https://museomandecamelle.com/
Exterior museo
Exposición “Mar de Fábula: unha viaxe de cinco anos”
O Museo Man de Camelle inaugurou o pasado 28 de xullo unha exposición da asociación “Mar de Fábula” denominada “Mar de Fábula: unha viaxe de cinco anos” que estará aberta ata o vindeiro 16 de setembro.
Dita asociación ten como obxectivo fundacional a limpeza e retirada do mar dos residuos sólidos depositados nas beiras das praias para evitar a súa volta ao océano. A súa orixe remonta ao ano 2014 cando as nosas costas víronse sucesivamente asolagadas por enormes volumes de lixo mariño traído polos continuos temporais. Dende aquela, encabezados por Xosé Manuel Barros, comezaron unha incansable labor de limpeza de praias e coídos da Costa da Morte e da área metropolitana da Coruña.
Ademais da labor de limpeza, Mar de Fábula e unha asociación comprometida coa sustentabilidade ambiental que traballa na difusión e concienciación da cidadanía no coidado de medio ambiente e na loita contra o Cambio Climático.
Nesta mostra ven acompañado por varios colectivos e artistas que forman parte da asociación “Mar de Fábula”. Os encabezan dous grupos artísticos como son Retoque Retro, colectivo de artistas que navega entra a escultura, pintura e a produción dunha fauna fantástica realizada a partir de crebas; e Alivava que traballan principalmente “paos de deriva” e pedra aos que insuflan vida a través dunha intensa gama cromática. A mostra tamén conta cunha pequena exhibición de fotografías denominadas “Apocalipse do plástico” realizadas por Rebecca Ramanathan.
Durante o acto inaugural leváronse a cabo o concerto de Jonathan Balbuena (guitarra e voz) e Alfredo Dourado (baixo e voces) que interpretarán temas do novo disco de “O Gato de Cheshire”. E fechou cunha performance a cargo do artista membro da asociación, Pablo López Segura denominada “A anulación do suxeito”. É a primeira tentativa do artista por abordar o problema medioambiental na que representou a asfixia xeralizada producida pola contaminación dos mares.
Non vos perdades a mostra!!!
Enlaces de interés:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-80 (a partir del minuto 2:30)
Ningún comentario:
Publicar un comentario