martes, 29 de novembro de 2011

…e despois do 20N

por abc



Un 71% dos electores NON votou Partido Popular. Imos ter de presidente a un dos responsables da burbulla inmobiliaria. Os cidadáns non somos mercancías en mans de políticos e banqueiros. ¡¡ Rajoy Dimisión !!

A interpretación máis común nos medios de comunicación españois é cá poboación virou cara a dereita, elixindo masivamente ao partido conservador. Con elo sinalase que existe un amplo apoio ás propostas electorais deste partido, centradas nas necesidades de facer recortes masivos de gasto público. Rajoy sinalou na campaña que, excepto as pensións, ningún outro capítulo do presuposto se salvaría da 'austeridade' no gasto público. Pero os datos din o PP conseguiu só o 29% do voto do censo electoral, é dicir, de tódolos españois adultos que podían votar. Co cal o 71% non lle votou.

Non será, pois, un mandato popular para que o PP ou CiU fagan política de recortes, se entendemos por mandato o desexo da maioría dos cidadáns. En realidade, as enquisas mostran cá maioría da poboación non está de acordo con tales políticas, senon outras alternativas, moitas das cales nin sequera son consideradas (enquisa do CIS de 2010/2011).

O bipartidismo é a alternancia de dous partidos políticos no poder. EEUU, un exemplo onde demócratas e republicanos rotan no poder cada certo tempo sen outra alternativa e onde a abstención chega as veces ó 50%. O típico bipartidismo europeo asentase na aparente oposición esquerda/dereita, pero as políticas económicas de progresistas e conservadores durante os derradeiros anos estiveron dirixidas a fomentar e desregularizar as finanzas, reducir a presión impositiva sobre os que máis teñen deixando en precario as condicións de traballo. España é un claro exemplo de bipartidismo: PP e PSOE altérnanse no goberno pero apóianse para sacar adiante o que chaman 'políticas de Estado'.

Cando remata un ciclo político cambia o partido no poder, pero sempre están de acordo en determinadas cuestións que afectan excesivamente nos cidadáns. Nos últimos anos, PP e PSOE entendéronse a perfección en cuestións claves: a lei 15/1997 que autoriza a participación de empresas privadas na xestión do sistema sanitario; as leis de estranxeiros que deixan sen dereitos de cidadáns a milleiros de persoas; a falta de interese de ambos para perseguir a corrupción; a non reforma do Senado; a reforma da lei de caixas converténdoas en bancos; o peche da subcomisión para a reforma da lei electoral, creada en 2008; a votación conxunta contra a dación en pago, una solución que faría desaparecer a débeda hipotecaria ao entregar as chaves da vivenda ó banco; e como colofón a reforma constitucional express sobre o teito de gasto das autonomías, aprobada en setembro sen referendo.

Se votamos un ollo aos anos previos á crises, comprobamos a coincidencia dos dous partidos nas políticas económicas. E, o que é máis importante, descubrimos có desequilibrio social e económico, é una tendencia que comezou durante os anos do boom inmobiliario.

Entre 1994 e 2006 o salario medio perdeu un 2,4% de poder adquisitivo e a débeda das familias medrou seis veces (225%) máis rápido cás súas rendas dispoñibles (39%). En contraste, entre 2002 e 2005, anos nos que gobernaron tanto PP como PSOE, os 10% máis ricos da poboación incrementaron o seu patrimonio cerca dun 50%. No año 2005, en plena algarabía do ladrillo, as empresas que máis ganaron na bolsa foron as líderes do sector construtor/inmobiliario.

A crises trouxo un novo consenso entre PP e PSOE, ambos sitúan o problema da economía española no déficit público, a débeda das familias e no mercado laboral. O debate electoral versou sobre quén recortará menos, pero ningún dos partidos cuestionou a necesidade de axustes. Tampouco escoitamos cómo se van reducir as cifras do paro nin a temporalidade no emprego, as máis altas da Unión Europea grazas ás sucesivas reformas laborais feitas polo ródelo dos dous partidos maioritarios.

En relación á necesidade imperiosa de recortes sociais, dicir que España é o país de Europa onde menos se gasta en benestar social por habitante, convén recordar, o gasto social no noso país apenas alcanza o 20% do PIB mentres na media europea sitúase no 27%, en España ven diminuíndo dende 1993, onde era o 24% da riqueza nacional. En educación o gasto público é un dos máis baixos de Europa, consecuencias: baixa calidade da escola pública e alto índice fracaso escolar. En sanidade, o gasto público esta moi lonxe da media europea, resultados: interminables listas de espera e en consecuencia destrución de eficacia e equidade. Está entre un e dous puntos mais baixo do PIB có dos países máis avanzados, sen embargo, o porcentaxe en gasto sanitario privado incrementouse alcanzando o 29,2%, cando a media na EU é o 23%. Estes recortes de presuposto sitúanos nos últimos lugares en número de camas por 100.000 habitantes. En materia de pensións estamos lonxe do que sucede en países do noso entorno e nos servizos de axuda ás familias atopámonos a distancias siderais das nacións máis avanzadas da UE, o cal limita a incorporación da muller ao mercado laboral e condiciona a revitalización demográfica. Sobre o problema de acceso á vivenda, nada dun plan de aluguer social, ni dación en pago para acabar coa débeda das familias. Últimos datos, din que nestes momentos hai 300 desafiuzamentos día e nos próximos dous años esperase cá cifra aumente ata os 500 diarios. Os bancos españois verán incrementado o seu xa enorme patrimonio inmobiliario e moitas familias quedarán endebedadas de por vida.

Os que seguen ganando coa crises non sofren ningún recorte. Os bancos españois son propietarios de máis do 50% da débeda española. Seu negocio é sinxelo: reciben préstamos do Banco Central Europeo ao 1% de interese, e logo mercan bonos públicos do Estado español o que lles reporta unha rendibilidade en torno ao 7%. Conviría, pois, ser máis precisos nas propostas. Non é éstrano que algúns cidadáns decidiran votar directamente en sucursais bancarias.

É lamentable, cá reforma do sistema electoral non se logre sen os partidos maioritarios, aínda sabendo que renuncian a parte do seu poder, que non teñan unha sincera vontade de mellorar a democracia e a representatividade.

Neste contexto evitaríase que o espallamento da esquerda provocase o predominio da dereita e permitiría o votante elixir libremente e en conciencia, mentres que agora en case que tódalas circunscricións, algúns vense forzados a votar a un partido grande para non quedar sen representación.

O bipartidismo rompese coa vontade política de ser demócrata. O PSOE, PP, CIU e PNV, non queren cambialo, son as forzas políticas beneficiadas, polo que prefiren seguir xogando nese espazo privilexiado que lles temos regalado.

O PP, con maioría absoluta, ten menos votos (10 millóns) que o resto do Congreso, recibiu o apoio de 3 de cada 10 españois con dereito a voto. O 29% exactamente, non entendo como se pode dar tanta importancia a súa vitoria cando 10 millóns de persoas non senten confianza na clase política, as eleccións para ser xustos ganounas a abstención… inda que de todos xeitos a culpa de que gane o PP sempre será dos que votan o PP.

Entre as dúas opcións maioritarias, se crees có PP creará emprego, se sentes que non goberne o PSOE por medo á dereita, se confías no cambio do PP…, espero que estas letras muden a túa opinión. Unha cousa é segura, a crises é tamén unha estafa, como o boom inmobiliario. Non caer no engano de que o problema é só o PP ou o PSOE. Nós non podemos confiar en quén nos engana, nós temos que confiar na xente que seguirá coas mesmas ganas de cambialas cousas o día antes e o día despois das eleccións.

Nin o ascenso de Marianico I ‘el Grande’ nin o ‘como díos manda’ tranquiliza ós mercados, como tampouco as estupendas medidas de Zapatero, Salgado, Corbacho etc…, aínda que o dixeran. Rajoy será obediente a determinados mandatos (Merkel, axencias, cotizacións bursátiles, subas e baixas da párenta, digo, prima de risco) como o foi a última metade de goberno Zapatero, recordemos que na oposición Rajoy dicía que gobernarían sen inxerencias externas, Artur Mas a menos de 48 horas das eleccións fai en Catalunya recortes e reformas que non viñan no seu programa, evidentemente planeadas antes das mesmas, como as fixo Zapatero, fará Rajoy e faría Rubalcaba, os gobernantes actuais comprometéronse en baixar o déficit un 3 % no 2013 e máis nos seguintes anos. Ningún (PP, PSOE, CiU) ten explicado cómo.

É triste que teñamos o neoliberalismo heavy no goberno, pero non vale que estivese o moderado do PSOE. Creo que terémonos que ir preparandonos para unha ofensiva moi dura contra os recortes, que viran, serán brutais, e represión se medra a loita, intensificarase. É irremediable, tanto como a necesidade de unión de esquerda e movementos sociais cara unha transformación da realidade. Ademais existe un hándicap considerable, un medo enorme na sociedade, un medo paralizante. Traballar non se considera un dereito, senón un privilexio. Conformámonos con non ser despedidos, aínda que nos rebaixen substancialmente o salario. Chegaremos a situacións de semiesclavitude, e peor, probablemente legalizadas, moita xente ve a solución no empeoramento da vida dos que nada tivemos ver con esta crises... Un erro pensar que tódolos políticos son iguais… Que pasen os tecnócratas... O contexto de globalización fixo anacos os atributos clásicos da soberanía do Estado/nación: fronteiras, moeda, defensa, cultura, etc. Os estados limítanse cada vez máis a xestionar nun territorio concreto as necesidades da economía global. A esquerda/dereita no espectro parlamentario, defénden en xeneral os mesmos intereses, as mesmas ideas sobre o crecemento e competitividade. Os tecnocratas ou"Goberno de ninguén" é o poder que nos promete o rescate da catástrofe... cando son en realidade ex directivos dos bancos máis tramposos do mundo.

Grecia e Italia serían os laboratorios de futuro. O experimento non vai mal. Para empezar, pódese facer. Estes dous Golpes de Estado non provocaron escándalo na opinión pública 'demócrata', creo eu... Ninguén elixiu a Monti nin a Papademos. Ninguén votou os programas que van a levar a cabo, pero os parlamentos refrendan ambos gobernos, e resignados, cando non entusiasmados. Esperan unha saída desta agonía.

“A falla de políticos facilítanos as cosas” (Mario Monti)
“Papademos nunca estivo involucrado en política. Sabe o que hai qué facer” (Thanos Papasavvas, xefe de Investec Asset Management)
“Para salvar a Italia hai que apostar pola credibilidade e a responsabilidade. Hai que ser prudentes con ir ás eleccións” (Franco Frattini, ministro de Exteriores).

Foise a dereita vergoñenta, papel asumido polo PSOE e chega a dereita dura e sen complexos.

De monarquía, fin de ETA, Amaiur e clero, falaremos no bar… Bendito fútbol!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario