caldeándose máis e máis. Si logramos cós gobernos dos EE.UU e da UE adopten fortes medidas, os demais seguirán seu exemplo. Pero non vai ser doado. Un documento secreto da Axencia de Protección Ambiental estadounidense (EPA) revela que reguladores estadounidenses coñecían os perigos dos pesticidas, e aínda así ignoráronos. O documento di que un dos produtos de Bayer é "altamente tóxico" e presenta un "grave perigo para as abellas"


Para combater a forte influencia de Bayer sobre lexisladores e científicos, necesitamos asegurar cás nosas voces se escoitan alto e forte nos Estados Unidos e na Unión Europea, alá onde se financian os estudos e se definen as políticas. Os verdadeiros expertos -apicultores e agricultores- queren vela prohibición destes pesticidas mentres non existan estudos independentes e sólidos que demostren ser seguros.
Texto recollido de www.avaaz.org