martes, 2 de xaneiro de 2018

A pintura de Jesús Díaz, “un valdeorrés universal”, exporase en Vilamartín

Unha escolma da súa obra poderá verse do 28 de decembro ao 28 de xaneiro no Centro Cultural Santa Lucía


https://www.osil.info/

Logo de varias décadas a obra plástica do artista barquense Jesús Díaz Ferrer, falecido hai un ano, regresa a súa comarca natal, Valdeorras. Unha escolma da súa pintura (unhas 14 obras) poderá verse nunha mostra que se inaugurará ás 19:30h. no Centro Cultural Santa Lucía de Vilamartín co título “Exposición de pintura do artista valdeorrés universal Jesús Díaz Ferrer”.
“Despois de ver e de analizar moita da súa obra, para min é un artista total”, asegura o historiador do arte barquense, Luis Enrique Rodríguez Arias “Coquixo”, que leva décadas afondando na pista deste creador. “En canto á técnica, a conclusión á que chego é que era un expresionista formal e un surrealista temático. Na súa obra ves temas realistas, pero sempre con moita carga emotiva e a pincelada moi torturada en xeral. Sen embargo, a meirande parte da súa produción é de temática surrealista”, resalta Coquixo. Algo que agora poderá comprobar o público valdeorrés neste reencontro da comarca coa súa obra.
A mostra estará aberta ata o 28 de xaneiro en horario de 19:30h. a 21h. (agás os mércores).

Ningún comentario:

Publicar un comentario