por: abc
Pode cós partidos políticos sexan un instrumento fundamental na participación política, recólleo a Constitución no artigo 6, pero non me vexo, non nós vemos representados como moita outra xente por estes políticos, por moito que o diga a Junta Electoral, non me sinto representado por quen a ocupa actualmente, que se ocupen outros da política.
Se queren que eu introduza un voto no metacrilato… xa que non votar implica dar o voto sempre a alguén (dada a actual lei electoral), necesito menos corruptos nas institucións, menos cadeas de televisión tendenciosas, menos fútbol, menos publicidade, máis becas, máis postos de traballo, máis presuposto e menos derroche na sanidade e ensinanza, castigo á insaciable banca, socialización dos bancos, control a o movemento de capitais, cás relixións se paguen as súas festas... é tan difícil de entender? ...pode que o entendan pero prefiren o stablishment (concepto que define confort acomodaticio) ou a petición do voto con sorriso de anuncio, emitindo estar dispostos a que nada cambie... sempre no seu beneficio. ...polo que debería votar sempre opcións minoritarias para que ningún partido se beneficie desto (especialmente PP, PSOE), nunca o voto en branco.
Stéphane Hessel autor de Indígnaos!, José Luis Sampedro, El Roto e as redes sociais, son algúns dos referentes intelectuais claros dun movemento que de momento é suspicaz cos rostros coñecidos.
"Si no nos dejáis soñar, no os dejaremos dormir", un dos lemas da convocatoria, entre cánticos e consignas contra os partidos políticos a favor dunha democracia real, os manifestantes deixan clara súa postura ante un sistema que, hoxe por hoxe, non nós representa. "No somos antisistema, el sistema es antinosotros" milleiros e milleiros de persoas para demostrar que non son eles (os políticos) quen mandan, é o pobo... adiante a polos sonos!
…canto sinto non estar en Madrid, ...cómo me gustaría poder participar nesto!
Temos que aprender desto, demasiado tempo témonos preguntado porque non éramos capaces de tomala rúa, o PSOE coa súa cara amable foinos roubando os nosos dereitos, coa complicidade dos sindicatos maioritarios, a presión do PP e a patronal, e para que este roubo fose maior co aval que supón a pasividade da maioria do resto das forzas políticas presentes no Congreso, pero agora cambia unha cousa, antes tíñamos medo, agora son eles os que teñen medo.
É importante seguir acudindo a Porta do Sol a concentrarse, a durmir, temos que ser capaces de recoller froitos deste Movemento 15M, eles somos nós, se non entendemos isto, non entendemos nada, o movemento pode medrar, ten que medrar, obxectivos non lle faltan …a organización. Eu xa perdera a ilusión, isto xa é un triunfo que moitos e moitas non pensábamos que chegásemos a ver, si temos visto isto, imaxinades o que se pode conseguir?
A clase política en todo o mundo esta corrompida e é retrograda, temos necesidade de renovala!! Os políticos deben equipararse en dereitos e deberes ós de calquera cidadán, non deben ter privilexios en forma algunha. Apoiemos todos e todas a estes rapaces de 'Plaza Solución' (Porta do Sol), de aquí ata que faga falta, …eles deben ser os que se ocupen da política, deixemos de ter medo sintamos có cambio é posible.
Dende os medios de comunicación estase tentando desprestixiar o movemento Democracia Real en base a súa falta de proxecto. Ben, é verdade que non pode existir un proxecto definido cando non existe unha ideoloxía definida, pero temos todos claro qué é un principio o que queremos.
Esperaba isto dende fai tempo. Ánimo rapaces sodes caralludos. Seguide o tempo que faga falta. Hai que acabar coas PREBENDAS dos políticos e a corrupción, basta xa dos seus privilexios, basta xa de privatizacións, basta xa de apertarnos o cinto, basta xa de precariedade, en definitiva, basta xa de Ditadura dos Mercados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario