abc
Esta frase,
pode que pouco elegante, é exemplo de taco, pecado, blasfemia... que algúns
galegos acostumamos a cuspir cando nos vai mal, (me cago na hostia, na cona que
te pariu, no forro dos ovos do neno Xesús, vai rascar o carallo, entre
outros...) e aínda que non o creas, nalgunhas partes castigase con penas de
cárcere e morte por ofender o que consideran sagrado. Estes países son os que contemplan no seu código penal o delito de ofensa
relixiosa: Arabia Saudí, Catar, Kuwait, Irán, Omán, Bahrein e polas reformas do
PP España.
É diría, o insulto máximo que se
pode chegar proferir a calquera persoa, institución, deidade, animal ou cousa. Consiste en baleirar o contido do tracto
intestinal por riba da vítima mentres se exclama a expresión "Me cago
en", seguida polo nome... Calquera persoa ca que teñas algún conflito pode
ser tino do insulto. Poden ser amigos, coñecidos, descoñecidos, políticos, membros da familia real, deportistas, árbitros... As institucións son blanco
favorito destes. Poden ser institucións públicas, políticas, relixiosas,
deportivas ou organizacións non gobernamentais... Teño colegas, que só "se cagan
en deus" para harmonizar e dar énfases ó discurso verbal, en xuntanzas de bar e a canto máis publico mellor.
Ante os
ofendidos (lembro tempos de ditadura onde se poñían carteis nos locais públicos
nos que se prohibía: "cuspir, cantar, blasfemar") ferida a súa sensibilidade
esa que teñen en formol ou momificado o deus en cuestión por se resucita e se
sínte agraviado por seus fieis crentes con pedigree?
Ben, o caso
é que chegado o "procesamiento de Willy Toledo", famoso e blasfemo, por gusto e
decisión, de igual xeito co resto dos racionais blasfemamos, con gozo se fai
falta, anque só sexa por "molestar" ós hipersensibles, incluso recordando que
vivimos nun país aconfesional ou incluso a risco de ferir sensibilidades ós que
teñen sorte de ter fé nun "deus verdadeiro e salvador", e só por iso, non
vaiamos ter un desgusto, insistimos nesa costume de blasfemar a destra e
sinistra...
Un
esperpento exhumar o delito de blasfemia, que existía en época de Caudillos, e
é ridículo desenterralo para outro esperpento… pailáns, é materialmente
imposible cagarse en DEUS!! Ninguén absolutamente ninguén, pode aportar a máis
mínima proba.
Non quereredes ser como os musulmáns…
Non quereredes ser como os musulmáns…
Mecachis en
la mar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario