xoves, 12 de setembro de 2013

Consellos prácticos para a recolección se choupíns

Chegan as setas, choupíns, cogomelos, cerretas, cogordos, e outros, deixámosvos uns consellos de como recollelos:

  1.         Para a identificación de especies tóxicas, de nada serven receitas populares como o cheiro, ennegrecemento dunha moeda de prata durante o cociñado, cás probe o can, etc... O único criterio é coñecer de qué especie se trata.
  2.          Para a identificación é preciso sacar o pe completo. Si a especie está claramente identificada pódese cortar a ras de chan, deixando o micelio intacto.
  3.          Non remexer a capa superior do chan, formado pola descomposición de materias orgánicas do bosque, pois compromete a supervivencia dos fungos. Non usar angazos, fouces...
  4.          Usar cestas de vimbio ou similares para transportar os choupíns; facilitará a dispersión das esporas e evitará cás setas se descompoñan.
  5.          Respectade os exemplares que non recolledes, incluso as especies tóxicas, pois cumpren un importante papel ecolóxico.
  6.          Informarse de si onde ides a recoller hai que pedir permiso ou existe algunha outra norma sobre a cantidade permitida.
  7.          Non deixar lixo no monte.
  8.          Guías e libros axudárannos a saber máis.
  9.      Ollo! como ben sabedes o monte arde...

Boa recollida!


Ningún comentario:

Publicar un comentario