luns, 25 de outubro de 2010

NON SEXAS INOCENTE


por: abc
Asistimos a un verdadeiro ataque concertado a escala Unión Europea (...Mundial) contra os dereitos sociais, que aproveitan a crises para provocar unha derrota histórica no sindicalismo, e os movementos sociais e deste xeito escachizar as regulacións sociais existentes. Todo elo nunha cocteleira cun anaco do racismo que se está a dar en moitos países europeos, con expresións máis visibles na campaña xenófoba de Sarkozy contra o pobo xitano e no ascenso electoral dos partidos de extrema dereita (Populismo).
Facéndonos crer co problema é a débeda pública, cando a débeda máis elevada é a privada, correndo o risco, se non se toman medidas adecuadas, que a enorme débeda das empresas privadas se transfórme en débeda pública. 
E se non fomos quen de exportar noso progreso aos traballadores dos países emerxentes China, India… espéranos a importación das súas condicións de traballo, occidente xa sabe que escravizando gañase máis diñeiro, e detrás dos recortes laborais virán os recortes civís...
...¡e todo a vez! Asistimos a unha verdadeira ofensiva do Liberalismo (que reclama a mínima interferencia dos Estados na economía) e os seus poderes fácticos co obxectivo de amedrentar a xente, e xerar conflitos entre os sectores que loitan, de dividir os movementos e, sobre todo, afastar o perigo de xeneralización de loitas sociais nun momento de grande inestabilidade económica, crises social e institucional...

2 comentarios:

  1. Ya ésto se lo aplicaron hace 20 años a AL ahora vienen por la vieja Europa, a los poderosos de último y poco a poco pero en firme.

    ResponderEliminar