martes, 24 de setembro de 2013

A coroa non pasa a ITV, outra vez no taller

35.000 cidadáns opéranse cada ano na Seguridade Social do mesmiño có decadente Borbón, cun éxito do 90%

En tempos de bonanza cando o estábamos, ninguén se preocuparía polas operacións do rei, canto custan, o inmediato da intervención, quen paga, quen son os doutores e cal é o hospital... pero estamos sufrindo todos, hai persoas de menor idade, moita menor idade có Señor D. Xoán Carlos que están nunha interminable lista de espera para o mesmo ou algo parecido ou se cadra máis grave, …en razón de que privilexio se opera primeiro? Somos ou non somos tódolos españois iguais ante a constitución?...

Que sorte teñen algúns neste país, tan pronto como lles sae algunha cousa xa teñen día e hora de quirófano. Todos estes privilexiados, como van a procuralo mellor para os súbditos se non viven a mesma realidade có resto?

Si mañá teu pai, túa nai, un familiar rómpese unha cadeira terías 30.000 € para cá operara un dos mellores cirurxiáns do mundo? Pois iso din custará a operación do Rei (a terceira ou a quinta intervención de cadeira en menos de dous anos, farase no privado Hospital Quirón de Madrid, hoxe martes (na seguridade social non teñen sangue azul por se necesitara de transfusión). Unha infección non pode esperar está claro. Pero se fose un súbdito, un de nós, daríannos antibiótico e á cola… Non se trata só do prezo da próteses, ‘relativamente accesible’ (máis/menos 4.000 €) senón os honorarios dun médico como o Dr Miguel Cabanela traumatólogo especialista da Clínica Mayo (71 anos, tería difícil seguir en activo en Madrid debido ás xubilacións forzosas), sen contala abundancia doutras eminencias na materia, como o Dr Ángel Villamor  quen xa interveu o decadente rexente nas dúas derradeiras ocasións, e a estancia hospitalaria.

En España tódolos anos 35.000 doentes son intervidos para colocar unha artroplastia(*) de cadeira, o 90% deles en hospitais do sistema público de saúde cun porcentaxe de éxito cércano a ese porcentaxe, de feito, segundo varios estudos, o 80% dos pacientes encóntranse satisfeitos coa cirurxía, camiñando con bastón ou sen axuda 7 de cada 10, a proporción desta infección está en torno o 2-4%, en tódolos grandes hospitais reimplantan por unha ou outra causa cadeiras tódolos días. O que tamén supón un desprezo para os cirurxiáns españois de traumatoloxía e procesos infecciosos, parece ser que nos hospitais españois o número de infeccións non é maior có dos hospitais estadounidenses. Entón… Por qué non se opera ó Rei nun hospital público? Ten máis problemas de saúde cós teus pais ou abos? Qué diferenza hai entre un xubilado do campo, da canteira, da construción, de 75 anos e Xoán Carlos de Borbón? Forzou máis a articulación da cadeira o Rei cun traballador da canteira, un albanel, un traballador do campo, un mineiro, un avogado ou un camareiro?
O procedemento (salvando a listaxe de espera) é o mesmo nos dous casos: unhas semanas antes da intervención citase para facer un estudio preoperatorio  (análises, radiografías e electrocardiograma), indicáselle o día que debe acudir á consulta de anestesia para recoñecemento; aclarase o tipo de anestesia e, no caso de que existan outras enfermidades, o anestesista pode solicitar ser visto por outros especialistas, e para rematar a firma do consentimento informado.

Na actualidade, o problema das articulacións de cadeira afecta o 17% da poboación española (o 80% da de máis de 65 años nos países industrializados) de aí que sexa unha intervención común que se fai na práctica totalidade dos hospitais públicos cunha garantía de éxito do 90% (incluso en pacientes de más de 80 años), a mellora do estado de saúde é “notable”, dor e función motora nos 6 a 8 meses seguintes á cirurxía.
                                    
Cántos cidadáns, pero cidadáns coma nós, deste país, podemos importar un eminente cirurxián de Rochester (nado en Mondoñedo seica…, emigrado ós USA…, se cadra negáronlle unha oportunidade os recortes), con cargo os presupostos públicos? Cantos pacientes coa mesma doenza houbéralles encantado agardar a ser operado o mesmo que agardou o rei ‘campechano’. Nunha semana, máis ou menos decátanse da necesidade de operalo, chaman o mellor traumatólogo, os medicamentos que teña que tomar e a operación sairalle gratis. 

Pois, iso...!! aínda así prefíroo aló menos non hai que pechar unha planta dun hospital público...

Eu non quito nin poño rei. Pero si é verdade temos un rei enfermo, unha monarquía enferma… A corrupción incrustada có caso Nóos é unha nube de tormenta sobre a institución, á que engadir, ademais, a escuridade sobre as contas da Coroa, as que veñen dos presuposto públicos e aquelas que falan de herdanzas agochadas en Suiza e outros negocios nunca confirmados, pero tampouco desmentidos. A implicación da infanta nos presuntamente ilegais negocios do marido ou o coñecemento e ocultación polo monarca das actividades de Iñaki Urdangarin son metástase, para a cal, contra o silencio, o veto e a protección da que goza a Monarquía e o rei durante máis de tres décadas… neste momento non temos próteses de coroa.




(*) Operación cirúrxica que ten por obxecto a reconstrución dunha articulación destruída ou anquilosada, mediante a resección das superficies articulares e a inserción dunha próteses para recuperar a función e suprimir a dor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario