martes, 1 de outubro de 2013

“Tetadas” a protesta de nais lactantes

Dende eh! queremos dar o noso apoio A semana mundial da lactación materna(*), á I semana de lactación en O Barco e ó Grupo de apoio á lactación e á crianza con apego 'Denaianai' polo seu compromiso


O pasado 10 de agosto, nun centro comercial de Valladolid, unha nai foi expulsada do establecemento (PRIMARK) por estar dando o peito o seu bebé, a polémica en torno ó feito de se unha nai pode dar ou non o peito a seu fillo en espazos públicos reabriuse revolucionado as redes sociais: “El otro día me echaron de Primark Valladolid por amamantar a mi hijo, diciéndome que podía incomodar a otros clientes. Vergonzoso”. Relata a nai do lactante, o responsable de seguridade da tenda “se acercó invitándome a desplazarme hasta la sala de lactancia del centro comercial para no incomodar a otros clientes y por política de empresa”. Non é un feito illado nin o único caso en España. En 2007, a seguridade do Museo del Prado aconsellou a unha nai fose ós aseos ou á cafetería do recinto en lugar de dar de comer ó neno na sala na cá visitante admiraba o cadro de "La Maja desnuda". Dado o barullo ocasionado, a dirección habilitou un recuncho para aleitar. Prohibido dar de mamar en público: así reza a medida, entre outras, que adoptou un centro comercial de Barakaldo, comparable a ir en roupa interior, berrar, ameazar ou tirar lixo ó chan. A prohibición ás estudantes aleitar en colexios, a eliminación de contas e fotos de nais aleitando no Facebook, casos en Vizcaya, Cataluña…, nunha piscina municipal de Madrid e nun restaurante onde logo de expulsar á nai do establecemento, a muller optou por chamar á Policía e as autoridades sancionaron o restaurante.

Algunhas mulleres, saben das dificultades que supón integrar a maternidade nesta sociedade de superwomen que todo o fai ben sen perder o tipazo fashiongirl e o sorriso photoshop, para que veña agora a falta de costume de ver a mulleres dando o peito en público, minguar a participación na vida activa e pública, como ven de demostrar a actitude por parte de empresas e algúns establecementos. Grupos de nais, algunhas en período de lactación, fixeron entrega dun escrito e concentracións ("tetadas") na tenda e en outras cidades españolas como Barcelona, A Coruña, Alacante, Badaxoz, Elxe, Madrid, Murcia, Sevilla, Valencia, Zaragoza, Torrevella e Siero, ante a ofensa e falta de respecto que consideran tivo, tanto a encargada como o persoal de seguridade, coa nai e o bebé ó que intentaba aleitar.

Aclarar tamén…, có recinto dispoña dunha ou dúas salas de lactación non implica que sexa obrigatorio o seu uso. A miúdo, as salas de lactación son pequenas zonas habilitadas (normalmente unha habitación), xeralmente cerca dos baños, que dispoñen de: unha cadeira, un cambiador, un microondas e un cubo, normalmente cheo de cueiros luxos. Haberá nais que se sintan máis cómodas dándolle o peito a seu fillo alí. Outras veces, o bebé demanda alimento lonxe dunha desas salas, ou está ocupada, ou non están dispostas a esperar, ou simplemente non é razoable cunha nai se vexa obrigada a ocultarse nesas salas si ela e o bebé están cómodos en calquera outro lugar. O dereito de admisión ten o límite onde empezan os dereitos fundamentais dos cidadáns. O dereito dun neno a ser alimentado prevalece sobre o dereito de admisión, se obrigamos a unha nai a abandonar un establecemento por estar facéndoo, esta nai está sendo discriminada, non é un acto obsceno, senón inseparable á natureza da muller.

Un bebé ten dereito á alimentación. Xa sexa a través da teta da súa nai ou dun biberón, il non entende nin de horas nin de sitios, il só ten fame e chora. Aleitar ós bebés é o máis grande e fermoso do mundo, por qué temos que agocharnos, os nosos fillos teñen que alimentarse cando lle pete e onde nos atopemos da igual. Debemos esixir rectificación por parte da empresa, que isto non se volva a repetir en ningún establecemento, desta cadea, nin de ningunha outra. Ningunha nai está facendo nada malo nin obsceno por aleitar ó seu bebé.




A OMS, a UNICEF, unha boa parte de pediatras e parteiras recomendan alimentar ós bebés con leite materna e a demanda. É dicir, os expertos en nutrición e saúde recomendan o uso de leite materna por entre outras razóns…

· A leite materna é máis nutritiva cá leite en po.
· Conten anticorpos naturais que inmunizan parcialmente ó bebé contra enfermidades comúns.
· A lactación natural permite o contacto directo coa nai, tan importante para o desenrolo psíquico do bebé.
· É máis hixiénico có biberón.


Primark non deu máis explicacións có de que podía incomodar a algúns clientes o feito de ter a unha nai aleitando na súa tenda. Isto pon de manifesto unha dobre moral por parte da tenda, e verse na obriga de retirar unha campaña publicitaria onde anunciaban suxeitadores con recheo para nenas preadolescentes. Escotes e topless si, pero aleitar a un bebé non! As nais en período de lactación, que decidan aleitar a seus bebés, non poderán saír da casa por si ós fillos lles entra a fame? Teñen que recluírse na casa como apestadas? Teñen que dar o peito nos servizos? Qué está pasando? Porqué se escandalizan e lles molesta ver a unha muller dando o peito? Por favor! que estamos no século XXI, non é a muller a que saca as tetas, é o cativo o que como e bebe, il non entende de fosforescencias, transparencias nin blondas… Incluso no Vaticano, non se alporizan coas pinturas da Virxe María aleitando o Neno Xesús… Ós únicos que se poden sentir prexudicados polo aleitar son ás empresas de biberóns e leite en po e ós moinas.

· En Suecia, ó igual que no resto de países do norte de Europa, promovese cá lactación materna se leve a cabo en calquera sitio.
· EE. UU. Aínda que se teñen promulgado normas para que dar o peito sexa legal, cada ano detéñense nalgúns estados a unhas 12.000 mulleres.
· En Brasil existe un plan nacional en materia de lactación: nos hospitais informan ás nais das vantaxes da leite materna.
· As leis no Reino Unido son máis claras. Hai normas que indican claramente que impedir a lactación en público a unha muller é unha discriminación.


A realidade é que en España existe un baleiro legal ó respecto, e por aleitar a un neno en espazos públicos un cliente pode protestar porque este feito perturba a súa "tranquilidade". Non obstante, non existe unha normativa xeral que teña as directrices para levar a cabo este feito; e por tanto, mentres que non estea prohibido expresamente, nos espazos públicos está permitido. As asociacións de consumidores din que non lles constan queixas. O portavoz de Facua, sinala que “se vulnera la legislación del derecho de admisión puesto que se expulsa a una persona que no comete delito alguno. Es más, estamos ante una situación de urgencia ya que hay un bebé que necesita comer”. Os profesionais recordan “As necesidades do neno non están reguladas e ademais, a natureza ten súas normas, a lactación é un fenómeno natural”. Aínda así, poden darse situacións incómodas.

Arriba esas nais que tiveron o valor de facer esa quedada ou "tetada"!

A Eurodiputada italiana Licia Ronzulli, ten escandalizado Flandes, indo o Europarlamento coa súa filla en varias ocasións.
(*) Semana mundial da lactación materna, instaurada oficialmente pola OMS/UNICEF no 1992, na actualidade o movemento social máis estendido en defensa da lactación materna. Celebrase en máis de 120 países, do 1 ó 7 de agosto, en Europa, ó ser período vacacións, a (SMLM) celebrase de común acordo a semana 41 do ano. Se un embarazo empezase o 1 de xaneiro, a semana máis probable de parto e por tanto o inicio da lactación sería a semana 41, e dicir, a primeiros de outubro. En España, a maioría de Grupos de apoio á lactación acordaron iniciar a celebración o primeiro domingo de outubro como festa. O evento familiar consiste en actividades ó ar libre, charlas e conferencias, co tema de fondo da lactación materna e para o público en xeral…

venres, 27 de setembro de 2013

Quino


O Estado español suspende en educación sexual

Susana Hidalgo


Pílulas anticonceptivas
O 70% das mulleres españolas en idade reprodutiva utilizan métodos anticonceptivos, pero para o Goberno os dereitos sexuais carecen de importancia e, coa escusa da crise económica, paralizou as estratexias de saúde neste ámbito.Esta é a denuncia que fai a Federación de Planificación Federal Estatal (FPFE) baseándose nos resultados do Barómetro do acceso das mulleres á libre elección de anticonceptivos modernos en 10 países da UE, que foi presentado ante o Parlamento Europeo o pasado xuño. Este barómetro avalía as políticas sobre dereitos sexuais e reprodutivos, a educación sobre eles e sobre os distintos tipos de anticonceptivos, a formación dos profesionais da saúde ou as campañas de sensibilización. O barómetro recolle datos de Alemaña, Bulgaria, España, Francia, Italia, Lituania, Países Baixos, Polonia, República Checa e Suecia.

"Suspendemos en case todo, especialmente en educación sexual", critica Luís Enrique Sánchez Acero,presidente da FPFE. O barómetro reflicte como a paralización da estratexia de saúde sexual e reprodutiva traduciuse nun retroceso no acceso aos servizos a métodos anticonceptivos seguros e eficaces, en dificultades para entrar nos servizos de planificación ou na formación de profesionais.


Nin sensibilización nin axudas
Así, o Estado español suspende en sensibilización cun 25% (só queda por encima de República Checa, Italia e Lituania), en educación sexual cun 25, 6% (só supera a Bulgaria, República Checa e Lituania) e aproba raspado en educación e formación de profesionais cun 57, 9%. Noutros ámbitos como o empoderamento das mulleres, queda nun raquítico 22%, por baixo de Lituania que obtén un 30%. A conclusión á que chega o barómetro é que "as actuais medidas de austeridade percíbense como o maior obstáculo para reducir os embarazos non planificados e para garantir o acceso das mulleres á libre elección de anticonceptivos modernos".

As máis afectadas son as mulleres máis novas e pertencentes a colectivos vulnerables e as maiores odiseas prodúcense ao tentar conseguir a pílula postcoital
Ademais, a FPFE advirte das "evidentes desigualdades que existen na prestación de servizos de saúde sexual e reprodutiva segundo as comunidades autónomas". As máis afectadas son as mulleres máis novas e pertencentes a colectivos vulnerables e as maiores odiseas prodúcense ao tentar conseguir a pílula postcoital, que non está financiada en seis comunidades autónomas. Nesta liña, o barómetro considera deficientes as campañas de promoción sobre dereitos sexuais e reprodutivos, salvo por puntuais accións dalgunhas comunidades autónomas, ou a educación en saúde sexual, coa desigual implantación segundo o lugar. A lei de Saúde Sexual e Reprodutiva de 2010 prevé a inclusión da educación sexual nos currículos escolares, pero  "isto quedou en vía morta, e de feito os cambios previstos na nova lei de educación reducen esta temática", denuncia o presidente da FPFE.

A todo isto hai que sumar o feito de que, desde o pasado 1 de agosto, un total de oito pílulas anticonceptivas deixaron de ser financiadas polo Sistema Nacional de Saúde (SNS) afectando en total a un millón de mulleres. "Ademais, as usuarias veñen denunciando a menor dispoñibilidade de anticonceptivos de barreira, de novos  contraceptivos hormonais ou da anticoncepción de urxencia", denuncian desde a FPFE. "Nesta situación de crise para tantas persoas, se non hai financiamento e garantías de dispensación córrese o risco dun aumento das taxas de embarazo non planificado e por tanto de interrupcións voluntarias do embarazo", conclúe o seu presidente.


xoves, 26 de setembro de 2013

La política llega tarde

JOSEP RAMONEDA


Nuestros políticos no afrontan nunca las situaciones hasta que se hacen insostenibles.

Los Gobiernos tienden a ser conservadores. Las inercias del ejercicio del poder generan alergia a los cambios. Estos solo llegan bajo presión, es decir, en el peor momento. En política, el principio más vale prevenir que curar tiene pocos adeptos. Por eso en tiempos inciertos como el nuestro cunde la sensación de que la política siempre llega tarde. Y a remolque del poder del dinero. ¿Es esta “la evolución natural del mundo” a la que se refiere Mariano Rajoy? Mientras el sistema político se cae a trozos, las únicas reformas que Rajoy emprende son aquellas destinadas a recortar las condiciones de vida de los que tienen menos (salarios, pensiones, subsidios) y aumentar los privilegios de los que tienen más, con la transferencia masiva de dinero de todos a los bancos y la privatización de servicios públicos básicos.

El régimen surgido de la Transición —treinta y cinco años ya— hace tiempo que da muestras de desgaste. La propagación de la corrupción, la evolución del sistema autonómico hacia formas de caciquismo posmoderno, la crisis de l’Estatut, que culminó con la decisión del Constitucional de enmendar el voto de los ciudadanos de Cataluña, la ceguera (o complicidad) de la política ante los disparates financieros que llevaron a la crisis, y el escándalo Bankia, icono de la promiscuidad entre política y dinero, son algunas de las señales que desde hace tiempo nos iban recordando que este régimen no funciona. Nadie hizo nada. El resultado es que el deterioro institucional se ha hecho imparable. Estos días, son noticia la cúspide del régimen y el soporte físico-histórico del Estado: la Corona y la estructura territorial. Rubalcaba, por fin, habla de reforma de una Constitución que la mayoría de españoles no tuvieron ocasión de votar porque no tenían 18 años. Rajoy, como siempre, no ve “razón alguna” para los cambios. Siempre me han fascinado estos miedos inefables que algunos parecen sentir: temor de Dios, temor de la Monarquía, temor de la nación, temor del dinero, temor de la Constitución. Demasiados intocables para una sociedad democrática.



La Monarquía, un anacronismo evidente, se funda en la legitimidad de sangre y no en la de los votos. Sus bazas son el carisma del Rey, como portador de lo atávico, de lo permanente, del cuerpo de la nación, y la familia, que es la vía de transmisión del poder. El Rey está enfermo, atrapado además en una cadena de errores reconocidos, en parte, por él mismo; la familia está en crisis, con asuntos de dominio público; y el agrio aroma de la corrupción ha alcanzado a la Casa del Rey. La única certeza que tenemos es que el Rey no tiene la menor intención de abdicar, según se proclamó en la primera conferencia de prensa de la historia de la Zarzuela, con escenografía propia del politburó de la URSS. Y el Gobierno dice que no hay nada que reformar. En treinta y cinco años, nuestros representantes han sido incapaces siquiera de regular la abdicación del Rey. “Reflexión pausada y prudencia”, pide de Cospedal. ¿Treinta y cinco años más? Siempre hay una excusa para que nada cambie. Unos dicen que cualquier movimiento sería precipitado antes del desenlace del caso Nóos. Otros, que la situación de Catalunya desaconseja cualquier mudanza. ¿Alguien cree realmente que, en las circunstancias actuales, el Rey puede ejercer alguna función arbitral? La norma de nuestros políticos aconseja no afrontar nunca las situaciones hasta que se hacen insostenibles. Y cuando eso ocurre, por lo general, ya es tarde.

Es lo que está pasando en relación con Cataluña. Al PP y al PSOE les cuesta enormemente construir una respuesta alternativa a la secesión. Primero, perdieron mucho tiempo negando la realidad, en parte porque para ellos el problema entraba en el ámbito de lo impensable. Después se han enrocado en la legalidad, convirtiendo un problema político en jurídico, forzando de esta manera enormemente las costuras de las instituciones. El Tribunal Constitucional es una víctima evidente de esta dejación de responsabilidades de la política. Y finalmente, cuando algunos, como Rubalcaba, asumen que algo hay que cambiar (Rajoy sigue en lo suyo: vivimos en el mejor de los regímenes posibles), hay quien sospecha que el momento adecuado ya pasó. El eterno pánico al cambio lastra el atrevimiento necesario para las soluciones audaces que requieren los problemas estructurales. Ante esta parálisis selectiva del régimen, no es extraño que cunda la idea de que la política llega tarde a todo menos a defender los intereses del dinero. Si la política fuera capaz de prevenir, nos ahorraríamos muchos tratamientos dolorosos a la hora de curar. El buen político es aquel que es capaz de anticipar. Y obrar en consecuencia.

Relaxing cigarette in slot machine

Juan Carlos Escudier
Siguiendo los pasos de la filóloga inglesa Ana Botella, accidentalmente alcaldesa de Madrid, el Gobierno tiene muy avanzado un proyecto revolucionario denominadorelaxing cigarette in slot machine, que para los negados para los idiomas significa en traducción libre algo parecido a la siguiente: “no te preocupes Adelson que también te pongo la cama”.
Tal y como se preveía, y gracias a los oficios de la ministra Mato, que desde que la Gürtel no le paga la criada es de las que cogen una vileda y la hace cantar flamenco, el Ejecutivo está dispuesto a retorcer la ley para que se pueda fumar en los casinos del abuelo del pelo extraño. Era ésta una condición indispensable para que la Comunidad de Madrid se convirtiera en la Meca de todas las ruletas, rusa incluida, o, si se prefiere, en la versión 2.0 de Gomorra, ya que por algunas de las cosas que exigía Sodoma no pasamos de momento, salvo que se nos aumente la oferta.
La luminosa idea de Mato es que se permita fumar en los casinos pero únicamente en las salas de las máquinas tragaperras o en las de otros juegos que no exijan la presencia de empleados del “resort”, que así es como llama Eurovegas a los suyos. Vendría a ser como el garaje de la casa de Mato, que era donde su exmarido guardaba el Jaguar que le regaló Correa y de cuya existencia nunca supo porque no frecuentaba el local.
Con esto del tabaco nos han mantenido entretenidos un rato mientras se procedía a cumplir el resto de las exigencias del magnate con el sigilo adecuado. El abuelo del pelo ralo pedía de entrada una reducción de impuestos. ¿Problemas? Ninguno. Los casinos llegaban a pagar un tributo del juego de hasta el 45% en función de sus ingresos. La Comunidad de Madrid ya ha aprobado un tipo único del 10%.
Pretendía además bonificaciones y exenciones fiscales. Hecho. El bueno de Ignacio González, que de bueno que es abusan, se ha sacado de la manga los llamados Centros Integrados de Desarrollo, un paraguas bajo el que se colocarán ferias, congresos, espectáculos y juegos. Cualquier proyecto que pueda acogerse a esta categoría made in Madrid tendrán una bonificación del 95% en el impuesto de transmisiones patrimoniales y actos jurídicos documentados. En definitiva, que ni tributará por los terrenos ni por el notario. Adicionalmente, se les bonificará con un 9% el material necesario, una buena ayuda para adquirir las tragaperras y las mesas de blackjack que cuestan un pico.
¿Metro hasta la puerta? Planificado. ¿Más autobuses entre Madrid y Alcorcón? Concedido. ¿Menos derechos para los trabajadores? De eso ya se ha ocupado Rajoy en persona con su afamada reforma laboral. Por pedir, el señor de los crupieres quería libre entrada para los menores, que a fin de cuentas Gomorra siempre fue una ciudad muy familiar. Pues bien, los niños podrán acceder a las zonas de ocio aunque seguirán sin poder apostar la paga semanal al 35. De otros temas nimios, como cambiar la ley de blanqueo de capitales para que sólo haya que identificar a los clientes a la entrada de los casinos y cuando quieran cambiar fichas por más de 2.000 euros, ya se encargará Montoro, que desde su amnistía a los defraudadores tiene mucha experiencia.
En resumidas cuentas, a Adelson sólo le faltaba el humo para conseguir que surelief fuera completo. El último paso para crear los 164.000 empleos directos y 97.000 indirectos de los que se nos habló es que el abuelo del pelo estropajoso ponga los más de 15.000 millones prometidos. ¿Problemas? Pues bastantes.

martes, 24 de setembro de 2013

A coroa non pasa a ITV, outra vez no taller

35.000 cidadáns opéranse cada ano na Seguridade Social do mesmiño có decadente Borbón, cun éxito do 90%

En tempos de bonanza cando o estábamos, ninguén se preocuparía polas operacións do rei, canto custan, o inmediato da intervención, quen paga, quen son os doutores e cal é o hospital... pero estamos sufrindo todos, hai persoas de menor idade, moita menor idade có Señor D. Xoán Carlos que están nunha interminable lista de espera para o mesmo ou algo parecido ou se cadra máis grave, …en razón de que privilexio se opera primeiro? Somos ou non somos tódolos españois iguais ante a constitución?...

Que sorte teñen algúns neste país, tan pronto como lles sae algunha cousa xa teñen día e hora de quirófano. Todos estes privilexiados, como van a procuralo mellor para os súbditos se non viven a mesma realidade có resto?

Si mañá teu pai, túa nai, un familiar rómpese unha cadeira terías 30.000 € para cá operara un dos mellores cirurxiáns do mundo? Pois iso din custará a operación do Rei (a terceira ou a quinta intervención de cadeira en menos de dous anos, farase no privado Hospital Quirón de Madrid, hoxe martes (na seguridade social non teñen sangue azul por se necesitara de transfusión). Unha infección non pode esperar está claro. Pero se fose un súbdito, un de nós, daríannos antibiótico e á cola… Non se trata só do prezo da próteses, ‘relativamente accesible’ (máis/menos 4.000 €) senón os honorarios dun médico como o Dr Miguel Cabanela traumatólogo especialista da Clínica Mayo (71 anos, tería difícil seguir en activo en Madrid debido ás xubilacións forzosas), sen contala abundancia doutras eminencias na materia, como o Dr Ángel Villamor  quen xa interveu o decadente rexente nas dúas derradeiras ocasións, e a estancia hospitalaria.

En España tódolos anos 35.000 doentes son intervidos para colocar unha artroplastia(*) de cadeira, o 90% deles en hospitais do sistema público de saúde cun porcentaxe de éxito cércano a ese porcentaxe, de feito, segundo varios estudos, o 80% dos pacientes encóntranse satisfeitos coa cirurxía, camiñando con bastón ou sen axuda 7 de cada 10, a proporción desta infección está en torno o 2-4%, en tódolos grandes hospitais reimplantan por unha ou outra causa cadeiras tódolos días. O que tamén supón un desprezo para os cirurxiáns españois de traumatoloxía e procesos infecciosos, parece ser que nos hospitais españois o número de infeccións non é maior có dos hospitais estadounidenses. Entón… Por qué non se opera ó Rei nun hospital público? Ten máis problemas de saúde cós teus pais ou abos? Qué diferenza hai entre un xubilado do campo, da canteira, da construción, de 75 anos e Xoán Carlos de Borbón? Forzou máis a articulación da cadeira o Rei cun traballador da canteira, un albanel, un traballador do campo, un mineiro, un avogado ou un camareiro?
O procedemento (salvando a listaxe de espera) é o mesmo nos dous casos: unhas semanas antes da intervención citase para facer un estudio preoperatorio  (análises, radiografías e electrocardiograma), indicáselle o día que debe acudir á consulta de anestesia para recoñecemento; aclarase o tipo de anestesia e, no caso de que existan outras enfermidades, o anestesista pode solicitar ser visto por outros especialistas, e para rematar a firma do consentimento informado.

Na actualidade, o problema das articulacións de cadeira afecta o 17% da poboación española (o 80% da de máis de 65 años nos países industrializados) de aí que sexa unha intervención común que se fai na práctica totalidade dos hospitais públicos cunha garantía de éxito do 90% (incluso en pacientes de más de 80 años), a mellora do estado de saúde é “notable”, dor e función motora nos 6 a 8 meses seguintes á cirurxía.
                                    
Cántos cidadáns, pero cidadáns coma nós, deste país, podemos importar un eminente cirurxián de Rochester (nado en Mondoñedo seica…, emigrado ós USA…, se cadra negáronlle unha oportunidade os recortes), con cargo os presupostos públicos? Cantos pacientes coa mesma doenza houbéralles encantado agardar a ser operado o mesmo que agardou o rei ‘campechano’. Nunha semana, máis ou menos decátanse da necesidade de operalo, chaman o mellor traumatólogo, os medicamentos que teña que tomar e a operación sairalle gratis. 

Pois, iso...!! aínda así prefíroo aló menos non hai que pechar unha planta dun hospital público...

Eu non quito nin poño rei. Pero si é verdade temos un rei enfermo, unha monarquía enferma… A corrupción incrustada có caso Nóos é unha nube de tormenta sobre a institución, á que engadir, ademais, a escuridade sobre as contas da Coroa, as que veñen dos presuposto públicos e aquelas que falan de herdanzas agochadas en Suiza e outros negocios nunca confirmados, pero tampouco desmentidos. A implicación da infanta nos presuntamente ilegais negocios do marido ou o coñecemento e ocultación polo monarca das actividades de Iñaki Urdangarin son metástase, para a cal, contra o silencio, o veto e a protección da que goza a Monarquía e o rei durante máis de tres décadas… neste momento non temos próteses de coroa.




(*) Operación cirúrxica que ten por obxecto a reconstrución dunha articulación destruída ou anquilosada, mediante a resección das superficies articulares e a inserción dunha próteses para recuperar a función e suprimir a dor.

mércores, 18 de setembro de 2013

Menos libros, menos pública

José María Calleja
Las consecuencias de esta degradación de la enseñanza pública en España  las empezamos a conocer ahora y seguiremos evaluando sus secuelas cuando pasen los años y Wert haya salido por una puerta giratoria que le lleve a algún cargo tan rimbombante como bien remunerado

Wert asegura que "se mire como se mire, la próxima huelga educativa es política"
Wert ha reducido las becas y ayudas a familias sin recursos.
Casi 600.000 alumnos se quedaron el año pasado sin ayuda para libros y material escolar, 25.000 alumnos han perdido su beca y  tenemos 20.000 profesores menos en la enseñanza pública no universitaria a la que se han incorporado 80.000 estudiantes más.
Son datos del propio ministerio, que a Wert aún no le parecen brutales, probablemente porque se guarda ese adjetivo para el hachazo con el que ha inaugurado este curso y cuyos resultados oficiales conoceremos el próximo setiembre.

Se han recortado 134 millones de euros para becas, se han destinado 61.302 millones de euros menos para la compra de libros, 30.000 universitarios tienen problemas severos para pagar la matrícula… se ensancha la certeza de que hemos estudiado por encima de nuestra posibilidades de parias. Los chavales montan tenderetes en la calle para vender libros usados.

Las consecuencias de esta degradación de la enseñanza pública en España  las empezamos a conocer ahora y seguiremos evaluando sus secuelas cuando pasen los años y Wert haya salido por una puerta giratoria que le lleve a algún cargo tan rimbombante como bien remunerado, cuando Rajoy nos haya dejado de decir esa doble mentira de que pierde dinero a cambio de hacernos el favor gobernarnos.

Con unas migajas de lo destinado a Bankia, con unas migajas de los millones cobrados por la patulea de ejecutivos que han sido premiados por su incompetencia y latrocinio, con unas migajas de los créditos a amigos  -el último a Cotino--, nada de esto estaría ocurriendo. Ahora es cuando viene el idiota moral de guardia y grita que decir esto es demagogia, que al sistema bancario no se le podía dejar caer y que es lógico que Rato cobrara 2,34 millones de euros al año en retribuciones por acabar de llevar a Bankia a la posición del Costa Concordia anterior al rescate.

La voladura de la enseñanza pública avanza a buen ritmo, quedan cada vez menos posiciones que dinamitar y estamos a un minuto de que la gente sin dinero deje masivamente de estudiar en la Universidad y se largue del país con los inmigrantes que nunca debieron venir. 300 españoles al mes se van a Perú. Excelso balance en menos de dos años. Menos mal que no se iban a tocar ni la enseñanza pública, ni la sanidad pública, ni, menos aún, las pensiones públicas.

Por si quedaba alguna duda, Wert ya ha dicho que toda huelga contra esta situación de degradación de la enseñanza será política, con lo que parece querer denostar cualquier posible convocatoria. Antes de que le recompensen por los servicios liberales prestados, alguien debería decirle que, por ahora, no es delito hacer una huelga política ante medidas políticas, tomadas por políticos que hacen política, política de derechas.