xoves, 5 de maio de 2011

Coño co finde…!!

por: Abc Maio 2011

       
Sen palabras.

O día en que sae a Enquisa da Poboación Activa, con preto 5 millóns de españois sen traballo, cás noticias trascendentais en España sexan o adestrador Mourinho e a voda destes 'elixidos' da terra, resulta penoso. Ver seus traxes, xoias, vestidos, un Antroido de Rolls Royce e gastos estúpidos paréceme humillante. Certo có pobo, o español no ía ser menos, necesita de contos de fadas para mitigar súas carencias. Pero ver a estes señores e señoras tan fachendosos, ver a dous monicreques disfrazados en carruaxes con cabalos de conto, facéndonos considerar natural súas privilexiadas posicións, tan xuntos pola súa pertenza a esa clase e casta superior, 5 millóns de parados na puta rúa, intoxicados con estas imbecilidades...; uns que non teñen nin para comer, pero si co tempo para ver na opulencia e o despilfarro que viven outros, repugna toda sensibilidade…

Herdeiros da Zarzuela.

...coño o principiño e a outra, tamén almorzaban con esta xentuza, rendéronlles pleitesía e fixéronlles reverencias… Que ASCO DE CASAS REALES, aínda máis asco me da a sociedade que non lles cuspe á cara coa HISTORIA E A REALIDADE NA MAN, esta penosa sociedade que prefire recibir chuspe!

O galo Claudio e Piolín.

…e logo no dia dos traballadores o 1 de Maio despois da aborrecible voda, o Vaticano representa ''a beatificación de Wojtyla'', (intimo amigo de Pinochet, que ''derribou'' o comunismo e ''dobregou'' a Marx) unha beatificación, con 100 cardeais e 800 sacerdotes vestindo casulla, con despregue de ouropeis, milagres e seitas ultracatólicas de extrema dereita, como os Lexionarios de Cristo (cuxo fundador M. Marcel era un pederasta) o Opus Dei, a asistencia de ditadores asasinos como Mugabe, acompañados de 30 bispos españois (foder! tantos temos?), outra vez os príncipes de Asturias, Felipe e Letizia, coa Cospedal, o Jáuregui entre moitos outros. Unha igrexa que necesita fabricar santos a toda pastilla, dando moitas facilidades para acceder á santidade, antes tiñan que cumprir toda unha serie de requisitos... cree así reterán máis parroquia... En nada, temos a San Mayor Oreja, San Aznar... Wojtyla que acabou co comunismo e dobregou a Marx?  ...de non ser por Marx e as loitas dos nosos avós, os traballadores non teríamos Asistencia sanitaria nin Seguridade Social, Pensións de xubilación ou Subsidios de desemprego. Algúns créranse que todos estes avances sociais son unha graza divina e non produto de ideas e loitas. Ja,ja,ja… derrubou o comunismo…, afastouse de pobres e achegouse a ricos e poderosos, a inxustiza quedou intacta. Pero, claro, tería que ter comezado pola súa casa... e aí si que saecula  saenculorum.
A ver, Ratzinger…, Qué parte non enténdeche…? ós que había que expulsar do templo non era ós créentes senón ós mercaderes…
Isto é intolerable, vergoñento...!!
Pero, é o que hai!!
Quedou Beatificada a pedofilia, a homofobia, a misoginia…
Un perfecto funcionamento do merchandising… Así nos vai!

Ningún comentario:

Publicar un comentario